BARRA DE MENÚ

PIONEIRAS

MULLERES PIONEIRAS


- Día Internacional da Muller e da Nena Científicas: Pioneiras 11 Febreiro




- Libros:
  • Pioneiras: Galegas que abriron camiño (1). Rodríguez, Anaír e Díaz, Nuria. Ed Xerais, 2018.
  • Pioneiras: Galegas que abriron camiño (2). Rodríguez, Anaír e Castillo, Abi. Ed Xerais, 2019.
- Películas:
  • Pioneras: serie documental de Movistar+ de 4 episodios que visibilizan a grandes mulleres esquecidas da Historia. Luisa Ignacia Roldán, Dolors Aleu, Carmen de Burgos e María de Castilla son as protagonistas históricas nas que se centra o relato. A través delas dánse a coñecer outras mulleres actuais de campos como a medicina, a política, o deporte, as artes ou a enxeñaría.
- Listaxe:
  • Lilith: primeira muller. Lilith, a primeira muller?
  • Acnódice: primeira xinecóloga. Acnódice
  • Exeria: a primeira viaxeira e a primeira pelegrina. Exeria
  • Mª Andresa Casamayor: pioneira en publicar un libro de ciencia. Andresa
  • Jimena Fernández de la Vega:1ª xenetista española:, (1895-1984) : Jimena Fernández de la Vega
  • Marie Curie: primeira 2 veces premio Nobel. Marie Curie
  • Ella Maillart: primeira competidora nos Xogos Olímpicos. Ella Maillart.
  • Chis Oliveira: primeira "doutora" galega. Chis Oliveira
  • Sirimavo Bandaranaike (1916-2000): política de Sri Lanka. En 1960 convertiuse na primeira muller no mundo en asumir o posto de primeira ministra dun país. Sirimavo Bandaranaike
  • Tewhida Ben Sheikh (1909-2010) (Túnez): primeira médica musulmana no norte de África. Foi pioneira en saúde sexual e reprodutiva. En marzo de 2020 púxose en circulación un billete de 10 dinares en Túnez coa súa imaxe. É a primeira muller que aparece nun billete de curso legal no norte de África. Tewhida Ben Sheikh.
  • Salma al-Majidi(1990) (Sudán): é a primeira muller africana e do mundo árabe en entrenar un equipo masculino de fútbol. Salma al-Majidi.
  • Elizabeth Grundtvig: primeira editora da revista danesa Kvinden og Samfundet (Mulleres e Sociedade) fundada en 1885, a revista feminina máis antiga do mundo. Elisabeth Grundtvig 
  • Fatima Ahmed Ibrahim (1928-2017): feminista, política e activista de Sudán. En 1965 foi elixida deputada do parlamento de Sudán polo Partido Comunista Sudanés, e primeira muller en ser elixida membro do parlamento, non só en Sudán, senón en todo Oriente Medio e África.
  • Nellie Bly (1964-1922): escritora e xornalista norteamericana que deu a volta ao mundo en 72 días, infiltrouse nun manicomio de mulleres  e foi pioneira en facer un xornalismo de denuncia. Nellie
  • María Winkelmann: primeira astrónoma en descubrir un cometa. María Winkelmann
  • Newton Foote, Eunice: primeira climatóloga  Eunice Newton Foote
  • Alexandra David-Néel: primeria viaxeira ao Tíbet. Alexandra
  • Dolors Aleu: a primeira médica española e tamén a primeira doutora. Dolors Aleu.
  • Grunya Sukhareva: Describiu as características do autismo moitos anos antes do que o fixeran Leo Kanner ou Hans Asperger. Pero ela era muller, rusa e xudea, ... Grunya
  • Laura Bassi: pioneira da conciliación por ser nai numerosa, científica e mestra. Laura Bassi.
  • Maryam Mirzakhani: Primeira muller e iraní en recibir a medalla Fields, o Nobel das matemáticas. Maryam Mirzakhani
  • Luz Morales: primeira xornalista cultural española, e galega. Luz Morales

- Blogue:

Neste blogue "Mulleres na Historia e Historia de Mulleres" hai unha etiqueta na que aparecen todas as Pioneiras que se van recompilando. A ligazón é ista: Pioneiras