BARRA DE MENÚ

Amosando publicacións coa etiqueta Científicas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Científicas. Amosar todas as publicacións

Sagrario MARTÍNEZ CARRERA

PROGRAMADORA INFORMÁTICA EN CRISTALOGRAFÍA

Sagrario Martínez Carrera (Madrid, 10 de maio de 1925 - Madrid, 18 de decembro de 2011) foi unha química española que se licenciou en Ciencias Químicas en 1948 na Universidade Complutense de Madrid, defendendo a súa tese doutoral en 1955.

Foi profesora de Investigación do Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), no Departamento de Cristalografía do Instituto de Química Física «Rocasolano» de Madrid desde 1950. Este Departamento podese considerar herdeiro da Sección de Raios X do Instituto Alonso Santa Cruz. 

Realizou estancias postdoctorais na Universidade de Ámsterdam. E aprendeu cálculo electrónico durante unha estancia na Universidade de Pittsburg (EE UU) en 1962, o que lle permitiu avanzar no estudo das estructuras cristalinas, xogando un papel fundamental na introdución no estado español da programación informática en cristalografía.

Formou parte do Grupo Español de Cristalografía e Crecemento Cristalino, do Comité Español de Cristalografía. Tamén traballou para a Unión Internacional de Cristalografía, de feito en 1956 coorganizou en Madrid a primeira reunión internacional desta sociedade. 

En 1974 desenvolveu un importante traballo na organización dunha conferencia internacional sobre Dispersión Anómala.

Realizou tarefas de xestión  tendo gran importancia na organización do CSIC, formou parte do Comité Científico Asesor. O CSIC otorga o distintivo CSIC ASPIRA-MaX "Sagrario Martínez Carrera" que é un selo de excelencia científica, aos seus centros e institutos de investigación. 

Este recoñecemento forma parte do Proxecto MaX-CSIC (dentro do programa estratéxico DEEP-MaX), cuxo obxectivo é guiar, impulsar e financiar a excelencia científica interna para posicionar aos centros no máis alto nivel internacional. 

Consta de tres fases consecutivas, e cada unha otorga un selo bautizado en honor a unha científica histórica e pioneira da propia institución. Fase I: Selo "Josefa Barba", Fase II: Selo "Sagrario Martínez Carrera" e Fase III: Selo "Margarita Comas".

Máis información: Wikipedia, MujeresconCiencia, Cristalógrafa,  MaX, CSIC




Constanza CERUTI

Primeira Arqueóloga de Alta Montaña

María Constanza Ceruti é unha historiadora, arqueóloga e antropóloga arxentina (Bos Aires 11 de xaneiro de 1973), que realizou máis de oitenta prospeccións, a maior parte delas integrando equipos da National Geographic, nas rexións andinas de Arxentina, Chile, Bolivia, Ecuador e Perú.​

Escalou máis de 100 montañas por enriba dos 5.000 metros e explorou montañas sagradas en Europa, Asia, Australia e as Américas. Subíu dúas veces con éxito á cima do Aconcagua (6.962 metros), a montaña máis alta do hemisferio occidental e fora do Himalaia.

Traballa como investigadora do CONICET (Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas) de Arxentina, é directora ad-honorem do Instituto de Investigacións de Alta Montaña da Universidade Católica de Salta e creadora da cátedra de Montañas Sagradas.

En 1999, na cima do volcán Llullaillaco (6.739 m) na provincia arxentina de Salta, que constitúe o sitio arqueolóxico máis alto en todo o mundo, xunto a un equipo da National Geographic, Johan Reinhard e Constanza Ceruti dirixiron as investigacións e participaron personalmente no descubremento das tres momias mellor preservadas da historia, produto da momificación por conxelación.

As tres momias chamadas "O Neno", "A nena do raio" e "A doncela" estaban acompañadas dun centenar de obxetos suntuarios, como utensilios, animais en miniatura e figuras humanas, de típico estilo Inca, a casi 7.000 m sobre o nivel do mar.

Recibíu numerosos premios, entre eles o Premio Príncipe de Asturias (galardón compartido coutros catro exploradores científicos cando foi entregado a National Geographic na categoría Comunicación e Humanidades) no ano 2006. 

Ou a Medalla de Ouro da International Society of Woman Geographers, recibida en 2017; que anteriormente recibiron Amelia Earhart e Jane Goodall, e o Cóndor Dorado do Exército Arxentino, máximo galardón á experiencia en alta montaña, nunca antes otorgado a unha muller.

Publicou varios libros, moitos deles vencellados á relación cultural mística dos pobos coas montañas, así como máis dun centenar de artículos científicos. Salientando as seguintes obras:

  • Arqueología de Alta Montaña en La Rioja (1ª edición). Eucasa. 2004.
  • Embajadores del pasado: los niños del Llullaillaco y otras momias del mundo (1ª edición). Eucasa. 2009
  • Volcanes sagrados en la Isla de Pascua (1ª edición). Mundo Gráfico Salta Editorial. 2014. 
  • Montañas sagradas de Tailandia (1ª edición). Mundo Gráfico Salta Editorial. 2014.
  • Montañas sagradas del país vasco (1ª edición). Mundo Gráfico Salta Editorial. 2014.
  • Camino de Santiago y montañas sagradas en Galicia (1ª edición). Mundo Gráfico Salta Editorial. 2014.
  • Montañas sagradas de Irlanda (1ª edición). Mundo Gráfico Salta Editorial. 2016
  • Montañas Sagradas de los Pirineos. Mundo Editorial. Salta. 2018.

  • Máis información en Infobae, Wikipedia, Constanza, Ceruti, Montañas




    Mária TELKES

         

    A RAÍÑA DO SOL

    Mária Telkes foi unha prolífica inventora de dispositivos termoeléctricos, que destacou por ser pioneira no desenvolvemento da tecnoloxía solar, xa que ninguén propuxérano nunca antes. 

    Naceu en Budapest (Hungría) o 12 de decembro de 1900. Era de orine xudeu. Graduouse en Química Física en 1920 e doutorouse en 1924. Primeiro foi docente, pero logo marchou a EEUU e comezou traballar como biofísica no Hospital Cleveland Clinic Foundation, onde inventou un dispositivo fotoeléctrico para rexistrar as ondas cerebrais.

    Como investigadora traballou no Proxecto de Conversión de Enerxía Solar no Massachusetts Institute of Technology. No centro das súas investigacións estaba a satisfacción das necesidades básicas para ter unha vida digna.

    Ideou un sistema de calefacción solar para a casa Dover, unha casa innovadora deseñada pola arquitecta Eleanor Raymond (1887-1989) que utilizaba colectores solares e regulaba a temperatura só coa enerxía procedente do sol. Dicía en 1951: “O Sol será usado como fonte de enerxía tarde ou cedo… Por que agardar?”.

    Tamén desenvolveu unha unidade portátil de desalinización de auga de mar con enerxía solar para obter un litro ao día de auga potable. Estas unidades foron utilizadas nos botes salvavidas da Armada de EEUU durante a Segunda Guerra Mundial.

    Mária continuou coas súas investigacións sobre enerxía solar no New York University College of Engineering. Alí, seguiu traballando en desalinizadores, sistemas de calefacción e fornos solares. Os seus fornos solares eran baratos, simples e fáciles de construir. En 1954,  a Fundación Ford concedeulle unha subvención de 45.000 dólares para que fabricara fornos solares que poideran usarse en países en vías de desenvolvemento.

    A finais dos 60 traballou na Universidade de Delaware e elaboró diseños de aire acondicionado que almacenaban o frío da noite para usalo ao día seguinte como refrixeración. Trala súa xubilación foi nombrada profesora emérita desta universidade dende 1978. Pero foi consultera independente ata os 90 anos.

    Recibiu unha docena de premios, entre eles o recoñecemento ao mérito ao traballo por parte da Society of Women Engineers, en 1952. Pero xa antes, en 1934 nuhna publicación de The New York Times, entrou na lista das 11 mulleres máis relevantes de EEUU. Foi autora tamén dunhas vinte patentes.

    De visita en Budapest, despois de máis de 70 anos, faleceu o 2 de decembro de 1995 con case 95 anos.

    Máis información en Wikipedia, MujeresconCiencia, WomensLegacy, BBC, Pioneira, Red2030, Píkara, Podcast.



    Rachel CARSON

    PRECURSORA DA ECOLOXÍA MODERNA 

    Rachel Louise Carson naceu o 27 de maio de 1907 en Springdale (Pensilvania) e faleceu en Silver Spring (Maryland) o 14 de abril de 1964. Foi unha bióloga marina, conservacionista e escritora estadounidense que contribuiu á posta en marcha do moderno movemento ecoloxista.

    Traballou  como bióloga e escritora no US Bureau of Fisheries de 1936 a 1952, ao comezo escribía guións educativos para un programa de radio chamado "Romance baixo as augas" e logo conseguiu ser xefa de redación. En 1943 promocionou os alimentos do mar, con descripcións de 27 especies de peixes e mariscos, salientando os beneficios de comer mexilóns. 

    No seu tempo libre publicou The Sea Around co que gañou o National Book Award de 1952 na categoría libro non ficción, o que lle permitiu dedicarse exclusivamente a escribir. Logo apareceron The edge of the sea e Under the sea wind, completando a súa triloxía que explora a vida nos océanos. Outras obras súas posteriores son O sentido do asombro e Os bosques perdidos.

    En 1957 foi contratada pola National Audubon Society, unha organización ecoloxista, para investigar as consecuencias do uso de DDT e outros pesticidas sintéticos e dende entón adicouse a escribir sobre este tema.

    No seu libro "Primavera silenciosa", publicado en 1962,  contaba como o DDT e outros pesticidas de uso habitual se acumulaban de maneira invisible na cadea alimentaria, causaban graves danos á flora e a fauna e prantexaban serios riscos para a saúde humana.

    Como o libro "A cabana do Tío Tom" proporcionou un sólido apoio social so abolicionismo, o seu contribuiu a un novo coñecemento do lugar que ocupa a especie humana no mundo e a promover políticas e condutas para preservar o ambiente.

    A obra e a testemuña de Rachel Carson axudaron á creación, anos despois da súa morte, da Axencia de Protección Ambiental de Estados Unidos (Environmental Protection Agency), a controlar o uso do DDT e de outros pesticidas, á celebración do Día da Terra, ás leis que se dictaron en moitos países do planeta sobre pesticidas, insecticidas, funxicidas, rodenticidas e produtos similares e ao desenvolvemento do movemento filosófico e político que hoxe é coñecido como ecoloxismo.

    Máis información en:

    Mujeresconciencia, Malaria, Audio, Vídeo, Legado, Wikipedia, rtve, Carson, Ciencia, Ambiente, NG, Oceánicas, mncn, Muller, Pioneira


     

    Alice BALL

    DESENVOLVEU O "MÉTODO BALL" PARA TRATAR A LEPRA

    Alice Augusta Ball naceu o 24 de xullo de 1892 en Seattle, Washington. A pesar da súa curta vida, Ball deixou un impacto perdurable ao desenrolar o “Método Ball”, o tratamento máis efectivo para a lepra nas primeiras décadas do século XX.

    Logrou extraer os principios activos do aceite de chaulmoogra, os ésteres de etilo dos ácidos grasos, chamados ácido chaulmógrico e ácido hidnocárpico, e con eles creou o primeiro remedio soluble en agua e por tanto fácilmente inxectable co que aliviar e tratar a pacientes de lepra. 

    A principios de 1900, Alice e a súa familia se mudaron a Hawái, onde ela foi á escola, pero poucos anos despois, trala morte do seu pai, regresaron a Seattle. Estudou alí no instituto e se graduou en Química Farmacéutica e Ciencias da Farmacia, pola Universidad de Washington. Nembargantes, voltou á Universidad de Hawái e converteuse na primeira muller e a primeira afroamericana en obter un título de máster na Universidade de Hawái, en 1915.

    A Universidade de Hawái contratouna como profesora de Química, e novamente foi a primeira muller e a primeira afroamericana que obtivo ese posto. Asemade, foi neste momento cando comezou a traballar na procura da forma de facilitar a tolerancia do medicamento contra a lepra.

    Desafortunadamente, Alice Ball non poido ver o impacto do seu traballo pois o 31 de decembro de 1916, cando só tiña 24 anos, faleceu. Nen sequera pondera publicar os seus achados. Aínda que non está clara a causa da súa morte, parece que podría deberse a inhalación de gases tóxicos durante o seu traballo no laboratorio ou á tuberculose.

    O nome de Alice Ball paso desapercibido durante décadas ata que nos anos 2000 a Universidade de Hawái rescatouno e lle realizou o homenaxe que merecía: desvelou unha placa no seu honor xunto ao único árbol de chaulmoogra que existe no campus. Agora ten tamén un día co seu nome, o 29 de febreiro.

    En 2007 la Universidad de Hawái la galardonó de nuevo con la Medalla a la Distinción. O seu nome tamén está inscrito na London School of Hygiene & Tropical Medicine ao lado de persoas como Florence Nightingale e Marie Curie.

    Máis información en Método Ball, MujeresconCiencia, Wikipedia, Alice Ball, Lepra, Ciencia.




    Esther LEDERBERG

    PIONEIRA DA XENÉTICA MICROBIANA

    Esther Miriam Zimmer (nome de solteira de Esther Lederberg), naceu o 18 de decembro de 1922 no Bronx, en Nova Iorke. Estudou en Hunter College, onde pensaba graduarse en francés ou literatura, pero cambiou de idea e optou pola bioquímica, desoíndo os consellos do seu profesorado, que lle dicían que a ciencia era un ámbito que ofrecía ás mulleres moi poucas oportunidades de realizar unha carreira profesional.

    Rematou a súa licenciatura, e entre 1941 e 1942, traballou no Xardín Botánico de Nova Iorke, investigando en Neurospora crassa. No 1946 obtivo o título de máster en xenética. 

    En decembro dese ano, casou co tamén biólogo Joshua Lederberg. E no ano 1950 defendeu brillantemente a súa tese doutoural dedicada á xenética das bacterias.

    A pesar de que, durante máis de 50 anos, Esther Lederberg dedicou os seus esforzos a sentar as bases da xenética microbiana, foi o seu marido quen recibiu o recoñecemento do premio Nobel.

    En 1958, cando Joshua Lederberg obtivo o premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polos seus descubrimentos da organización do material xenético nas bacterias, pero non Esther, lidérela desa investigación.

    Esquema do método de réplica en placa 

    As contribucións de Esther inclúen o descubrimento do virus bacteriófago lambda λ, a transferencia de xens entre bacterias por transducción especializada, o desenvolvemento do método de réplica en placa para o cultivo de bacterias e o descobremento do factor de fertilidade.

    Tamén atopou a manera de obter réplicas idénticas dunha placa de Petri copiando a original nun "selo", non de goma, senón de terciopelo de algodón esterilizado. Ao presionar a placa quedaban bacterias iguais ás originais.

    En 1966 separouse e permaceu en Standford onde fundou e dirixiu o Centro de Referencia de Plasmidios. Xubilouse en 1985 e en 1993 casou de novo con Mattew Simon, con quen compartía a paixón pola música.

    Outra das súas inquedanzas foron a danza, a botánica e a literatura.

    Esther Zimmer faleceu en 2006, á idade de 84 anos a causa dunha neumonía.

    Máis información en NG, Wikipedia, ConCiencia, Astro, Microbioloxía



    Marie Louise LACHAPELLE

    A NAI DA OBSTETRICIA MODERNA

    O 1 de Janeiro de 1769 nace en Paris a parteira Marie-Louise Lachapelle, filla única de Marie Jonet-Dugès (1730-1797), unha coñecida matrona e neta tamén dunha parteira. 

    Foi directora de obstetricia no Hôtel-Dieu, o hospital máis antigo de París. Polas súas ensinanzas é considerada a nai da obstetricia moderna. 

    Moi xoven comezou traballar de comadrona grazas ás ensinanzas recibidas desde moi nena da súa nai. Logo asistíuna como matrona xefa asociada. Á idade de doce anos, xa colaboraba en partos complicados. En 1797, ao morrer a súa nai pasa a ser ela a xefa no hospital.

    Continuou formándose como obstetra en Heildelberg e logo regresou a París, onde se converteu en xefa da maternidade e o hospital de nenos e nenas do novo Hospicio da Maternidade, unha rama do Hôtel-Dieu de Port Royal, que ela converteu nun centro de formación para futuras matronas.

    Estas permanecían alí durante un ano, examinábanse para probar os coñecementos adquiridos e, se aprobaban, regresaban aos seus lugares de orixe para salvar vidas durante os partos. Deseña o plan de estudos para os estudos de partería e a transmisión de coñecementos.

    Era contraria ao uso de fórceps e publicou libros de texto sobre anatomía da muller, xinecología e obstetricia, como Pratique des accouchements, que se converteu durante moito tempo no texto de obstétrica estándar, e no que promoveu os partos naturais, abogando por unha intervención mínima dos medicos durante os mesmos.

    Ao longo da súa carreira, Lachapelle axudou a vir ao mundo a uns 40 000 bebés e recompilou estatísticas sobre un gran número de casos. Mellorou a hixiene das casas de parto, incluindo as restriccións das visitas, evitando así numerosas infeccións e reducindo as taxas de mortalidade infantil; optou por suturar inmediatamente os perineos desgarrados e ideou un método de intervención nos casos de placenta previa. 

    Tamén ideou unha maniobra para rotar a cabeza do feto cunha soa rama do fórceps (Maniobra de Lachapelle). Practicou a versión podálica e describir a maneira de transformar unha presentación cefálica de frente nunca de cara.

    Faleceu o 4 de octubro de 1821, dun cancro de estómago.

    Por ser muller, matrona e non médica, estivo moito tempo esquecida.

    Máis información en Wikipedia, MujeresconCiencia, National, Heroínas, Enfermería, Medicina, Poeisis, Frwiki.




    Elizabeth BLACKWELL

    A PRIMEIRA MÉDICA TITULADA

    Elizabeth Blackwell foi a primeira muller diplomada en medicina nunha universidade de EE UU, a primeira en conseguir exercer a profesión en todo o mundo e a primeira en ser incluida no Rexistro médico do Reino Unido.

    Naceu o 3 de febreiro de 1821 en Bristol e faleceu en Hastings (Inglaterra) o 31 de maio de 1910. Tiña 4 irmás e 4 irmáns que foron educados por igual e aprenderon que un marido non era unha garantía de seguridade. Ningunha das fillas casou.

    Estaba de acuerdo coa escritora e editora trascendentalista Margaret Fuller, quen proclamara que a humanidade non acadaría a iluminación ata que as mulleres demostraran que eran capaces de calquera cousa que elixiran, e que ese logro era unha cuestión de talento e traballo, non de sexo. Elizabeth Blackwell quería ser alguén cuxa vida encarnara a idea de Fuller.

    Primeiro fíxose mestra, pero cando unha amiga lle dixera antes de morrer que se o médico fora muller non houbera pasado tanta dor, decidiu ser médica. Pero non tivo doado ser admitida nas facultades. Ao final poido estudar Medicina no Geneva Medical College en Nova Iorke (EEUU), graduouse en 1849, sendo a primeira da súa promoción e publicou a súa tese sobre o tifus. 

    Logo marchou a Paris, onde se fai partera e infectaselle un ollo polo que non pode exercer a cirurxía. Máis tarde en Londres coñeceu a Florence Nightingale (innovadora da enfermería), e ao regresar a EE UU fundou, xunto a súa irmá Emily (a terceira muller en recibir un título en medicina), unha Escola de Enfermería para mulleres. 

    Trala guerra, en 1868 fundou unha Universidade de Medicina para mulleres. En 1869 viaxou a Londres onde exerceu a cátedra de Xinecoloxía ata o seu retiro, en 1907. Contribuiu na formación de The London School of Medicine for Women, en 1874.

    Inspirou a doctoras pioneras como Elizabeth Garrett Anderson e Sophia Jex-Blake, pero se apartou da práctica e dedicouse á defensa da saúde pública, facendo campaña contra as Leis de Enfermedades Contaxiosas, que hospitalizaban ás prostitutas pola forza en lugar de centrarse nos homes que as infectaban, e así converteuse nunha dos fundadores da Sociedade Nacional de Saúde, co lema "Máis vale previr que curar".

    Escribiu varios libros e estudos, incluida a súa propia biografía, por exemplo, en 1852 elaborou o ensaio As leis da vida; con especial referencia á educación física das nenas. Así como numerosos tratados para difundir entre a población femenina, consejos e recomendaciones para mellorar a súa hixiene e saúde.

    Desde 1949, conmemorando o centenario da súa graduación, a Asociación de Mulleres Médicas estadounidenses, otorga todos os anos a medalla Elizabeth Blackwell para recoñecer a mulleres que contribuirán de forma destacada ao labor das doctoras.

    Máis información en: Symetrías, MulleresconCiencia, Wikipedia, BBC, OMU, Galenus, Historia



    Beulah Louise HENRY

    A INVENTORA DA MÁQUINA DE FACER XEADOS


    Beulah Louise Henry (1887-1973) foi unha inventora estadounidense que ao longo da súa vida realizou 110 invencións e 49 patentes Por esta razón tamén é coñecida como «Lady Edison». 

    A súa primeira patente foi unha máquina de facer xeados cunha cámara conxeadora incorporada, en 1912. A este invento lle seguiron outros como o paraugas que se prega con cubertas intercambiables, as bonecas que falaban ou movían os ollos, ou a máquina de escribir, capaz de sacar catro copias dun mesmo documento sen necesidade de empregar papel carbón. 

    Máquina para xeados

    O seu invento máis orixinal durante os anos 60 foi o forno eléctrico de inxección (ao que se lle concedeu a patente nº 3.055.827 en 1962). Tratábase de cociñar os alimentos descargando continuamente sobre eles os seus propios xugos a través dun surtidor.

    Empresaria autodidáctica, viviu de nena nun ambiente cultivado e propicio ás belas artes e xa realizaba modelos e deseños con ferramentas e aparatos domésticos.

    Paraugas

    A segunda patente consistía nun parasol adaptado para pregarse nun perímetro estreito e cun mango desmontable. Máis adiante ampliou este modelo de paraugas e fundou a empresa Henry Umbrella & Parasol Company para comercializar estes inventos, ingresando 50.000 dólares, invertidos no establecemento dun laboratorio onde as súas ideas eran transformadas en prototipos coa axuda dunha plantilla integrada por mecánicos, maquetistas e artesáns. 

    Mesmo, chegou a ser citada entre os inventores máis destacados do ano 1924 pola prestixiosa revista Scientific American.

    En 1925 ideou unha boneca, a Radio-Boneca, que incorporaba (parcial ou completamente) no seu interior un equipo receptor radiofónico conectado a unha antena. Os diais iban situados na espalda e o altavoz á altura do peito.

    Os seguintes inventos centráronse en facilitar a vida das mulleres e o desfrute de nenas e nenos, así os xoguetes de praia, cans e bonecas falantes, un reloxo para aprender as horas, e diferentes modelos de máquinas de escribir ou de coser.

    Pertencía a varias institucións neoiorquinas de carácter científico (Sociedade do Microscopio e Museo Nacional de Historia Natural) e ecoloxista (Sociedade Nacional Audubon e Liga Feminina para os Animais).

    Soltera e económicamente independente, converteuse nunha das chamadas "Novas Mulleres" da sociedade, un arquetipo feminino que se orixinou na década de 1890. O seu mérito é ser autodidacta, pioneira na innovación  e realizar as súas aportacións nunha época na que innovar e, sobre todo, vivir das innovacións era algo vedado ás mulleres. 

    Máis información: Acquae, MujeresconCiencia, Wikipedia, Museo virtual, BBC, DF



    DIDO

    A RAÍÑA XEÓMETRA

    Elisa de Tiro (século IX aC) máis coñecida como Dido, foi a fundadora e a primeira raíña de Cartago. Era filla de Matán I, o rei de Tiro e irmá de Pigmalión e de Ana. Casa, obrigada polo seu irmán, con Siqueo, sacerdote do templo de Melkart e home moi rico, para que lle roubara as súas riquezas escondidas.

    Dido négase a darlle a fortuna e entón Pigmalión asasina a Siqueo. Elisa fuxe con Ana, chegando a costa de África, á zoa pertencente á tribu dos getulos. Jarbas, o seu rei, cédelle un trozo de terra para fundar unha cidade pero só lle concede "tanta terra como poida abarcar cunha pel de boi", pensando que ela rexeitaría esa idea.

    Pero Elisa fai cortar en tiras moi finas a pel de toro e así consigue acotar un extenso perímetro. Foi coronada raíña e os seus súbditos comezan a chamarlle Dido. Desta maneira atopou, entre todas as curvas simples posibles a que engloba a maior área, formando unha circunferencia de entre 1 e 3 kms, cunha superficie de entre 10 e 25 hectáreas. 

    O físico e matemático william Thomson, Lord Kelvin (1824-1907) describiu en 1893 este problema isoperimétrico, pero foi Dido a primeira en resolvelo.

    O poeta romano Virxilio contou a súa historia na Eneida: 
    "Vanse pola mar as riquezas do avaro Pigmalión; 
    unha muller dirixe a empresa.
    Chegaron a estes lugares, onde agora vedes enormes murallas
    e nace o alcazar dunha xove Carthago,
    e compraron o solo, que por isto chamaron Birsa, 
    canto poideron rodear cunha pel de toro…"

      

    Birsa era unha fortaleza que máis tarde converteuse na cidade de Cartago, e ela foi a súa soberana. Alí chega Eneas fuxindo de Troia, e solicita hospitalidade a Dido. A súa nai, Venus, envía a Cupido para que Dido namore e case con el. Aínda que se resiste, instigada pola súa irmá Ana, durante unha tormenta ambos xacen xuntos nunha cova. 

    Cando Eneas ten que marchar cara a Roma, Dido cravase un puñal ao sentirse abandoada. Isto será a orixe das guerras púnicas e Aníbal será o vengador de Dido.

    Isabel Barceló Chico conta as aventuras de Dido e Eneas en Cartago no seu libro "Dido, reina de Cartago". Tamén lembra outras mulleres no seu blogue Mujeres de Roma.

    O compositor inglés Henry Purcell narrou esta traxedia na súa ópera Dido e Eneas. Pódese ver e escoitar un fragmento nesta ligazón. 

    Máis información en: Mujeresconciencia, Wikipedia, Ojosdepapel, Dido, Mujeresenlahistoria, Lasnubes, Almacendeclásicas, Mitos.