BARRA DE MENÚ

Amosando publicacións coa etiqueta Idade media. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Idade media. Amosar todas as publicacións

Florencia PINAR

POETISA CASTELÁ DO SÉCULO XV 

Florencia Pinar foi dama da corte de Isabel I de Castilla. Foi a primeira muller en participar nas xustas poéticas.​ É unha das poucas poetisas cuxas obras foron incluidas na recompilación poética do siglo xv coñecida como Cancionero General, unha antoloxía lírica de poesía en castelá. 

Florencia Pinar compuxo os seus poemas no dialecto castelá característico das clases altas educadas da súa época, a que parece que ela pertencía porque recibe o título de dama ou señora no Cancionero, e asúmese que recibiu unha educación esmerada.

Seis cancións lle son atribuidas, nas que destaca pola súa habilidad coa linguaxe figurada e co conceptismo, amosando a dobre natureza do amor, que é causa de pracer e de dor, ao mesmo tempo. Sendo tamén evidente o seu uso característico de alusións sexuais indirectas. 

Foi a voz da sexualidade feminina na Idade Media e se transformou de obxecto amado a suxeito activo cando narraba as suas vivencias amorosas e sexuais. A través dos séculos, os académicos se preguntaron se este amor sobre o que escribía era de natureza platónica ou sexual.

Florencia do Pinar é unha das primeiras poetas das que hai constancia xunto a precursoras como Leonor López de Córdoba, dama da corte de Catalina de Lancaster ou a relixiosa Teresa de Cartagena. Pero, ela non foi a dama dunha raíña consorte, senón da raíña que gobernou a coroa de Castela, Isabel a Católica.

Podría haber vivido entre 1470 e 1530.


Máis información en Wikipedia, Bamba, Audio, BNE, CVC, Poemas



Murasaki SHIKIBU

A PRIMEIRA NOVELISTA

Murasaki Shikibu (978 - 1014 ou 1025) foi unha escritora, poeta e cortesana xaponesa coñecida por ser a autora de Genji Monogatari (A novela de Genji), primeira novela xaponesa e primeira novela moderna do mundo.

Pertencía a unha familia de funcionarios letrados da mediana nobreza, aínda que estaba emparentada coa poderosa familia Fujiwara. Cicáis foi neta do gran poeta Fujiwara no Kanesuke.

Naceu no período Heian, no que as mulleres estaban excluidas da aprendizaxe do chino, que era a linguaxe escrita do goberno, pero Murasaki recibiu unha excelente educación destacando pola súa intelixencia dende pequena.  

Ademáis dos clásicos chinos, coñecía textos budistas como o Hokekyō (Sutra do Loto), antoloxías de poemas como o Kokin wakashū (“Colección de poemas de Antaño e Hogaño”) e libros de historia como e Nihon Shoki. 

Súa nai e a súa irmá morreron pronto e casou xoven, pero enviuvou axiña e quedou soa coa súa filla Kenshi. Nese contexto levou a cabo un retiro espiritual no templo do lago Biwa, onde escribiu a súa novela relatando as andainas de Gemji de forma realista. 

O manuscrito orixinal non se conserva, estaba formado por 54 kakimono (rolos), cada un correspondente a un capítulo. Pensouse que Murasaki só escribiu os 33 primeiros capítulos, e que o resto eran obra da súa filla, tamén poeta, coñecida como Daini no Sanmi, pero non é así.

Asemade levaba un diario da súa vida, Murasaki Shikibu nikki.

O seu éxito fixo que o rexente a levara á corte da Emperatriz como dama de compañía ata o ano 1013, falecendo un ano despois.

A súa tumba se conserva na antiga capital Kioto, escenario das historias dos seus personaxes.

O seu verdadero nome ers Fujiwara no Takako, pero chamánballa Shibiku polo lugar onde trabalhava o seu pai, e Murasaki pola cor violeta coa que sempre se vestía e porque era a súa cor favorita. 

Máis información en Wikipedia, NG, Nippon, Gemjy




María CASTAÑA

A "REVOLTOSA" GALEGA DE ANTANO

María Castaña, Maricastaña ou María Castiñeira foi unha heroína galega nacida en Cereixa, en Monforte de Lemos, no século XIV, que encabezou unha revolta na cidade de Lugo contra o poder eclesiástico en 1386.

En realidade moi pouco se sabe de María Castaña, case soamente o que se recolle nun documento do Arquivo Episcopal de Lugo citado na España sacra, do Pai Manuel Risco e no Episcopoloxio Lucense, de Amador López Valcárcel.

Cando morrera o bispo de Lugo, Odoario, o rei Fernando II de León ratificou o seu testamento no que se dicía que o señorío da cidade de Lugo pasaría a máns da catedral, provocando a pugna entre as autoridades civís e eclesiásticas.

María Castaña púxose ao fronte do pobo en contra do novo bispo, Pedro López de Aguiar, que, apoiado polo rei Xoan I de Castela, que obrigaba os lucenses a facer fronte a elevados impostos. A consecuencia da revolta o mordomo do eclesiástico, Francisco Fernández, morreu culpándoa a ela e aos seus dous fillos, Gonzalo e Afonso Cego da súa morte. 

Tamén obrigáronlles a donar os seus bens que incluían as posesións do Couto de Cereixa, no actual concello de Brollón, en Terra de Lemos, e mil maravedíes á Igrexa, é decir á Catedral.

Adicionalmente tiveron que prometer que non volverían actuar contra a institución relixiosa.

A partir de ahí, popularmente se di a frase "... en tempos de Maricastaña", pero xa sucedía na época de Cervantes cando era unha referencia temporal equivalente a "os tempos de Matusalén", como así o dicía o licenciado de “O casamento engañoso”.


Máis información en Patrimonio, Recreación, Maricastaña, Vídeo, Galipedia, Avelaíña Teatro

ENDE

A PRIMEIRA ILUMINADORA ESPAÑOLA

Ende (o En) foi unha iluminadora de manuscritos no Reino de León, activa a finais do século X. 

É a primeira artista na península ibérica e unha das primeiras en Europa da que se ten rexistro. Podería dicirse que Ende foi a primeira pintora da historia de España.

Parece ser que era oriunda de León ou dos arredores, como proban as referencias á arte mozárabe e mesmo islámico de moitas das súas miniaturas, anticipándose ao románico.

Posiblemente fora monxa, quizais no monasterio de San Salvador de Tábara, en Zamora, onde traballaría no Scriptorium, ou ben sería unha muller da nobreza que vivira no convento sen profesar.

No monasterio de Tábara as súas tarefas principais serían as de preservar a cultura, copiando, traducindo, estudando grego, latín, composición musical ou creando maravillosos códices ilustrados e copias de beatos, como o de Xirona, no que se atopan algunhas das súas ilustracións.

A cada un dos distintos códices manuscritos que copian o Comentario ao Apocalipsis de San Xoan realizado polo Beato de Liébana, abade do monasterio de Santo Toribio, no val de Liébana en Cantabria, no ano 776, denomínase Beato.

A obra cumbre de Ende foi a ilustración do manuscrito do Beato de Xirona chamado así porque se conserva na Catedral de Santa María de Xirona, onde foi doado no ano 1078. 

O nome de Ende, xunto co de outro iluminador, figura no colofón deste manuscrito, en latín: ende pintrix et d(e)i aiutrix fr(a)ter emeterius et pr(e)s(bite)r (Ende, pintora e axudante de Deus; Emeterio, irmán e sacerdote).

Este Beato é único pola enorme cantidade de material ilustrativo que se lle engade respecto a outros Beatos anteriores.

Consta de 284 folios e de 586 páxinas escritas en letra visigótica.

Ten tamén 114 ilustracións, cando  a media de ilustracións do resto dos beatos está entre 80 e 90. As imaxes son moi ricas en policromía e abundan o ouro e a prata.  

Polo seu colofón sábese que completouse o 6 de xullo de 975.

Ende tamén é coñecida como cartógrafa; os seus mapas representan os espazos dunha forma gráfica, así o Mapamundi que aparece no devandito Beato de Xirona.






Trótula de RUGGIERO

A PRIMEIRA XINECÓLOGA

Trótula di Ruggiero (Italia, S XII), coñecida posteriormente como Trótula de Salerno, foi unha importante médica da Idade Media e profesora na Escola de Salerno, un dos poucos lugares nos que se permitía que houbese profesoras e alumnas. 

Foi a máis famosa das "Mulieres Salernitanae", é dicir as Damas da Facultade de Medicina de Salerno.

O seu home e os seus dous fillos, Matthaeus Platearius e Giovanni Plateario il Giovane, tamén foron profesores na Escola Médica Salernitana, na que prevalecía o coñecemento por encima de todo e usabase a lóxica da prevención de enfermidades.

Mentras que o home que experimentaba e trataba doencias usando herbas medicinais era un alquimista e a muller que o facía era unha bruxa, na época na que a ciencia era cousa de homes, Trotula de Salerno convertese nunha médica capaz de tratar enfermidades como o cancro, doenzas oculares ou problemas na pel. 

Pero as súas ideas máis revolucionarias para o seu tempo estiveron relacionadas coa área da xinecoloxía e a obstetricia, destacando con ideas transgresoras sobre o control da natalidade, os problemas de fertilidade ou os métodos para reducir a dor no parto. 

Por todo iso, hoxe en día considerase que foi a primeira persoa no mundo en especializarse en Xinecoloxía e Obstetricia.

As ensinanzas de Trótula eran revolucionarias, por exemplo, consideraba que os problemas de infertilidade podían ter a súa causa tanto no home como na muller. Ademais, concedía moita importancia á prevención das enfermidades, á boa alimentación e ao exercicio físico.

No século XII, chamábase Trotula a un grupo de tres textos italianos compostos na cidade portuaria de Salerno, sobre medicina feminina, o Liber de sinthomatibus mulierum, o De curis mulierum e o De ornato mulierum, As condicións da muller, Os tratamentos para a muller e A cosmética feminina, respectivamente.

Parece ser que a autoría de Curis mulierum corresponde a Trota, no que expuxo temas tan perigosos para o seu tempo como intentar eliminar a creenza de que todos os males da muller lle viñan da menstruación, e defendeu o uso de herbas para mitigar as dores do parto, algo totalmente prohibido daquela.

Esta obra converteuse nun texto imprescindible nas universidades europeas ata o século XVI, consta de 60 capítulos nos que fala do embarazo, o parto, o puerperio, a fertilidade e outros temas relacionados coa muller.

En Ornatu Mulierum se defende a hixiene como necesaria para a prevención de infeccións e enfermidades nas mulleres, algo totalmente novidoso na Idade Media.

Trotula tamén escribiu o texto Practicam secundum Trotam. Dicía que a libido non é só masculina senón de ambos sexos. Advirte ás solteiras, monxas ou viuvas dos inconvenientes dunha prolongada abstinencia sexual.

Tralo nacemento preocupase polo benestar físico e psíquico do recén nado e recomenda o contacto físico frecuente, calor e masaxes en todas as partes do seu corpo e proporcionarlle auga quente e mel no paladar. Tamén fala de estimular os seus sentidos con cores e sons armoniosos.

The Dinner Party
Trotula morreu na súa cidade natal, posiblemente no ano 1160, a unha idade avanzada, algo moi pouco frecuente para a época. Quizáis grazas a gran cantidade de coñecemento acumulado sobre o mantemento dunha boa saúde.

Trota de Salerno forma parte da instalación da artista feminista Judy Chicago, The Dinner Party, na que o seu cuberto combina referencias ao seu papel de médica no parto e os coidados.

A súa  fama foi tan grande que ao seu enterro asistir un cortexo fúnebre de tres kilómetros de longo, e mesmo o escritor inglés Geoffrey Chaucer mencionaa nos seus míticos Contos de Canterbury.

No ano 2016, Mercedes Arriaga López, catedrática en Filoloxía Italiana pola Universidade de Sevilla, foi codirectora dunha tese doutoral sobre Trotula de Ruggiero e as mulleres da Escola de Salerno.

Christine de PIZAN

Pioneira da igualdade

Ensinando ao seu fillo
Christine de Pizan, naceu en 1364, en Venecia, e faleceu no Mosteiro de Poissy, en 1430. 
Poetisa, filósofa, escritora, copista, tradutora, ... nun mundo de homes.
Escribiu a biografía do rei Carlos V de Francia. Casou e quedou viuva aos 25 anos e con tres crianzas, a nai e unha sobriña ao seu cargo, polo que decidiu adicarse a ser escritora profesional, obtindo gran popularidade.
Entrega o libro á Delfina

Dedicou o Libro das tres virtudes (Le Livre des trois vertus) (1407), á delfina Margarita de Borgoña, no que lle aconsellaba "o que debía aprender e como debía comportarse". E parece ser que esta encargoulle un poema, antes de falecer, sobre Jeanne d'Arc, "a doncela de Orléans".
Os seus poemas están extraídos diretamente da súa experiencia persoal como Seulette suy et seulette vueil estr ("Solita esto y solita quiero estar").

A partir de 1399 comezou a escribir sobre os dereitos das mulleres e fundou «La Querelle de la Rose», unha agrupación feminina para discutir o acceso das mulleres ao coñecemento. Participaron mulleres de diferentes clases sociais, entre elas pensadoras, intelectuais e gobernantas, que rexeitaron as teorías que situaban por cuestións biolóxicas á muller por debaixo do home. Esta agrupación permaneceu ata o século XVII.

E fundamentalmente foi precursora do femi
"A cidade das Damas"
nismo e da igualdade entre mulleres e homes pola súa obra "
La cité des Dames", escrita en 1405. Christine reuníu ás mulleres da historia e da mitoloxía nunha cidade para demostrar que a opresión do home era a única verdadeira causa da inferioridade feminina.
Pódese descargar o libro aquí.