BARRA DE MENÚ

A HERAIA

OS XOGOS OLÍMPICOS FEMININOS

Nos Xogos Olímpicos masculinos as mulleres non podían competir nin tampouco asistir como espectadoras, mesmo aos homes facíanlles correr espidos para demostrar efectivamente a súa virilidade. Pero Pausanias, viaxeiro, xeógrafo e historiador grego do século ll, contemporáneo dos emperadores romanos Adriano, Antonino Pío e Marco Aurelio, relata no seu texto "Descrición de Grecia", a tradición da HERAIA, os considerados Xogos Olímpicos femininos da Antigua Grecia, que contiñan un carácter de ritual de iniciación prenupcial.

Segundo conta, os xogos Hereos eran concursos deportivos organizados en Argos e en Olimpia, instituidos por Hipodamía como acción de grazas a deusa Hera pola súa boda coPélope, e estaban reservados ás mulleres.

Peplo
Tamén sinala unha orixe histórica en torno ao 580 a C: o tirano de Pisa, Damofonte, causara moitos males aos habitantes de Élide polo que, á súa morte, para tratar de reparar os danos formouse un grupo de 16 mulleres (a máis vella, nobre e apreciada de cada unha das 16 cidades que había entón en Élide).

Estas mulleres estableceron as Heraeas para resataurar a paz, e cada catro anos tecían un peplo (túnica feminina) para Hera, realizaban danzas corales e instruían ás nenas e as mozas nos rituais de Olimpia.

As chamadas «dezaséis mulleres» os organizaban e consistían en carreiras de mozas, con tres categorías de idade, a pé. Corrían co pelo solto e as participantes, a diferencia dos homes, vestían todas unha túnica chamada quitón, que chegaba ata un pouco máis arriba dos xeonllos e deixaba ao descoberto a zoa do hombreiro dereito ata o peito. 

Os premios consistían en coroas de olivo, granadas (símbolo da fertilidade) e parte dunha vaca que fora previamente sacrificada a Hera.

As veces dedicábanselles estatuas ás vencedoras, co seu nome. Pero existen poucas referencias aos seus nomes. Parece ser que as espartanas vencían habitualmente, posiblemente porque o seu entrenamento as facía moi superiores ao resto.  Así, esta estatua que se atopa no Museo Británico, non se sabe se é de Cloris, a deusa grega dos xardíns, dunha bailarina ou dunha xogadora Heraea.

Se os Xogos de Hera comezaron a celebrarse dende o 580 a C, isto suporía o nacemento da primeira competición atlética feminina da que se ten noticia.

Aínda que se pensa que foran contemporáneos aos xogos olímpicos polas súas moitas similitudes e mesmo non descartan que poidan ser anteriores. Cabe destacar que a chama olímpica descansa no templo de Hera...

Máis información en: Heraia, NGWikipedia, Deporte, Xogos Hereos, Heraea, Olímpicas