BARRA DE MENÚ

Mulleres INSTRUMENTISTAS

MULLERES QUE DAN A NOTA

No blogue do departamento de Coeducación do CEM (Conservatorio Elemental de Música) "La Palmera" de Sevilla veñen de publicar o calendario do ano 2022 que nesta ocasión as protagonistas son 12 mulleres instrumentistas -clarinetistas, flautistas, guitarristas, pianistas, violinistas e chelistas-.

Seguindo as propostas e recomendacións do profesorado de instrumento do conservatorio, este ano o calendario inclúe tres instrumentistas españolas en activo.

Dúas delas andaluzas, María Esther Guzmán (guitarra) e María Dueñas (violín) que é ben xovenciña! E a salmantina Clara Andrada (flauta)

Ao longo do curso, no conservatorio, irán coñecendo as súas biografías e escoitarán algunhas das súas interpretacións.



As instrumentistas do calendario, por orde cronolóxica, son as seguintes:

  1. Ana Amalia de Prusia (1723-1787)
  2. Teresa Carreño (1853-1917)
  3. Thea King (1925-2007)
  4. Renata Tarragó (1927-2005)
  5. Ida Haendel (1928-2020)
  6. Christine Walevska (1945-...)
  7. María Joâo Pires (1944-...)
  8. Sabina Meyer (1959-...)
  9. María Esther Guzmán (1967-...)
  10. Clara Andrada (1982-...) 
  11. Seung-Min Kang (1987-...)
  12. María Dueñas (2002-...)

Máis información en : Blogue, CEM

Clara GRIMA

Matemáticas con perspectiva de xénero

A matemática e divulgadora Clara Isabel Grima Ruiz (Sevilla, 26 de enero de 1971) é profesora da área de Matemática Aplicada da Universidade de Sevilla dende Novembro de 1995. A súa actividade está enfocada á Xeometría Computacional. 

Fai asequible as matemáticas a todos os públicos. Amosa interpretacións matemáticas en todos os feitos da vida cotidiana. Transmite o seu amor á ciencia e fomenta novas vocacións, especialmente nas nenas.  

Afirma Darlle perspectiva de xénero ás matemáticas é ensinar a resolver problemas para axudar á comunidade”.

Recibiu varios premios como o Premio Bitácoras ao Mellor Blog de Educación 2011, Premio COSCE á Difusión da Ciencia 2017 e o Premio ROMA: Universidade, Muller e Empresa 2019 na categoría Muller STEM.

Escribiu entre outros, os libros Hasta el infinito y más alláLas matemáticas vigilan tu salud e Que las matemáticas te acompañen; participa no podcast Los tres chanchitos; coorganiza Ciencia en Bulebar e Ciencia JotDown; colaborou en Órbita Laika, RNE, Canal Sur, Eldiario.es, La Sexta e é unha das ‘actrices’ da obra Científicas: pasado, presente e futuro.

Agora adica parte do seu tempo libre á divulgación no seu blogue "Mati e as súas mateaventuras", para nenas e nenos de 9 a 99 anos, consciente de que a todo o mundo lle gustan as matemáticas, só que algunhas persoas aínda non o saben; xunto á ilustradora Raquel García.

Máis información en Clara,  Magisnet, Mati, NaukasWikipedia

Lola VARELA SALGADO

A "NAI ESPIRITUAL" DESTE BLOGUE

"Mulleres na Historia e Historias de Mulleres" xurdiu do tempo libre da xubilación e froito da recompilación durante varios anos de historias de mulleres esquecidas ou aínda peor, borradas da Historia.

Pero este blogue non vería a luz, non sería público, sen o pulo e complicidade de Lola Varela Salgado. Por iso a recoñezo como a "nai espiritual" deste blogue. Graciñas, Lola!

Lola decidiu non ter fillas nin fillos, pero non fai falta ser nai biolóxica para ser nai. Lola é a nai verdadeira de moita xuventude, case que toda, que pasou polas súas aulas ou tivo contacto con ela. Imposible físicamente ter parido tanta descendencia!

Lola naceu un 18 de decembro de fai 67 anos, en Pontevedra, onde pasou os seus primeiros anos; logo estudou en Santiago e ben cedo marchou a Alicante como profesora de Literatura Española no instituto do seu admirado "Miguel Hernández". 

Tras varios anos en Madrid voltou a Galicia, primeiro á costa onde estivo exercendo como profe pero tamén en cargos de responsabilidade (Secretaria e Directora en varios centros educativos) e logo mudou o mar polo campo e trasladouse ao interior, a Vilar, no concello de Cerdedo.

Agora, despois dos seus últimos 6 anos de profesora e Directora do Colexio Español Melchor de Jovellanos en Alhucemas, desfruta da súa xubilación, media vida alí e a outra eiquí.

O labor de Lola é imparable. Periodicamente publica un artigo en NÓS Diario, tamén no blogue "educandoenigualdade" e cada día nos grupos de wasap e en facebook mantennos ao día nos temas de igualdade.

Porque si, Lola é experta en Coeducación e vive plenamente e incansablemente, o seu compromiso coa igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero.

Aínda que xa pertence ao "gremio" da xubilación, non deixa de formarse e participar en todos os eventos posibles.

De eiquí á Wikipedia!

Máis información en:

NósDiario, educandoenigualdade, facebook


bell hooks

Referente do feminismo interseccional

Gloria Jean Watkins, ese era o seu nome de pila, tomou prestado o da súa bisavoa materna (Bell Blair Hooks), quitoulle as letras en grande e converteuno no seu nome de guerra. 

Naceu en Kentucky en 1952 e ven de falecer o 15 de decembro de 2021. “Se un elexiu vivir conscentemente, entón elixir un lugar para morrer é tan vital como elixir onde e como vivir”, comentou no seu libro "Belonging", en "Kentucky é o meu destino"

bell hooks describiu unha vez ao feminismo como “un movemento para terminar co sexismo, a explotación sexista e a opresión”. Esta definición é citada frecuentemente por outras feministas.

En 2004, regresou a seu estado natal de Kentuchy para ensinar no Berea College, unha escola de artes liberais que non cobra matrícula ao seu estudantado. En 2014, fundou o bell hooks Institute, que alberga arte e artefactos da súa vida e obra.

"Debemos ter valentía para aprender do pasado e traballar por un futuro no que os principios feministas poidan rexir en todos os ámbitos públicos e privados das nosas vidas".

"Ser feminista de forma auténtica é querer que todas as persoas, mulleres e homes, se liberen dos roles sexistas de dominación e opresión". "Non podemos facer polos nenos e homes o que deben facer por eles mesmos".

“Só o amor pode curar as feridas do pasado. Nembargantes, a intensidade das nosas feridas a menudo conduce a un peche do corazón, o que nos imposibilita dar ou recibir o amor que se nos da”.

Escribiu máis de 40 obras onde reflicte as súas teorías e aportacións, que subliñan a necesidade de entrelazar a análise e a loita de xénero coa da raza e a clase. Defendía que os tres sistemas están unidos e retroalimentanse sendo necesario ter en conta e combater os tres para erradicar verdaderamente a opresión.

Os seus ensaios en español son: 
- Acaso no soy yo una mujer? (Consonni), inspirado no discurso co mesmo título da activista negra do século XIX Sojourner Truth.
- Teoría feminista: de los márgenes al centro (Traficantes de Sueños) 
- Enseñar a transgredir (Capitán Swing)
- Todo sobre el amor (Paidós). 
- El feminismo es para todo el mundo (Traficantes de Sueños)




Rebeca CES GARCÍA

Visibilizando DESEÑADORAS 

A profesora de Deseño Gráfico, Rebeca Ces García, elaborou esta listaxe de deseñadoras de hoxe en día e de páxinas relacionadas, para visibilizalas nas súas aulas, onde imparte as materias de Tipografía, Edición Editorial e Produción Gráfica, na EASD "Pablo Picaso" (Escola de Arte e Superior de Deseño), da Coruña. 

O seu perfil aparece en Linkedin, nesta ligazón.

A xustificación da necesidade de realizar esta acción radica en que na historia do deseño e, cando se fala do panorama profesional actual, hai pouca visibilidade do papel das mulleres nesta área.

Os seus obxectivos son que as alumnas e alumnos se mergullen nestas referencias coñecendo perfís de mulleres tipógrafas e así propiciar o coñecemento por parte do alumnado de referentes femininos nas diferentes áreas do deseño gráfico ao longo dos catro anos que dura a súa formación.


Na tipografía


Femme type

https://femme-type.com/

https://www.instagram.com/femmetype/


Rayitas azules: Mujeres en tipografía

https://www.rayitasazules.com/category/tipografia/mujeresen-tipografia/


Women in type

https://www.women-in-type.com/


Aphabettes

https://www.alphabettes.org/


How many female type designers do you know? Yulia Popova

http://yulia-popova.com/how-many-female-type-designersdo-you-know

https://www.onomatopee.net/exhibition/how-many-femaletype-designers-do-youknow/#

publication_13145


Fonts in Use: type designs by women

https://fontsinuse.com/sets/5247/type-designs-by-women



No Deseño Editorial


Irma Boom

http://irmaboom.nl/


Astrid Stravo

https://www.instagram.com/astridstavro/?hl=en


Julia Hasting

https://www.juliahasting.com/


Sara De Bondt

http://www.saradebondt.com/


Susana Carvalho

http://carvalho-bernau.com/


Elisa Van Deursen

http://www.mevisvandeursen.nl/


Sonia Dyakova

https://atelierdyakova.com/


Yulia Popova

http://yulia-popova.com/


Sonia Sánchez do estudio Sanchez-Lacasta

https://graffica.info/sanchez-lacasta-2/


Ena Cardenal de la Nuez

https://es.wikipedia.org/wiki/Ena_Cardenal_de_la_Nuez


Uqui Permuy

https://www.uqui.net/



No deseño gráfico


Diseñadoras gráficas

https://www.disenadorasgraficas.com/


Women of graphic design

https://womenofgraphicdesign.org/



Para reflexionar


Gráficas en negro

https://www.instagram.com/graficasennegro/


DAG. Pode o deseño axudar a erradicar as violencias de xénero?

https://dag.gal/gl/pode-o-deseno-axudar-a-erradicar-asviolencias-de-xenero/


Graffica ¿Porque hablar de mujer y diseño?

https://graffica.info/por-que-hablar-de-mujer-y-diseno/






Henrietta Swan LEAVITT

A ASTRÓNOMA "CALCULADORA" QUE ÍA SER NOMEADA PARA O PREMIO NOBEL

As calculadoras de Harvard
Esta astrónoma formaba parte das "calculadoras", un grupo de mulleres, as Computadoras de Harvard, que realizaban tarefas relativamente mecánicas, como examinar meticulosamente placas fotográficas ou facer tediosos cálculos (de aí a súa denominación) no Observatorio do Harvard College.

Henrietta Swan Leavitt naceu en Lancaster, Massachusetts, Estados Unidos, en 1868. Graduouse no antigo Radcliffe College en 1924. Faleceu en 1921, aos 53 anos.

Catro anos despois da súa morte, en 1925, o matemático sueco Gösta Mittag-Leffler, gran defensor das mulleres, escribiulle unha carta a Leavitt, a  súa intención era a de propoñerlla para ser nominada ao Premio Nobel polos seus traballos sobre as estrelas variables e os cálculos das distancias estelares.

Nembargantes, xa que os premios Nobel non poden ser entregados a título póstumo, nunca chegou a ser nominada. Pero eo astrónomo estadounidense Harlow Shapley, comunicoulle esta noticia á súa nai e ao seu irmán.

Silent Sky –Cielo silencioso–, é unha obra de teatro da dramaturga Lauren Gunderson que se centra na vida e no traballo da astrónoma.

A música e as matemáticas a levan a descobrir a relación entre o periodo e a luminosidade das estrelas de brillo variable –as cefeidas–, achega chave para medir distancias astronómicas.

O vídeo blog El diario secreto de Henrietta Leavitt creado pola unidade de divulgación do Instituto de Astrofísica de Andalucía está adicado á astrónoma.

Máis información en:  

AstronomíaDescoñecida DiarioMujeres con ciencia, Mujeres notablesXataka, Wikipedia