LINGUAXE NON SEXISTA
"O que non se nomea non existe".
Polo que para visibilizar ás mulleres tamén hai que saber como nomealas.
Recursos: para un bo uso da linguaxe inclusiva e non sexista.
- No Portal de Igualdade da Consellería de Educación da Xunta de Galicia temos varios recursos sobre o uso da linguaxe inclusiva.
- En Mulleres en Galicia, no portal de Igualdade da Xunta de Galiza, pódese ler un artigo moi exhaustivo sobre a linguaxe non sexista.
- Para facilitar o uso de unha linguaxe inclusiva e non sexista podemos empregar algunhas destas guías e manuais:
> EXERIA é unha aplicación que facilita a revisión lingüística de textos e ofrece alternativas para un uso non sexista da linguaxe.
Tamén a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo nos dirixe a unhas Orientacións para o uso da linguaxe inclusiva en canto ao xénero en español, das Nacións Unidas, como se pode ver nesta ligazóns: Nacións Unidas.
Quen queira practicar utilizando unha linguaxe non sexista pode realizar estes exercizos propostos polas Nacións Unidas: Actividade
> Guía de Linguaxe Inclusiva da Deputación de Pontevedra
> Guía Práctica de Linguaxe Inclusiva da Deputación de Ourense
> Blog adicado á linguaxe non sexista: Lo que non se nomea non existe:
> Recomendacións: da Confederación Intersindical Galega para o uso da linguaxe inclusiva
Pódese ver e descargar nestas ligazóns: Recomendacións e CIG, respectivamente.
- A nivel estatal no Instituto de las mujeres pertencente ao Ministerio de Igualdad no apartado de Formación dos Servicios e Recursos atópase unha selección de ata 120 guías para o uso dunha linguaaxe non sexista que se pode descargar nesta ligazón Guías de lenguaje no sexista
A clasificación das guías segue estas temáticas: academia, administración, comunicación e publicidade, deportes e cultura, discapacidade, educación, emprego e relacións laborais, sensibilización xeral e recursos web, xurídico, saúde, sociedade civil ou ciencia, tecnoloxía e medioambiente.
Asemade pódese escoitar a súa charla do 26 outubro de 2020 de comunicación non sexista en l'Hort de Sendra dentro do "Tardor feminista" organizado pola Casa da Dona de Valencia, nesta ligazón: Tardor
- En Argentina ven de publicarse "Lenguaje inclusivo y ESI en las aulas" (Paidós Educación) que é unha aposta teórico-práctica de Valeria Sardi e Crolina Tosi-licenciadas en Letras- para abordar un debate actual. A que se lle chama "linguaxe inclusiva"?¿Que relacións existen entre o seu uso e a Educación Sexual Integral (ESI)?
Neste libro, as autoras abordan a axenda actual cun percorrido por diferentes ámbitos: analizan o tratamento da linguaxe inclusiva nos medios, na normativa educativa e na Real Academia Española, e recuperan a promulgación da ESI para pensar que lingua “debe” ensinarse nas aulas.
- En Chile, "La tercera" publica a entrevista "El uso de X, @ o ‘e’, como una manera de incluir a todos los géneros: Por qué es importante respetar el lenguaje inclusivo" feita á escritora, feminista e docente experta en Lingüística Viviana Alfaro que explica por que é unha reivindicación importante o uso dunha linguaxe non sexista e da algunhas luces para entender esta revolución da linguaxe.
"Criticar el uso estándar del español es criticar la misoginia en el lenguaje, es decir, también es un acto profundamente feminista y, por lo tanto, una búsqueda de justicia". O artigo pódese ler nesta ligazón.
- AX(e)ITAR A LINGUA
Orientacións para unha comunicación inclusiva no ensino
Editado pola ASPg e a Ciga, este novo manual, elaborado por Montse Pena Presa e María Caamaño Rojo, profesoras de Didáctica da Lingua e da Literatura na Facultade de Ciencias da Educación da USC, é unha ferramenta para repensar e reaprender sobre o idioma e unha reflexión sobre as múltiples posibilidades que ofrece a lingua dende unha perspectiva de xénero.