Primeira Arqueóloga de Alta Montaña
María Constanza Ceruti é unha historiadora, arqueóloga e antropóloga arxentina (Bos Aires 11 de xaneiro de 1973), que realizou máis de oitenta prospeccións, a maior parte delas integrando equipos da National Geographic, nas rexións andinas de Arxentina, Chile, Bolivia, Ecuador e Perú.Escalou máis de 100 montañas por enriba dos 5.000 metros e explorou montañas sagradas en Europa, Asia, Australia e as Américas. Subíu dúas veces con éxito á cima do Aconcagua (6.962 metros), a montaña máis alta do hemisferio occidental e fora do Himalaia.
Traballa como investigadora do CONICET (Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas) de Arxentina, é directora ad-honorem do Instituto de Investigacións de Alta Montaña da Universidade Católica de Salta e creadora da cátedra de Montañas Sagradas.
En 1999, na cima do volcán Llullaillaco (6.739 m) na provincia arxentina de Salta, que constitúe o sitio arqueolóxico máis alto en todo o mundo, xunto a un equipo da National Geographic, Johan Reinhard e Constanza Ceruti dirixiron as investigacións e participaron personalmente no descubremento das tres momias mellor preservadas da historia, produto da momificación por conxelación.
As tres momias chamadas "O Neno", "A nena do raio" e "A doncela" estaban acompañadas dun centenar de obxetos suntuarios, como utensilios, animais en miniatura e figuras humanas, de típico estilo Inca, a casi 7.000 m sobre o nivel do mar.Recibíu numerosos premios, entre eles o Premio Príncipe de Asturias (galardón compartido coutros catro exploradores científicos cando foi entregado a National Geographic na categoría Comunicación e Humanidades) no ano 2006.
Ou a Medalla de Ouro da International Society of Woman Geographers, recibida en 2017; que anteriormente recibiron Amelia Earhart e Jane Goodall, e o Cóndor Dorado do Exército Arxentino, máximo galardón á experiencia en alta montaña, nunca antes otorgado a unha muller.
Publicou varios libros, moitos deles vencellados á relación cultural mística dos pobos coas montañas, así como máis dun centenar de artículos científicos. Salientando as seguintes obras:
Máis información en Infobae, Wikipedia, Constanza, Ceruti, Montañas




.jpg)









