BARRA DE MENÚ

Amosando publicacións coa etiqueta Deportistas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Deportistas. Amosar todas as publicacións

As "CAINEJAS"

PIONEIRAS NO "URRIELLU" DE PICOS DE EUROPA 

Isabel Pérez e Teofila Gao

Dúas xóvenes leonesas de Caín de Valdeón, en pleno corazón dos Picos de Europa,  María Isabel Pérez Pérez e Teófila Gao Pérez realizaron unha fazaña sen precedentes no montañismo español.

Foron as primeiras mulleres en alcanzar a cima do imponente Picu Urriellu no vran de 1935, un fito que non só desafiou á montaña, senón tamén as normas sociais da época.

A súa xesta débese a que o seu avó Gregorio Pérez Demaría, "El Cainejo", pastor de Caín, xunto a Pedro Pidal foi o primeiro en facer a ascensión ao Picu en 1904 e como coñecía moi ben cada rincón da montaña logrou allanar o camiño para futuras xeracións, nas que se atoparon as súas netas. 

Picu Urriellu
Naquela época poucas mulleres adicábanse á escalada, como Margot Moles, pero as curmás subiron ao Laranxo de Bulnes con poucos días de diferencia. 

Primeiro chegou á cumbre María Isabel, o 31 de xullo de 1935 con 18 anos, pola cara sur, xunto ao seu tío e Alfonso Martínez, o famoso guía cabraliego. 

E unha semana despois, o 6 de agosto, acadou a cima Teófila Gao de só 15 anos, acompañada do seu pai e duns veciños de Bulnes, pero esta vez subiu sen cordas, usando só a súa habilidade e a súa intuición.

Treparon a parede e tamén a destreparon sen rapelar, baixando pola mesma ruta, o que multiplicou a dificultade da proeza, xa que coma din os montañeiros, si difícil é subir, moito mais complicado é baixar.

María Isabel tamén foi a primeira muller en alcanzar a cima de Torre Santa, a outra gran montaña dos Picos de Europa, consolidándose como unha das figuras máis destacadas do alpinismo feminino en España.

Posada de Valdeón
O recoñecemento aos seus méritos foi escaso e o seu legado permaneceu oculto moito tempo debido en parte a falta de visibilidade e que ambas procedían de un entorno rural e humilde. Mesmo en Caín, varias placas conmemorativas lembran ao seu abuelo, pero as heroínas destas proezas, que tiveron que emigrar e faleceron en 1963 (María Isabel) e en 2016 (Teófila), quedaron esquecidas polo paso do tempo.

Este 8 de marzo de 2025, en Posada de Valdeón houbo unha mesa redonda para abordar "A vida en Valdeón con mirada de Muller" e proyectar o tráiler "Las Cainejas: M. Isabel y Teófila. Primeras Mujeres en la cima del Naranjo de Bulnes". 

Máis información en Valderrueda, Montaña, Valdeón, Urriellu, Audio, Homenaxe.



Encarna HERNÁNDEZ

"A NENA DO GANCHO", PIONEIRA DO BALONCESTO ESPAÑOL

Viviu 105 anos! Encarna Hernández está considerada como unha das grandes pioneiras do baloncesto español, primeiro na cancha como xugadora e despois traballando en diferentes clubes. Pioneira entre pioneiras como xogadora, entrenadora, árbitra e directiva de clubes, formando parte da fundación do Club Atlas (1931) e dirixindo a Peña García de L’Hospitalet. 

Durante a súa etapa como xogadora, así como antes e despois desta, Encarna Hernández non deixou de loitar polos dereitos das mulleres, conseguindo ser unha das primeiras mulleres que poido conducir en Barcelona e terminou sendo elexida entrenadora da Sección Feminina de Falanxe.

Cun balón nas máns, intentaba emular a heroínas que admiraba do ámbito social, como "aquelas benditas mulleres Victoria Kent, Clara Campoamor, Federica Montseny...", dicía.

Pola súa defensa do deporte feminino, Encarna Hernández recibiu en 2020 a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo por parte do Consello Superior de Deportes (CSD).

O seu apodo de ‘A nena do gancho’ foi popularizado debido á naturalidade coa que executaba na pista este elegante movemento que, no seu caso, lle acompañou ata o último dos seus días.

Dominaba tamén outros deportes como a patinaxe, ciclismo, o atletismo e a natación, a pesar do seu 1’54 m de estatura. Ademais foi unha das primeiras mulleres de Barcelona que obtivo o carnet de conducir na España franquista.

Pasou por varios equipos: o Atlas Club (onde foi máxima anotadora absoluta por encima dos homes), o Laietano, o Collet, o Moix Llambés e rematou firmando co FC Barcelona, clube co que competiu ata o final da súa traxectoria en 1953, onde xogou con outras grandes xogadoras olvidadas como Merry Morros e Carmen Sugranyes. 

Comezou a xogar con trece anos, en 1929, cos chicos do seu barrio. A maternidade aos 36 anos a retirou da competición, aínda que chegou a ter ofertas para seguir xogando na Liga italiana. Encarna naceu en Lorca, o 23 de xaneiro de 1917 e faleceu en Barcelona o 19 de decembro de 2022.




Máis información en: Wikipedia, MujeresRTVE, Vídeo, Baloncesto, Premio





A HERAIA

OS XOGOS OLÍMPICOS FEMININOS

Nos Xogos Olímpicos masculinos as mulleres non podían competir nin tampouco asistir como espectadoras, mesmo aos homes facíanlles correr espidos para demostrar efectivamente a súa virilidade. Pero Pausanias, viaxeiro, xeógrafo e historiador grego do século ll, contemporáneo dos emperadores romanos Adriano, Antonino Pío e Marco Aurelio, relata no seu texto "Descrición de Grecia", a tradición da HERAIA, os considerados Xogos Olímpicos femininos da Antigua Grecia, que contiñan un carácter de ritual de iniciación prenupcial.

Segundo conta, os xogos Hereos eran concursos deportivos organizados en Argos e en Olimpia, instituidos por Hipodamía como acción de grazas a deusa Hera pola súa boda con Pélope, e estaban reservados ás mulleres.

Peplo
Tamén sinala unha orixe histórica en torno ao 580 a C: o tirano de Pisa, Damofonte, causara moitos males aos habitantes de Élide polo que, á súa morte, para tratar de reparar os danos formouse un grupo de 16 mulleres (a máis vella, nobre e apreciada de cada unha das 16 cidades que había entón en Élide).

Estas mulleres estableceron as Heraeas para resataurar a paz, e cada catro anos tecían un peplo (túnica feminina) para Hera, realizaban danzas corales e instruían ás nenas e as mozas nos rituais de Olimpia.

As chamadas «dezaséis mulleres» os organizaban e consistían en carreiras de mozas, con tres categorías de idade, a pé. Corrían co pelo solto e as participantes, a diferencia dos homes, vestían todas unha túnica chamada quitón, que chegaba ata un pouco máis arriba dos xeonllos e deixaba ao descoberto a zoa do hombreiro dereito ata o peito. 

Os premios consistían en coroas de olivo, granadas (símbolo da fertilidade) e parte dunha vaca que fora previamente sacrificada a Hera.

As veces dedicábanselles estatuas ás vencedoras, co seu nome. Pero existen poucas referencias aos seus nomes. Parece ser que as espartanas vencían habitualmente, posiblemente porque o seu entrenamento as facía moi superiores ao resto.  Así, esta estatua que se atopa no Museo Británico, non se sabe se é de Cloris, a deusa grega dos xardíns, dunha bailarina ou dunha xogadora Heraea.

Se os Xogos de Hera comezaron a celebrarse dende o 580 a C, isto suporía o nacemento da primeira competición atlética feminina da que se ten noticia.

Aínda que se pensa que foran contemporáneos aos xogos olímpicos polas súas moitas similitudes e mesmo non descartan que poidan ser anteriores. Cabe destacar que a chama olímpica descansa no templo de Hera...

Máis información en: Heraia, NG, Wikipedia, Deporte, Xogos Hereos, Heraea, Olímpicas



CINISCA de Esparta

PRIMEIRA GAÑADORA DOS XOGOS OLÍMPICOS

Cynisca ou Kyniska era unha rica princesa espartana. É famosa por ser a primeira muller en gañar nos Xogos Olímpicos, competindo no deporte das carreiras de carros. Cynisca entrou por primeira vez nos Xogos Olímpicos no 396 aC, onde gañou o primeiro premio competindo cun equipo de cabalos que ela mesma adestrara. E novamente no 392 aC.

Naceu arredor do ano 440 aC, era filla do rei Arquídamo II e da raíña Eupoleia, e irmá de Axesilao, que tamén foi rei á morte do seu pai, en Esparta, cidade onde se valoraba a función da muller para parir cidadáns sáns. Foi criada como unha atleta, segundo a usanza espartana, sabía ler e escribir e tiña nocións matemáticas para poder administrar as súas propiedades. Non se sabe nada máis dela ata que se converteu na primeira muller do mundo antigo en participar e gañar nas Olimpíadas…

Entre os diferentes deportes que se practicaban na antiga Grecia, era moi popular a carreira de cuádrigas, carros lixeiros tirados por catro cabalos e conducidos por un home chamado auriga.

As mulleres non tiñan permitido participar como aurigas, pero si como propietarias de cabalos. Nestas probas, o vencedor non era o auriga senón o propietario, polo que unha muller con bos recursos económicos, que fora dona dunha cuadra e cuxos cabalos gañaran a competición podía ver o seu nome inscrito na lista de gañadores. 

A maioría das mulleres do antigo mundo grego mantíñanse ailladas e tiñan prohibido aprender calquer tipo de deporte, a montar a cabalo ou a cazar, mais as mulleres espartanas eran en cambio educadas dende a súa infancia para sobresaír nestas cousas e para desdeñar as tarefas do fogar.

A historia de Cinisca de Esparta coñecese grazas a que como premio, fíxose dela unha estatua de bronce no santuario do Templo de Zeus en Olimpia, cunha inscripción na cal declara que foi a única muller que gañou a coroa de flores nas carreiras de carros dos Xogos Olímpicos.

Reis de Esparta son o meu pai e meu irmán.
Cinisca, vencedora cun carro de veloces corceis,
erixo esta estatua. E me declaro como a única muller
de toda Grecia que gañou esta coroa.

Outras mulleres que tamén venceron nesta proba foron Eurileónide de Esparta, no ano 368 aC, Belistica de Macedonia, en 268 e 264 aC, e as irmás Timareta e Teódota de Élide no 84 aC, entre outras. E a familia real de Exipto, os ptolomeos, tendría varias campeonas na súa descendencia, como Berenice I, Arsínoe, a súa filla, e a súa neta Berenice Sira.

Máis información en: Ciniska, Esparta, Wikipedia, Vídeo, Origins



Annie "LONDONDERRY"

A PRIMEIRA EN DAR A VOLTA AO MUNDO EN BICICLETA

Annie Cohen Kopchovsky (1870-1947), coñecida como Annie Londonderry, foi unha xudía letona inmigrante aos Estados Unidos que en 1894-95 converteuse na primeira muller en dar a volta en bicicleta a todo o mundo. 

A empresa de auga de manantial Londonderry Lithia pagoulle 1000 dólares por levar a súa pancarta na bicicleta, e tamén chegou a un acordo con ela para que adoptase o seu nome. O 20 de outubro de 1895, as súas aventuras foron descritas polo New York World como “a viaxe máis extraordinario xamáis emprendida por unha muller”.

Trala viaxe, Annie Kopchovsky levou a súa familia a Nova Yorke, onde durante moitos meses escribiu grandes artigos para o New York World baixo o nome de "The New Woman" (A nova muller). A súa primeira historia foi un relato sobre a súa aventura sobre a bicicleta. "Son unha periodista e unha Nova muller", escribiu, "se ese termo significa que me creo capaz de facer calquera cousa que poida facer un home". 

Nembargantes, a súa fama non durou moito, Annie tivo un cuarto fillo e morreu no anonimato anos despois, en 1947.

En 2007, un descendente de Annie, un sobrino  bisneto, Peter Zheutlin, recompilou a súa historia e contouna nun libro, Around the World on Two Wheels.

Susan Anthony, líder estadounidense polos dereitos civís opinaba que a bicicleta era o obxecto que máis que ningunha outra cousa contribuira á emancipación da muller: “Proporciónalle sensación de liberdade e seguridade en sí mesma. Cada vez que vexo unha muller sobre unha bicicleta alégrome, porque é a imaxe da liberdade”, afirmaba nunha entrevista realizada en 1896.

Precisamente así é como as mulleres comezaron a chamar ao vehículo de dúas rodas: “a máquina da liberdade”.

Máis información en: 

NationalGeographic, Wikipedia, Web, Mujeres en la Historia, Con alforjas, Bacanas, El reto histórico, Gente

Junko ISTIBASHI

A PRIMEIRA NA CIMA DO EVEREST

O día internacional da muller de 1975, Nepal otorgou o único permiso para ascender ao Everest a unha expedición xaponesa capitaneada por Eiko Hisano y formada por 15 mulleres. Como consecuencia dunha avalancha o grupo e os sherpas quedaron sepultados baixo a neve.

Junko Istibashi, coñecida como Junko Tabei, que formaba parte da expedición, permaneceu 6 minutos atrapada, ata que foi rescatada. Pero o 16 de maio logrou alcanzar a cima do Everest xunto co sherpa Ang Ysering, convertíndose na primeira muller en coronar o teito do mundo.

Graduouse en Literatura Inglesa e fundou o Clube de Montaña para Mulleres Joshi-Tohan, de Xapón.

O 28 de xuño de 1992, alcanzou a cima de Puncak Jaya en Indonesia e converteuse na primeira muller en completar as "Sete Cumbres" (Everest, Aconcagua, Monte Denali, Kilimanjaro, Monte Elbrús, Macizo Vinson e Monte Jaya), as montañas máis altas de cada un dos seis continentes, engadindo ademáis a máis alta de Norteamérica.

O seu eslogan de motivación era: "Non te rindas, segue a túa busca".

O 22 de setembro de 2019, Google celebrou o 80 aniversario do seu nacemento cun Doodle. 

Máis información en: Bacanas,  Desnivel, Doodle, El País, Pioneiras, Wikipedia.


Alice MILLIAT

PIONEIRA DO OLIMPISMO FEMININO

Alice Milliat (Nantes, 1884-Paris, 1957) foi unha pioneira do deporte feminino en Francia e en todo o mundo. Estudou para mestra, foi tradutora de profesión (falaba 7 idiomas), participou no deporte do remo ​e foi nadadora e xogadora de hockey. 

En 1915 foi a primeira presidenta do clube deportivo feminino francés "Fémina Sport"; organizou a primeira carreira campo a través para mulleres e tamén competicións futbolísticas. Ela mesma bateu récords deportivos: primeira muller en percorrer remando 80 kilómetros no Sena en menos de 12 horas. 

Loitou pola igualdade entre mulleres e homes no ámbito deportivo, desafiando ao COI para que as mulleres poideran participar nos Xogos Olímpicos. Enfrentouse a Pierre de Coubertin e en 1922 creou os Xogos Olímpicos Femininos, encontro deportivo que se replicou cada catro anos ata 1934. 

Fundou diferentes organizacións para promocionar o deporte feminino e organizou varios certámenes deportivos exclusivos para mulleres (Federación Francesa de Deportes Femeninos, Federación Internacional Deportiva Feminina, coa que impulsou os Xogos Mundiais Femininos).

A súa presión a favor das atletas obligou a incluir eventos femininos nos Xogos Olímpicos. Así, en 1928 as atletas foron admitidas nos Xogos de Ámsterdam en catro probas atléticas. E ela converteuse na primeira muller nun xurado olímpico, tendo un poder de decisión que deu un xiro á historia olímpica. 

En 2016, en París, creouse a Fundación "Alice Milliat", a primeira fundación europea para impulsar o deporte feminino, que tamén forma parte do programa Erasmus+Sport. 

Máis información en: AmecoPress, Bacanas, Diario.es, Mulleres olímpicas, El País, Wikipedia




Susana RODRÍGUEZ GACIO

TRIATLETA PARALÍMPICA GALEGA

“Ter unha discapacidade desde o nacemento é unha máis das moitas cualidades que teño, e iso converteume nunha persoa que ama os retos; a miña discapacidade non me define, pero é unha parte moi forte do meu carácter”. Así resume a viguesa de 33 anos, Susana Rodríguez Gacio, triatleta paralímpica que aparece ocupando a portada no último número da célebre revista TIME.

Salientar tamén o papel de Susana Rodríguez durante a pandemia da Covid-19, traballando na asistencia telefónica a pacientes, que nos últimos anos foi médica residente, especializada en Medicina Física e Rehabilitación, no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela,

Susana Rodríguez ten albinismo oculocutáneo, que se manifesta tanto na visión como na pel e o cabelo, . Ademais da súa actividade deportiva, está moi implicada na concienciación e divulgación sobre o albinismo, e colabora con entidades como ALBA.

Comenta na súa páxina web: "Con tiempo, disciplina y mucho trabajo, lo que comenzó siendo un juego terminó por convertirse en mi modo de vida. Desde el año 2010 el triatlón es la modalidad que me ha llevado a ser, entre otros logros, tres veces campeona del Mundo, y a cumplir mi sueño de participar en los Juegos Río de Janeiro".

Agora mesmo está concentrada en Lanzarote preparándose para participar nos Xogos Paralímpicos de Tokyo.


Máis informaciòn en:

GCiencia, Nius, Paralimpicos, Susana, Vídeo, Wikipedia, Zen



Judit POLGÁR

A RAÍÑA DO XADREZ

Judit Polgár é unha xadrecista húngara xa retirada, considerada unha das mellores xogadoras de xadrez da historia. 

En 1991 obtivo o título de Gran Maestro Internacional á idade de 15 anos, convertíndose na persoa máis nova en conseguilo, rompendo o récord do famoso campeón estadounidense Bobby Fischer. 

É a única muller que conseguíu figurar entre os dez primeiros xadrecistas da clasificación mundial, lográndoo na listaxe de xaneiro de 1996.

Foi a primeira muller en gañarlle a Kasparov. En 2002 Gary Kasparov, considerado por moitos como o mellor xogador de xadrez da historia, foi vencido por primeira vez por unha muller: Judit Polgár. Comentou: "Ela ten un talento fantástico para o xadrez pero, despois de todo, é unha muller. Ningunha muller pode soster unha batalla prolongada".

Naceu o 23 de xullo de 1976 en Budapest, sendo a menor de tres fillas dun matrimonio húngáro de clase media. Nai e pai, ambos adicados á educación, acordaron poñer en práctica un experimento pedagóxico co obxectivo de demostrar que se pode fabricar un xenio utilizando as técnicas adecuadas.

"Necesítanse entre 20.000 e 30.000 horas de estudo para que unha persoa poida dominar calquera materia de forma extraordinaria", dicía o seu pai.

"Haber servido de inspiración a tantas nenas é unha das miñas maiores satisfaccións",  sentencia Judit Polgár. 

Tamén ideou o método de ensinanza "O patio de xadrez de Judit PolgÁr" para a aprendizaxe do xadrez na primeira infancia, que se imparte dende 2014 no xardín de infantes Brumi de Pest, Hungría. 



Máis información en:        

BBC News, Chess24, Euronews, Historia NG, Kamchatka, Mujeres Bacanas, Outsiders, Wikipedia

Ella MAILLART

A AMIGA DOS SHERPAS


Naceu o 20 de febreiro de 1903 en Xenebra (Suiza) e morreu o 27 de marzo de 1997 aos 94 anos.
Deportista, fotógrafa e escritora. 
Participou  nas regatas como representante de Suiza nos Xogos Olímpicos de 1924, en París; foi a única muller e a máis xoven da competición. 
Como membro do equipo defendeu ao seu país nos 4 primeiros campeonatos de Esquí alpino, deporte que practicou ata os 80 anos.
En 1937 percorreu India, Afganistán e Turquía para escribir unha serie de reportaxes. Realizou varios vídeos e películas das súas viaxes.
De 1940 a 1945 pasou 5 anos na India con mestres espirituais.
Ao seu regreso a Suiza descobre o pobo de Chandolín situado a 2.000 m de altitude que se converteu no seu anclaxe da súa vida de nómada.
Dende 1956 ata 1987 dedicouse, como guía cultural, a acompañar a pequenos grupos de viaxeiros nas súas viaxes por Asia.

Entre a súa bibliografía salientar "La tierra de los sherpas", "Sur les routes de l'Orient" e "El camino cruel".

Ampliar información en:
Súa páxina web: Ella Maillart
Wikipedia: Alpinismo
Revista: Viajar
E nos libros sobre ela, como "Nomade sur la voie d'Ella Maillart", "Explorateurs en Asie Central".

DEPORTISTAS

MULLERES DEPORTISTAS

As deportistas máis destacadas en todas as súas especialidades, tanto olímpicas ou paraolímpicas como noutro tipo de deportes.

  • Atletismo
  • Baloncesto
  • Ciclismo
  • Equitación 
  • Fútbol
  • Natación
  • Tenis
  • ...

Coñecendo as nosas deportistas

En Mulleres en Galicia, no apartado de Programs e recursos da Consellería de emprego e Igualdade da Xunta de Galicia está  "Coñecendo as nosas deportistas", onde se visibilizan estas galegas:


- Teresa Portela
- Susana Rodríguez
- Tamara Echegoyen
- Desirée Vila
- Verónica Boquete
- María Bernabeu
- Nuria Bouza



Calendario STEG 2018 - Deportistas



Dossier STEG 2018 - Deportistas