PIONEIRAS NO "URRIELLU" DE PICOS DE EUROPA
![]() |
Isabel Pérez e Teofila Gao |
Dúas xóvenes leonesas de Caín de Valdeón, en pleno corazón dos Picos de Europa, María Isabel Pérez Pérez e Teófila Gao Pérez realizaron unha fazaña sen precedentes no montañismo español.
Foron as primeiras mulleres en alcanzar a cima do imponente Picu Urriellu no vran de 1935, un fito que non só desafiou á montaña, senón tamén as normas sociais da época.
A súa xesta débese a que o seu avó Gregorio Pérez Demaría, "El Cainejo", pastor de Caín, xunto a Pedro Pidal foi o primeiro en facer a ascensión ao Picu en 1904 e como coñecía moi ben cada rincón da montaña logrou allanar o camiño para futuras xeracións, nas que se atoparon as súas netas.
![]() |
Picu Urriellu |
Primeiro chegou á cumbre María Isabel, o 31 de xullo de 1935 con 18 anos, pola cara sur, xunto ao seu tío e Alfonso Martínez, o famoso guía cabraliego.
E unha semana despois, o 6 de agosto, acadou a cima Teófila Gao de só 15 anos, acompañada do seu pai e duns veciños de Bulnes, pero esta vez subiu sen cordas, usando só a súa habilidade e a súa intuición.
Treparon a parede e tamén a destreparon sen rapelar, baixando pola mesma ruta, o que multiplicou a dificultade da proeza, xa que coma din os montañeiros, si difícil é subir, moito mais complicado é baixar.
María Isabel tamén foi a primeira muller en alcanzar a cima de Torre Santa, a outra gran montaña dos Picos de Europa, consolidándose como unha das figuras máis destacadas do alpinismo feminino en España.
![]() |
Posada de Valdeón |
Este 8 de marzo de 2025, en Posada de Valdeón houbo unha mesa redonda para abordar "A vida en Valdeón con mirada de Muller" e proyectar o tráiler "Las Cainejas: M. Isabel y Teófila. Primeras Mujeres en la cima del Naranjo de Bulnes".
Máis información en Valderrueda, Montaña, Valdeón, Urriellu, Audio, Homenaxe.