BARRA DE MENÚ

Amosando publicacións coa etiqueta Varios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Varios. Amosar todas as publicacións

"Homes" que eran Mulleres

MULLERES QUE TIVERON QUE PASAR POR HOMES


Moitas mulleres tiveron que facerse pasar por homes, asinando os seus escritos ou vestíndose coma eles, para amosar a súa valía e/ou realizar actividades que polo simple feito de ser mulleres lles tiñan prohibido; algunhas tamén para asegurar que o seu traballo fora tomado en serio.

Dende escritoras, estudantes de dereito ou medicina ata amantes para poder casar coa súa parella como as galegas Elisa e Marcela.

Entre as escritoras que tiveron que sobrevivir á censura e ao machismo mediante o uso de seudónimos, hai unha longa listaxe:

  • Mary Ann Evans, británica coñecida polo seudóniimo de George Eliot
  • Charlotte Brontë, autora de "Jane Eyre" que asinaba como Currer Bell.
  • Emily Brontë, que escribiu "Cumbres borrascosas" e asinaba como Ellis Bell.
  • Anne Brontë, creadora de "Agnes Grey" que escribía como Acton Bell.
  • Amantine Aurore Dupin a amante de Chopin, Georges Sand.
  • Sidonie-Gabrielle Colette que foi suplantada polo seu marido Willy Gauthier.
  • Mary Shelley que publicou "Frankenstein" como anónimo.
  • Violet Paget a escritora sobre fantasmas co seudónimo de Vernon Lee.
  • Laura Albert, autora de "Sarah", baixo o seudónimo J. T. Leroy.
  • Louise May Alcott que asinaba como AM Barnard, agás en "Mulleriñas".
  • Katharine Burdeckin, referente do xénero distópico escribía como Murray Constantine. 
  • Helene Druskowitz, filósofa austríaca que tiña que asinar cun alias masculino.

Entre as escritoras españolas atópanse:

  1. Agar Eva Infanzón Canel asturiana afincada en Cuba que asinaba como Fray Jacobo ou Ibo Maza.
  2. Carmen de Burgos periodista cos pseudónimos de Gabriel Luna e Perico el de los palotes.
  3. Cecilia Böhl de Faber e Ruiz de Larrea coñecida como Fernán Caballero.
  4. Matilde Cherner, novelista republicana que asinaba como Rafael Luna.
  5. Caterina Albert i Paradís, icono da literatura catalana; publicaba como Víctor Català.
  6. Francisca Cristina Sáenz de Tejada y Ortí poeta como Gracián Quijano ou o Padre Pareja.
  7. Josefina Codina Umbert que usaba o nome de Tirso de Tebas para algúns escritos dramáticos.
  8. Josefa Pujol de Collado helenista que asinaba como Evelio del Monte.
  9. Lucía Sánchez Saornil poeta ultraísta co pseudónimo de Luciano de San-Sao.
  10. Margarita Hickey tamén tradutora que usaba o nome de Francisco Lelio Barriga.
  11. María Juana Rosa Andresa Casamayor de La Coma mestra e matemática que asinaba co anagrama do seu nome Casandro Mamés de La Marca y Araioa.
  12. Carmela Gutiérrez de Gambra profesora que escribía como Miguel Arazuri e como André Ronsac.
  13. María Luz Morales Godoy galega pioneira do periodismo cultural co alias de Ariel e Jorge Marineda.
  14. Patrocinio de Biedma y la Moneda editora e articulista que usaba o nome de Tiziano Imab.
  15. Rosario de Acuña y Villanueva dramaturga co pseudónimo de Remigio Andrés Delafón.
  16. Sara Álvarez-Insúa contista e tradutora do francés co alias de Próspero Miranda.
  17. Teresa Arroniz y Bosch novelista que asinaba como Gabriel de los Arcos.
  18. Teresa de Escoriaza y Zabalza corresponsal durante a Guerra do Rif que ás veces asinaba como Félix de Haro.

O libro "Armas de varón" de Miguel Ángel Almodóvar relata casos e circunstancias de mulleres que nalgún momento tomaron a decisión de facerse pasar por homes e vivir e actuar dentro dos parámetros socialmente asignados aos varóns.

Se non podes co teu enimigo, vístete coma el. E así o fixeron por vocación, para cumprir o seu sono, loitar por unha causa ou realizarse cun traballo que non lles deixaban exercer polo feito de ser muller. 

Célebres "homes" eran mulleres que se enfundaron en uniformes ou roupas masculinas. Entre outros exemplos salientar a: 

- Hatshepsut, a “Raíña Home de Exipto” con tocado, saia shenti e falsa barba.
- Concepción Arenal tivo que vestir de home para estudar Dereito.
- Gerda Taro: a fotógrafa que asinaba como Robert Capa
- Sara Malinda Pritchard Blalock foi a guerra co seu home como o seu irmán Samuel Blalock.
- Margaret Ann Bulkley, coñecida como James Barry, para conseguir ser "médico".
- Dorothy Lucille Tipton, música de jazz; con 19 anos abandonou todo e converteuse en Billy Tipton.
- Rena Kanokogi renomeada yudoka estadounidense que se facía pasar por “Rusty” Kanokogi.
- Hannah Snell, muller soldado e tamén da mariña que usou o nome do seu cuñado James Gray.
- Dorothy Lawrence, corresponsal de guerra co seudónimo de soldado Denis Smith.
- Kathrine Virginia Switzer que se inscribiu como KV Switzer para correr unha maratón.
- Loreta Janeta Velázquez, alistouse na armada cubana para participar na guerra e tamén foi espía.
- Sarah Emma Edmonds revelou a súa historia como o espía Franklin Thompson nun libro.
- Isabelle Eberhardt percorreu o norte de África facéndose chamar Si Mahmoud Essadi.
- Amelia Robles Ávila participou na Revolución mexicana combatindo como o coronel Robles.
- Catalina De Erauso “a Monxa Alférez” que adoptou varios nomes masculinos.
- Mary Parkhurst condutora de dilixencias e campesiña coñecida como Charlie Parkhurst.
- Marina, a monxe Marinus acusada de ser o "pai" dun bebé.
- Xoana de Arco desfrazouse de home para liderar a armada francesa contra Inglaterra.
- Elisa Bernerström vestiu como un home para loitar na armada Sueca na guerra finlandesa.

Todas estas mulleres fixéronse pasar por homes porque querían lograr os seus cometidos. Pero, atoparíase algún home facéndose pasar por muller para lograr os seus obxectivos???

Falando de descubrimentos tamén ocorre o mesmo, moitos deles foron realizados por mulleres pero o mérito é para eles, por diversos motivos, pero de base sempre está ser muller e segundo eles, elas non poden ou non valen para iso. 

Entre os descubrimentos realizados por mulleres que foron atribuidos erróneamente a homes e que non se lles deu ningún crédito polo seu traballo ata varios anos máis tarde, están:


> Elizabeth Magie Philips, inventora do Monopoly, protesta contra o monopolio dos homes.

> Vera Rubin, astrofísica que realizou moitos progresos no campo da "materia escura".

> Caresse Crosby, socialité creadora do suxeitador moderno a principios de 1900.

> Chien-Shiung Wu, física experimental que fixo un descubrimento revolucionario en 1956.

> Margaret Knight, creadora da bolsa de papel de fondo cadrado producida en serie.

> Rosalind Franklin, descubridora da doble hélice do ADN ao fotografiar a súa estrutura.

> Lise Meitner a física que descubriu como dividir os átomos, chamada a "nai da bomba atómica".


Varias ligazóns dan conta de todo isto, como as seguintes:

Julián Marquina: Españolas
Planeta Libro: Escritoras
Público: Vestirse de hombre
En femenino: Pasar por hombre
Abacus: Ser homes
Genial: Gurú
Marie Claire: Planeta mujer
Hipertextual: Descubrimentos





TABLA PERIÓDICA DE CIENTÍFICAS

MULLERES CIENTÍFICAS NA TABLA PERIÓDICA


En 2019 conmemorouse o 150º aniversario da publicación de Mendeléyev na que colocaba nunha tabla os 63 elementos químicos coñecidos ata ese momento en función das súas propiedades periódicas, pero deixando ocos para elementos descobertos con posterioridade e que posuían as propiedades esperadas. Polo tanto foi declarado Ano Internacional da Tabla Periódica dos Elementos Químicos.

Por este motivo Teresa Valdés, Inxenieira Química e doutora (UniOvi) en Tecnoloxías do Medio Ambiente. Científica del CSICelaborou unha tabla periódica coas mulleres científicas máis salientables.


Pódese descargar a tabla Tabla Científicas.

As científicas que compoñen esta tabla (por orde alfabética de símbolos) son as seguintes:


Nestas ligazóns atópase información sobre elas:
Actualización 29/11/18
O apartado da tabla periódica correspondente ás Terras Raras está adicado a 28 científicas españolas raras por preciosas e descoñecidas (ou polo menos máis descoñecidas do que deberan)




Máis información desta tabla periódica de científicas en:
Naukas: Teresa Valdés
Mujeres con ciencia: Tabla



VARIOS

CURIOSIDADES


- ALFABETOS

  • ABC das Mulleres:
Este ibook nace da proposta realizada por ramón Besonías e o seu reto Dibucedario 2020 e foi elaborado pola mestra de Inglés Miriam Payá López dentro do Plan de Igualdade do Colexio Padre Dehon de Novelda (Alicante) onde tamén imparte clases de Arts&Crafts e Ciencias Sociais.
O ibook "El ABC de las mujeres que hicieron historia" é unha recompilación de figuras de mulleres, unha para cada letra do abecedario español. Trátase de unha representación visual de cada figura feminina, xunto cunha breve descripción do motivo polo que é importante.
 

  • Científico:

No "Abecedario Científico" de Pedro Cifuentes aparece unha breve biografía de 27 personaxes científicos, entre eles 7 son mulleres:

    F: Florence Nightingale, pioneira da enfermería
    H: Hedy Lamarr inventora do WIFI
    J: Jane Goodall: primatóloga pro dereitos dos animais
    M: Marie Curie premio Nobel pola Radioactividade
    R: Rachel Carson precursora da protección ambiental
    V: Virgina Apgar, ideou o test para avaliar bebés
    Z: Zora Neale Hurston, antropóloga e folklorista
    

  • De mulleres fortes da historia:
"Strong Women Font" trátase dunha tipografía para unha xenealoxía feminista realizada por 7 codos que consiste nun abecedario no que cada letra visibiliza unha das grandes mulleres da historia que fixeron do mundo un lugar un pouco mellor.  
                                                                                  
        A: Alice Paul                             B: Betty Friedan
        C: Coco Chanel                        D: Delia Akeley
        E: Ellen O'Neal                        F: Frida Kahlo
        G: Gertrude Bell                      H: Hedy Lamarr
        I: Irena Sendler                        J: Julia Ward Howe
        K: Kathrine Switzer                 L: Leyman Gbowee
        M: Malala Yousafzai                N: Nina Simone
        O: Olympe de Gouges              P: Prudencia Ayala
        Q: Qiu Jin                                 R: Rosa Parks
        S: Simone Beauvoir                 T: Teresa de Calcuta
        U: Úrsula K Le Guin               V: Valentinda Tereshkova
        W: Williamina Fleming           X: No es No
        Y: Yegna                                    Z: Zabou



  • De frases de mulleres:
No blog "educandoenigualdad" atopamos unha entrada que nos di: Pulsa sobre las letras para descubrir las frases de grandes mujeres de la historia. Entrando nesta ligazón Frases pódese premer en cada letra e ler as frases. A súa vez cada letra ten unha palabra clave:


        A: Amor                                    N e Ñ: Nenas e Niñas
        B: Bruxa                                    O: Olimpio de Gouges
        C: Coidados                              P: Paz
        D: Democracia                          Q: Quimeira
        E: Educación                              R: Redes
        F: Feminismo                               S: Sororidade
        G: Goberno                                 T : Traballadoras
        H: Historia                                U: Unidas
        I: Igualdade                               V: Voto
        J: Justicia                                   W: Wollstonecraft (M)
        K: Kahlo (Frida)                       X: Xenofobia
        L: Liberdade                               Y:  W  Maathai (Kenya)
        M: Marzo                                 Z: Zapatista (muller indíxena)




- TABLAS PERIÓDICAS

  • Tabla de Mulleres Artistas Elementales

  • Tabla Periódica de Mulleres Científicas Galegas
Galicianas

Hecho con Padlet

  • Tabla Periódica de Mulleres Científicas



Para completar esta información premer en Tabla