"A NENA DO GANCHO", PIONEIRA DO BALONCESTO ESPAÑOL
Viviu 105 anos! Encarna Hernández está considerada como unha das grandes pioneiras do baloncesto español, primeiro na cancha como xugadora e despois traballando en diferentes clubes. Pioneira entre pioneiras como xogadora, entrenadora, árbitra e directiva de clubes, formando parte da fundación do Club Atlas (1931) e dirixindo a Peña García de L’Hospitalet.
Durante a súa etapa como xogadora, así como antes e despois desta, Encarna Hernández non deixou de loitar polos dereitos das mulleres, conseguindo ser unha das primeiras mulleres que poido conducir en Barcelona e terminou sendo elexida entrenadora da Sección Feminina de Falanxe.
Cun balón nas máns, intentaba emular a heroínas que admiraba do ámbito social, como "aquelas benditas mulleres Victoria Kent, Clara Campoamor, Federica Montseny...", dicía.
Pola súa defensa do deporte feminino, Encarna Hernández recibiu en 2020 a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo por parte do Consello Superior de Deportes (CSD).O seu apodo de ‘A nena do gancho’ foi popularizado debido á naturalidade coa que executaba na pista este elegante movemento que, no seu caso, lle acompañou ata o último dos seus días.
Dominaba tamén outros deportes como a patinaxe, ciclismo, o atletismo e a natación, a pesar do seu 1’54 m de estatura. Ademais foi unha das primeiras mulleres de Barcelona que obtivo o carnet de conducir na España franquista.
Pasou por varios equipos: o Atlas Club (onde foi máxima anotadora absoluta por encima dos homes), o Laietano, o Collet, o Moix Llambés e rematou firmando co FC Barcelona, clube co que competiu ata o final da súa traxectoria en 1953, onde xogou con outras grandes xogadoras olvidadas como Merry Morros e Carmen Sugranyes.
Comezou a xogar con trece anos, en 1929, cos chicos do seu barrio. A maternidade aos 36 anos a retirou da competición, aínda que chegou a ter ofertas para seguir xogando na Liga italiana. Encarna naceu en Lorca, o 23 de xaneiro de 1917 e faleceu en Barcelona o 19 de decembro de 2022.