BARRA DE MENÚ

Amosando publicacións coa etiqueta Activistas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Activistas. Amosar todas as publicacións

María CASTAÑA

A "REVOLTOSA" GALEGA DE ANTANO

María Castaña, Maricastaña ou María Castiñeira foi unha heroína galega nacida en Cereixa, en Monforte de Lemos, no século XIV, que encabezou unha revolta na cidade de Lugo contra o poder eclesiástico en 1386.

En realidade moi pouco se sabe de María Castaña, case soamente o que se recolle nun documento do Arquivo Episcopal de Lugo citado na España sacra, do Pai Manuel Risco e no Episcopoloxio Lucense, de Amador López Valcárcel.

Cando morrera o bispo de Lugo, Odoario, o rei Fernando II de León ratificou o seu testamento no que se dicía que o señorío da cidade de Lugo pasaría a máns da catedral, provocando a pugna entre as autoridades civís e eclesiásticas.

María Castaña púxose ao fronte do pobo en contra do novo bispo, Pedro López de Aguiar, que, apoiado polo rei Xoan I de Castela, que obrigaba os lucenses a facer fronte a elevados impostos. A consecuencia da revolta o mordomo do eclesiástico, Francisco Fernández, morreu culpándoa a ela e aos seus dous fillos, Gonzalo e Afonso Cego da súa morte. 

Tamén obrigáronlles a donar os seus bens que incluían as posesións do Couto de Cereixa, no actual concello de Brollón, en Terra de Lemos, e mil maravedíes á Igrexa, é decir á Catedral.

Adicionalmente tiveron que prometer que non volverían actuar contra a institución relixiosa.

A partir de ahí, popularmente se di a frase "... en tempos de Maricastaña", pero xa sucedía na época de Cervantes cando era unha referencia temporal equivalente a "os tempos de Matusalén", como así o dicía o licenciado de “O casamento engañoso”.


Máis información en Patrimonio, Recreación, Maricastaña, Vídeo, Galipedia, Avelaíña Teatro

Trinidad ARROYO VILLAVERDE

PIONEIRA DA OFTALMOLOXÍA EN ESPAÑA

Trinidad Arroyo foi unha das primeiras mulleres en exercer a medicina e ser recoñecida pola súa talla profesional. Consciente da súa influencia sobre as mulleres máis novas, apoiou numerosas iniciativas para o desenvolvemento da súa educación.

Naceu o 26 de maio en 1872 en Palencia. Despois matricularase na Facultade de Medicina de Valladolid en 1888, a pesar de que o Rector ignorase a Disposición Real que permitía ás mulleres realizar estudios universitarios, precisamente, desde ese mismo ano, rematando a carreira en 1895. 

Tras superar o exame do Grao de Licenciatura, trasladou o seu expediente a Madrid e comezou o doutorado e a especialización como oftalmóloga. En 1896, defendeu a súa tese sobre os músculos intrínsecos dos ollos e os efectos de certas drogas sobre estes, que foi a terceira e derradeira tese de autoría feminina lida en España durante o século XIX.

Co seu irmá consultaba en Valladolid e arredores, logo en Madrid abriu unha consulta privada co seu home, entre 1911 e 1936, ao tempo que compartía a súa actividade docente universitaria e o seu labor asistencial. Traballou no Real Hospital do Bon Suceso e no Consultorio de Nenos de Peito e Gota de Leite de Madrid.

Foi profesora auxiliar na Facultade de Medicina e, de feito, a primeira muller membro do seu claustro, grazas ao cal se lle permitíu votar, sendo posiblemente a primeira muller en votar nunhas eleccións ao Senado español. Emitíu o seu voto en 1916, dezasete anos antes de que se conseguira o sufraxio femenino en España.

Asemade foi socia fundadora do Lyceum Club Feminino, vicepresidenta do Comité Feminino de Hixiene Popular en Madrid, presidenta Honoraria da Asociación Española de Mulleres Médicas e colaboradora da revista Medicina Social Española (1916-1920) na súa sección «Notas feministas. De muller a Muller». Formou parte da comisión seleccionadora que creou a Junta para Ampliación de Estudos para o intercambio de alumnado feminino coas universidades de Estados Unidos.

Políticamente, foi vicepresidenta do Comité Nacional de Mulleres Antifascistas,​ e traballou para fortalecer os lazos entre a Unión Soviética e España a través da creación dun programa de intercambio social, viaxando alí co seu esposo en 1937.

Nos primeiros días da guerra civil española, axudou no tratamento dos feridos. Pero por todo iso, tivo que exiliarse a México onde continuou exercendo a medicina. Alí pertenceu á Asociación de Mujeres Españolas e colaborou na súa revista.

No IES Jorge Manrique

En 1939, por orden ministerial, iníciase contra Trinidad Arroyo (ao igual que contra numerosos e numerosas intelectuais, artistas, mestras/os … do país) un proceso de depuración.

Só regresou a España unha vez, en 1955, para crear unha serie de becas de bacharelato no Instituto de Segunda Enseñanza Jorge Manrique de Palencia e outra en Valladolid, para un alumno o alumna da súa Facultade de Medicina que carecese de recursos económicos. 

Faleceu en México DF o 28 de setembro de 1959.

Máis información en wikipedia, MujeresconCiencia, RAH, UCM, IES, PARES, Tremedica, Oftalmoloxía

FEMINISTAS RADICAIS

FEMINISMO RADICAL

Este feminismo proponse buscar a raíz da dominación. Polo tanto oponse radicalmente ao patriarcado como causa da organización política e social existente. Non propón unha reforma do patriarcado senón a eliminación ou a súa supresión total.

Diferénzase do feminismo liberal porque este só pide a integración das mulleres no mundo do traballo asalariado e da cultura e de todos os ámbitos da vida pública tal cal os coñecemos, coas súas mesmas regras. Para as feministas radicais, polo contrario, mellorar a condición das mulleres implica moito máis que a incorporación feminina ao espazo público.

A modo de síntese, as feministas radicais teñen como obxectivos de loita: 
  • retomar o control sexual e reprodutivo das mulleres 
  • aumentar o seu poder económico, social e cultural
  • destruír as xerarquías e a supremacía da ciencia
  • crear organizacións non xerárquicas, solidarias e horizontais (Gamba, 2008).

Pronúncianse polo feminismo da diferenza, que propón unha revalorización do feminino, formulando unha oposición radical á cultura patriarcal e a todas as formas de poder, rexeitan a organización, a racionalidade e o discurso masculino (Jaggar, 1983).

O feminismo radical orixinouse nos movementos contestatarios dos Estados Unidos de América nos anos sesenta do século XX. A diferenza das súas compañeiras feministas, as radicais apartáronse para fundar o Movemento de Liberación da Muller, sostendo que a opresión das mulleres é a opresión primaria, transversal a todas as opresións que derivan do patriarcado.

Este feminismo non é reformista porque o patriarcado non se pode reformar senón só abolir. A súa abolición é o que busca o feminismo radical e con iso, toda forma de discriminación contra as mulleres como a violación, a prostitución ou a pornografía.

Entre outras formas, o cambio no feminismo radical debe facerse a través de estratexias de co-educación que cuestione os roles e normas sexistas.

Desde FeminismoINC, co convencemento  da pertinencia e necesidade de radicalizar (ir á raíz), esta loita, durante todo o 2023,  consistiu na publicación da vida e da obra de 12 feministas emblemáticas desta corrente, cuxo legado e propostas seguen vixentes nos nosos días. Elas son: 

  1. Andrea Dworkin (EEUU) 
  2. Gerda Lerner (Austria) 
  3. Kate Millet (EEUU) 
  4. Marcela Lagarde (México) 
  5. Amelia Valcárcel (España) 
  6. Gioconda Espina (Venezuela) 
  7. Chimamanda Ngozi Adichie (Nigeria) 
  8. Shulamith Firestone (Canadá) 
  9. Celia Amorós (España) 
  10. Sheila Jeffreys (Reino Unido) 
  11. Rita Segato (Argentina) 
  12. Germaine Greer (Australia)

Andrea Dworkin (EEUU) (1946-2005): escritora e activista feminista. Abolicionista da prostitución e a pornografía. Sinalou en varias oportunidades o vencellado que están a pobreza e a violencia cara ás mulleres. "Odiase ao feminismo porque se odia ás mulleres". 

Gerda Lerner (Austria) (1920-2013): Historiadora e profesora universitaria. Investigadora da historia das mulleres e da orixe do patriarcado. "A ignorancia da súa propia historia de loita e logros foi unha das principais formas de manter ás mulleres subordinadas".

Kate Millet (EEUU) (1934-2017): Escritora, artista e activista social. Unha das maiores impulsoras do feminismo radical. "Tal vez non se trate de que o amor en si sexa malo, senón da maneira en que se empregou para engatusar á muller e facela dependente, en todos os sentidos".

Marcela Lagarde (México) (1948-...): Antropóloga, investigadora, política e activista. Foi quen acuñou en español o término "Feminicidio" desde 2006."O que caracteriza ao feminicidio é a impunidade social e do Estado".

Amelia Valcárcel (España) (1950-...): Filósofa, xurista, investigadora, autora, catedrática e membro do Consejo del Estado español desde 2006. Investigou o rol do feminismo na filosofía política e a ética. "O feminismo é humanismo e liberdade".

Gioconda Espina (Venezuela) (1948-...): Psicoanalista, docente, investigadora e activista. "Ningunha conquista duradera das mulleres pola igualdade de dereitos fíxose nunca sen a unidade das que pensan distinto".

Chimamanda Ngozi Adichie (Nigeria) (1977-...): Escritora, profesora y activista feminista.  “Cociñar, e as tarefas domésticas en xeral, son habilidades que idealmente deberían ter tanto homes como mulleres”. “Necesitamos traballar cos homes, ensiñarlles. A masculinidade é unha cousa terrible.”

Shulamith Firestone (Canadá) (1945-2012): Escritora e activista feminista. Abordou a interseccionalidade entre discriminación de xénero, raza, clase social e espazo xeográfico. “O amor, máis quizais que a xestación dos fillos, é o baluarte da opresión das mulleres na actualidade”.

Celia Amorós (España) (1944-...): Filósofa, catedrática, escritora e activista feminista. Analiza o enfoque filosófico do feminismo. “As mulleres non queren o identitario masculino, senón o xenéricamente humano”.

Sheila Jeffreys (Reino Unido) (1948-...): Activista, escritora e ex profesora. “No sexo heterosexual é habitual unha erotización da desigualdade, polo que necesitamos erotizar a igualdade”.

Rita Segato (Argentina) (1951-...): Antropóloga, investigadora, escritora e profesora universitaria. Especializada na análise sobre a violencia baseada no xénero, os feminicidios e o abuso sexual. “Na loita contra a violencia nos encontramos todos os feminismos do mundo”.

Germaine Greer (Australia) (1939-...): Escritora, profesora e activista feminista. Analiza e critica a idea estereotipada da feminidade calificándoa como unha cárcere que impide o total desenvolvemento das mulleres.

FeminismoInc é unha ONG (Venezuela 2015), que traballa polo empoderamento feminino para que máis mulleres accedan ao poder económico, político e social nos seus ámbitos de influencia. Elaborou o pdf "#Feministas Radicales" que pódese descargar na seguinte ligazón Feministas Radicais.



Luisa CARNÉS

Periodista e escritora da xeración do 27

"Sombreireira sen sombreiro"

Luisa Genoveva Carnés Caballero, tamén coñecida polos pseudónimos de Clarita Montes ou Natalia Valle, naceu en Madrid o 3 de Xaneiro de 1905 e faleceu o 12 de marzo de 1964 en Cidade de México. 

De familia humilde e numerosa de clase obreira, ao ser a filla maior, só puido asistir á escola ata os 11 anos, polo que a súa formación foi autodidáctica e permanente, lendo a prensa e libros prestados.

Traballou como sombreireira, nun taller textil, como taquimecanógrafa na editorial CIAP (Compañía Iberoamericana de Publicacións), pero sempre aproveitaba os momentos libres para escribir.

Militante do partido comunista, apoiou a Clara Campoamor na defensa do sufraxio feminino, polo que tivo que exiliarse primeiro a Francia e logo a México, ao rematar a Guerra Civil Española. Pertencía á xeración do 27, ás "Sen sombreiro", pero foi triplemente esquecida, por comunista, por exiliada e por muller.

Escritora e periodista, sobre todo en México, a súa obra literaria consta dunha decena de novelas, unha sesentena de contos, trescentas pezas de teatro e centenares de crónicas. 

O seu primeiro conto Mar adentro foi publicado en La Voz (Madrid), o 22 de outubro de 1926 (páx. 7). Entre esta data e a primavera de 1929 publicou catro contos na prensa, un feito pouco común en persoas principiantes no mundo da cultura.

A súa primeira obra impresa, Peregrinos del calvario (1928), reúne unha serie de novelas breves con influencias de Tolstoi, Dostoyevski, o folletín e a novela popular, nun tono relixioso común aos seus primeiros textos. Aquí denuncia por primeira vez a explotación da muller.


Despois, en 1930, apareceu a súa segunda publicación narrativa Natacha, ambientada en Madrid onde a protagonista traballaba nun taller textil.

En 1934 escribe "Tea Rooms, mujeres obreras", inspirada na súa experiencia como traballadora no obrador dunha pastalería, que é considerada a súa mellor obra. En abril de 2023, Televisión Española decide grabar una serie baseada nesta obra súa, La moderna. 

A historia da súa fuxida a Francia, está recollida no seu libro De Barcelona á Bretaña francesa. 

Xa en México escribiu a biografía de Rosalía de Castro para homenaxeala, en Rosalía. Raíz apasionada de Galicia.

Entre as súas obras dramáticas están Así empezó..., estreada o 22 de outubro de 1936 no Teatro Lara de Madrid e outras dous publicadas en México, aínda que non hai constancia do seu estreno, Cumpleaños (1966) e Los vendedores de miedo (1966).

De catro bloques temáticos, os relatos da República, os da guerra civil e a posguerra, os de temática mexicana e os da actualidade internacional da época consta o libro 13 Cuentos (1931-1963).

O 7 de marzo de 2019 inaugurouse na Cidade dos Poetas, distrito Moncloa-Aravaca de Madrid, un parque dedicado a Luisa Carnés e en maio de 2023 representouse a súa obra no Teatro Lope de Vega de Sevilla.

Na edición de Hoja de Plata de 2016 de Tea Rooms Antonio Plaza no seu epílogo fai unha revisión desta escritora postergada.

Nesta obra Luisa Carnés escribe: "A muller nova, 'sen tipo', falou... Cando será oída a súa voz?".

Máis información en BNE, Wikipedia, Hoja de lata, Sombrereira, Leer, Diario.es, RAH, Libreando, Carnés, rtve



Gisèle HALIMI

Icono do feminismo en Francia

Zeiza Gisèle Élise Taïeb, coñecida como Gisèle Halimi, foi unha avogada feminista, activista e ensaísta franco-tunecina que loitou polo dereito ao aborto e pola criminalización da violación.

Naceu en La Goulette, Túnez, o 27 de xullo de 1927 e morreu en París o 28 de jullo de 2020 aos 93 anos. Seu pai e a súa nai eran de relixión xudía. Foi educada nun liceo francés en Túnez e despois de haber rexeitado un matrimonio concertado, conseguiu estudar Dereito e Filosofía en Paris, onde exerceu a avogacía dende 1956. 

As lembranzas da súa infancia aparecen recollidas en Le lait de l'Oranger, onde fala da mezcla da súa identidade xudeo-musulmana e explica as dificultades coa súa nai e a decepción do seu pai por ser muller. 

En 1961 escribiu un libro para defender o caso da activista do Frente de LiberaciónNacional de Arxelia Djamila Boupacha, que contou coa introdución de Simone de Beauvoir.

En 1971 fundou o movemento feminista Choisir la cause des femmes ('Elexir a causa das mulleres'), para protexer ás mulleres que firmaron o Manifesto das 343, no que admitían haber abortado. En 1972, Choisir transformouse nunha organización reformista e realizou unha campaña de gran influencia para conseguir a aprobación dunha lei que permitira a anticoncepción e o aborto, que finalmente logrou Simone Veil en 1974.

Tamén defendeu a independentistas vascos e foi conselleira en moitos casos relacionados con asuntos da muller, tales como o xuizo por aborto de Bobigny de 1972. 

Outro caso que gañou foi o da violación de dúas xóvenes belgas, que foi obxecto dun documental dirixido en 2014 por Cédric Condon (Le Procès du rap) e unha película para televisión, Le Viol, de Alain Tasma, que se emitiu en 2017.

Foi deputada socialista da IV Circunscripción de Isère ata 1984 antes de que fora embaixadora de Francia ante a UNESCO entre 1985 e 1987. Logo retomou o seu traballo de avogada e comezou a dedicar máis tiempo a outra das súas paixións: a escritura. 

Entre 1988 e 2011 publicou unha quincena de libros. Entre eles salientar:

Djamila Boupacha (Gallimard, 1962) 
Le procès de Burgos (1971)
La cause des femmes (1973)
Viol, Le procès d'Aix: Choisir la cause des femmes (1978)
Avortement, une loi en procès (1973) 
La nouvelle cause des femmes (1997)
Avocate irrespectueuse (2002)
La Kahina (2006) 
Ne vous résignez jamais (2009)

O seu último libro publicado foi Histoire d' une passion (Plon, 2011).

“A base común, que quizás ao inicio non era específicamente feminista, foi a inxusticia. A inxusticia me resultaba físicamente intolerable (...). A inxusticia, o desprecio e o racismo fan reflexionar sobre o colonialismo. Pero fundamentalmente eu observaba que as mulleres estaban moito máis oprimidas que os oprimidos políticos. (…). Foi nese momento cando comprendín que esa era a batalla que había que librar”. Contaba Gisèle ...

Máis información en Wikipedia, cndh, Biografías, Heroínas, Halimi, Vídeo, Público, Ameco, rfi.fr, Imaxes


Dorothy PITMANN HUGUES

PIONEIRA NA PROTECCIÓN DA INFANCIA VULNERABLE E ICONO DO FEMINISMO AFROESTADOUNIDENSE

Dorothy Pitman Hughes ​​(Georgia-EEUU outubro 1938 - Florida decembro 2022) foi unha feminista afroamericana estadounidense, defensora do benestar infantil, activista, oradora pública, autora e propietaria dunha pequena empresa. 

O seu verdadeiro nome era Dorothy Jean Ridley. Tivo tres fillas: Malmsten, Patrice Quinn e Angela Hughes.

O seu primeiro feito activista foi a recaudación de fondos para o Congreso da Igualdade Racial a principios da década de 1960. Involucrouse na loita polos dereitos civís e coñeceu a Martin Luther King e Malcolm X

Organizou unha escola infantil cooperativa multirracial no West Side de Nova Iorke, a West 80th Community Childcare Center.

Corpo e alma

Gloria Steinem, columnista de New York Magazine, acudiu en 1968 a coñecer ese centro para escribir sobre el e ambas fixéronse amigas e viaxaron por todo o país entre 1969 e1973 dando discursos en universidades, centros comunitarios e outros locais.

Dorothy e Gloria necesitaban un cartaz para as súas convocatorias e o fotógrafo Dan Wynn  ofreceulles facerllas de balde. Esa foto agora está colgada nas paredes do Museo Nacional do Retrato, no centro de Washington. 

Ambas con xerséis de colo alto, Steinem coa sús melena loira e Pitman co seu peiteado afro, posaron desafiantes co puño en alto, o xesto do Black Power.

A foto foi publicada na revista Esquire co pé de foto “Corpo e alma: Gloria Steinem e a súa compañeira, Dorothy Pitman Hughes, amuosan o estilo que  entusiasmou ao público na súa xira de charlas"

A imaxe era intencionadamente provocadora e deseguida se converteu en icónica. Logo a recrearon algunha outra vez ao longo da súa vida. 

Pitman Hughes animó a Steinem a cofundar con outras socias a revista Ms., que comezou como unha edición especial do New York Magazine e pronto se converteu nun referente do movemento feminista. 

Escribiu varios libros (Wake Up and Smell the Dollars! Whose Inner-city is this Anyway! One Woman's Struggle Against Sexism, Classism, Racism, Gentrification, and the Empowerment Zone).

Loreta Lovett publicou a súa biografía co título "With Her Fist Raised", en 2021 na que dicía que era multifacéntica, como se recolle nun artigo da revista Ms. 

Dorothy Pitman Hughes organizou o primeiro refuxio para mulleres maltratadas na cidade de Nova Iorke e cofundou a Axencia para o Desenvolvemento Infantil desta cidade, pioneira no coidado de nenas e nenos e sinalou que "demasiadas mulleres víanse obrigadas a deixar ás súas fillas e fillos sós na casa mentras traballaban para alimentar ás súas familias".​ 

Pitman Hughes tamén cofundou con Gloria Steinem a Women's Action Alliance, un centro de información nacional pioneiro que se especializou na educación infantil multirracial e non sexista, en 1971. 


Máis información en: La Vanguardia, El País, Ms - Lovett, Wikipedia, La-lista, Infobae