BARRA DE MENÚ

MULLERES DE PONTEVEDRA

A MEMORIA DAS MULLERES

O Concello de Pontevedra inicia en decembro de 2013 o proxecto A memoria das mulleres, coa finalidade de construír, de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental, gráfico e audiovisual da historia das mulleres en Pontevedra.

Tamén ten como obxectivo promover a participación dos centros educativos no estudo e divulgación sobre as mulleres na historia de Pontevedra.

Tendo en conta a exclusión das mulleres do relato histórico e da memoria oficial, xorde a necesidade de corrixir esta discriminación mediante o estudo das fontes orais e escritas, así como mediante a construción dun novo relato que lle dese protagonismo e visibilidade ao papel das mulleres na historia do concello e de Galiza. 

Nace así "Do gris ao violeta", o libro e a web sobre este proxecto.

Céntrase en tres temas:

  • Mulleres traballadoras: Espazo dedicado ás traballadoras, aos oficios e saberes, á vitalidade e aos esforzos, ás loitas por defenderen o seu.
  • Creadoras e pioneiras: Mulleres que destacaron na música, na declamación, na literatura e nas artes plásticas.
  • Represaliadas e resistentes: Biografías de pontevedresas que viron as súas vidas truncadas polo fascismo e, a pesar do terror imposto, foron solidarias e mantiveron o legado da memoria.
Salientar dentro das súas actividades os distintos roteiros urbanos centrados na historia e na memoria das mulleres. Até o momento creáronse:

- Roteiro sobre as mulleres represaliadas de Pontevedra.

- Roteiro Mulleres en San Amaro. Percorrido feminino polo cemiterio municipal.

- Roteiro Pontevedra en feminino.

- Roteiro da Moureira. O río, o mar e as mulleres.

Como novidade e coa teima de chegar á mocidade, tres coñecidas tiktokers galegas, Laura Franco, Leti da Taberna e María Rúa, publicarán un total de 8 vídeos ata final do ano 2021, ofrecendo a súa particular visión sobre a loita antifascista de diversas mulleres pontevedresas



Ángeles ALVARIÑO

Bióloga mariña e oceanógrafa galega

Ángeles Alvariño González foi a primeira muller a bordo dun barco británico de investigación en calidade de científica. Participou en varias expedicións e cruceiros científicos no Atlántico e Pacífico, a bordo de buques oceanográficos de Inglaterra, Estados Unidos, España e México.

Nos seus últimos anos de vida, da súa época como científica emérita, realizou un esforzo especial para reivindicar o pasado científico de España publicando a súa obra máis destacada "España y la primera expedición científica oceánica (1789-94)". Unha obra patrocinada pola Xunta de Galicia na que estudaba a expedición Malespina, sinalando a súa prioridade histórica, fronte á de James Cook, no terreo das expedicións científicas mariñas. Foi a súa maneira de combater a propaganda dada a Cook como a primeira expedición científica.

En diferentes momentos da súa actividade profesional sentiuse discriminada laboralmente por razóns de xénero (Fraga Vázquez, 2018).

Naceu en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e faleceu en La Jolla, San Diego (California-EEUU) en 2005, o 29 de maio. Estudou Ciencias naturais, aínda que quería ser médica, en Madrid onde viviu na Residencia de Señoritas dirixida por María de Maeztu.

O Instituto Español de Oceanografía bautizou co seu nome o último e máis moderno buque de investigación do Instituto Español de Oceanografía, botado en 2012.

Os seus colegas puxeron o seu nome a dous novos exemplares planctónicos, o quetognato Aidanosagitta alvarinoae (Pathansali, 1974) e a hidromedusa Lizzia alvarinoae (Segura, 1980).

Forma parte das científicas da Tabla Periódica elaborada en 2019.

Libro


Máis información en:

Judit POLGÁR

A RAÍÑA DO XADREZ

Judit Polgár é unha xadrecista húngara xa retirada, considerada unha das mellores xogadoras de xadrez da historia. 

En 1991 obtivo o título de Gran Maestro Internacional á idade de 15 anos, convertíndose na persoa máis nova en conseguilo, rompendo o récord do famoso campeón estadounidense Bobby Fischer. 

É a única muller que conseguíu figurar entre os dez primeiros xadrecistas da clasificación mundial, lográndoo na listaxe de xaneiro de 1996.

Foi a primeira muller en gañarlle a Kasparov. En 2002 Gary Kasparov, considerado por moitos como o mellor xogador de xadrez da historia, foi vencido por primeira vez por unha muller: Judit Polgár. Comentou: "Ela ten un talento fantástico para o xadrez pero, despois de todo, é unha muller. Ningunha muller pode soster unha batalla prolongada".

Naceu o 23 de xullo de 1976 en Budapest, sendo a menor de tres fillas dun matrimonio húngáro de clase media. Nai e pai, ambos adicados á educación, acordaron poñer en práctica un experimento pedagóxico co obxectivo de demostrar que se pode fabricar un xenio utilizando as técnicas adecuadas.

"Necesítanse entre 20.000 e 30.000 horas de estudo para que unha persoa poida dominar calquera materia de forma extraordinaria", dicía o seu pai.

"Haber servido de inspiración a tantas nenas é unha das miñas maiores satisfaccións",  sentencia Judit Polgár. 

Tamén ideou o método de ensinanza "O patio de xadrez de Judit PolgÁr" para a aprendizaxe do xadrez na primeira infancia, que se imparte dende 2014 no xardín de infantes Brumi de Pest, Hungría. 



Máis información en:        

BBC NewsChess24EuronewsHistoria NGKamchatka, Mujeres Bacanas, OutsidersWikipedia

Christine de PIZAN

Pioneira da igualdade

Ensinando ao seu fillo
Christine de Pizan, naceu en 1364, en Venecia, e faleceu no Mosteiro de Poissy, en 1430. 
Poetisa, filósofa, escritora, copista, tradutora, ... nun mundo de homes.
Escribiu a biografía do rei Carlos V de Francia. Casou e quedou viuva aos 25 anos e con tres crianzas, a nai e unha sobriña ao seu cargo, polo que decidiu adicarse a ser escritora profesional, obtindo gran popularidade.
Entrega o libro á Delfina

Dedicou o Libro das tres virtudes (Le Livre des trois vertus) (1407), á delfina Margarita de Borgoña, no que lle aconsellaba "o que debía aprender e como debía comportarse". E parece ser que esta encargoulle un poema, antes de falecer, sobre Jeanne d'Arc, "a doncela de Orléans".
Os seus poemas están extraídos diretamente da súa experiencia persoal como Seulette suy et seulette vueil estr ("Solita esto y solita quiero estar").

A partir de 1399 comezou a escribir sobre os dereitos das mulleres e fundou «La Querelle de la Rose», unha agrupación feminina para discutir o acceso das mulleres ao coñecemento. Participaron mulleres de diferentes clases sociais, entre elas pensadoras, intelectuais e gobernantas, que rexeitaron as teorías que situaban por cuestións biolóxicas á muller por debaixo do home. Esta agrupación permaneceu ata o século XVII.

E fundamentalmente foi precursora do femi
"A cidade das Damas"
nismo e da igualdade entre mulleres e homes pola súa obra "
La cité des Dames", escrita en 1405. Christine reuníu ás mulleres da historia e da mitoloxía nunha cidade para demostrar que a opresión do home era a única verdadeira causa da inferioridade feminina.
Pódese descargar o libro aquí.