BARRA DE MENÚ

Amosando publicacións coa etiqueta Antigüedade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Antigüedade. Amosar todas as publicacións

NEFERUSOBEK

A PRIMEIRA FARAONA

A exipcia foi a única cultura da Antigüedade que tivo a mulleres na cúspide do poder. Así Neferusobek, que foi a primeira en reinar en Exipto siglos antes que Hatshepsut, Nefertiti ou Cleopatra.

Neferusobek tivo predecesoras que non chegaron a coroarse de maneira individual. As fontes falan de Nitocris, posiblemente unha muller lexendaria, á que segue nesta línea feminina a histórica Merneit, que únicamente reinou en condición de rexente. 

A dinastía XII,  considerada como o momento de maior esplendor do Imperio Medio de Egixto (2050-1750 a C), tivo serios problemas coa sucesión da realeza. 

Amenemhat IV, casado coa súa irmanastra, Neferusobek, sucedeu no trono ao seu pai Amenemhat III, pero posiblemente pola grande endogamia, non tiveron descendencia masculina. Entón ela proclamouse reina por ser filla do rei e porque non había ningún home da realeza para ocupalo.

Nas súas representacións destacase a súa condición feminina, que combina cos atributos reais tradicionais; esa condición tamén se explicita na súa titulatura real, que asume completa.

Pero só foi unha situación temporal. Neferusobek foi a última gobernante da súa dinastía e a do período coñecido como Imperio Medio de Exipto. A invasión dos hicsos dividiu o país con dinastías simultáneas no que se coñece como o Segundo Período Intermedio.

Neferusobek converteuse na muller máis poderosa do mundo durante un reinado de catro anos que se extendeu entre 1790 e 1786 a C. Centrou a súa administración en manter a estabilidade interna e na continuidade das institucións estatais.

Parece ser que Neferusobek ordenó construir algunhas edificacións no complexo funerario de Amenemhat III, en Hawara (chamado o Labirinto por Heródoto). Probablemente foi enterrada na pirámide de Mazghuna, preto do seu irmane, pero a súa tumba aínda non se atopou.

Máis información en Neferusobek, Dinastía XII, Faraona, Raíña.




TAUSERT

A DERRADEIRA RAÍÑA DO IMPERIO NOVO EXIPCIO

Sitra-Meryamón Tauseret-Merenmut, Tausert ou Tuoris, chamada Tausert Merenmut, que significa A poderosa, amada de Mut, foi coroada co nome Sitre Meritamon, filla de Ra, amada de Amón.

O reinado de Tausert no Antiguo Exipto, foi o último antes do declive do Imperio Novo e ela foi unha figura clave na política e o final da dinastía XIX. Tausert reinou do 1188 ao 1186 a C. 

Aínda que Tausert non era filla de reis descendía dun dos múltiples fillos de  Ramsés II e foi a Gran Esposa Real de Seti II, un faraón pertencente á dinastía XIX. Cando el morreu Tausert tivo que exercer a rexencia porque o novo faraón Siptah era moi pequeno. Ela asumiu este papel con determinación, ata o punto de consolidar a súa influencia na corte e afianzar a súa posición política.

A sucesión de Seti II provocara disputas na corte e Tausert establecer alianzas estratéxicas que lle permitiron non só actuar como rexente, durante seis anos, senón tamén autoproclamarse faraona trala morte de Siptah. Converteuse así nunha das poucas mulleres na historia de Exipto en ostentar o título de faraona con plenos poderes.

Pode considerarse que Tausert foi un exemplo do "acantilado de cristal", concepto acuñado por Michelle Ryan que fai referencia a sobrerrepresentación de mulleres en posicións de responsabilidade en situacións de crise ou en circunstancias moi desfavorables, xa que así teñen moitas probabilidades de fracasar confirmando a creencia de as mulleres non están capacitadas para ocupar eses postos.

Parece ser que a súa morte derivou dos conflictos internos ou que foi derrocada por Setnajt, o fundador da dinastía XX. A súa desaparición marcou o fin definitivo da dinastía XIX e o cometo ducha nova etapa na historia egipcia.

Aínda que a súa memoria foi en gran parte suprimida polos seus sucesores, a súa tumba no Val dos Reis evidencia a súa importancia  e a súa intención de consolidarse como un faraón de pleno dereito. A súa momia podría ser a da muller descoñecida D achada na tumba de Amenhotep II (KV35).

A pesar da curta duración do seu goberno, foi unha soberana que intentou manter a unidade do Exipto tardío nun periodo de crise. Algúns historiadores mantienen que no seu reinado aconteceu a Guerra de Troia. 

Máis información en Faraona, Wikipedia, Tausert, NG, Vídeo, Exipto


DIDO

A RAÍÑA XEÓMETRA

Elisa de Tiro (século IX aC) máis coñecida como Dido, foi a fundadora e a primeira raíña de Cartago. Era filla de Matán I, o rei de Tiro e irmá de Pigmalión e de Ana. Casa, obrigada polo seu irmán, con Siqueo, sacerdote do templo de Melkart e home moi rico, para que lle roubara as súas riquezas escondidas.

Dido négase a darlle a fortuna e entón Pigmalión asasina a Siqueo. Elisa fuxe con Ana, chegando a costa de África, á zoa pertencente á tribu dos getulos. Jarbas, o seu rei, cédelle un trozo de terra para fundar unha cidade pero só lle concede "tanta terra como poida abarcar cunha pel de boi", pensando que ela rexeitaría esa idea.

Pero Elisa fai cortar en tiras moi finas a pel de toro e así consigue acotar un extenso perímetro. Foi coronada raíña e os seus súbditos comezan a chamarlle Dido. Desta maneira atopou, entre todas as curvas simples posibles a que engloba a maior área, formando unha circunferencia de entre 1 e 3 kms, cunha superficie de entre 10 e 25 hectáreas. 

O físico e matemático william Thomson, Lord Kelvin (1824-1907) describiu en 1893 este problema isoperimétrico, pero foi Dido a primeira en resolvelo.

O poeta romano Virxilio contou a súa historia na Eneida: 
"Vanse pola mar as riquezas do avaro Pigmalión; 
unha muller dirixe a empresa.
Chegaron a estes lugares, onde agora vedes enormes murallas
e nace o alcazar dunha xove Carthago,
e compraron o solo, que por isto chamaron Birsa, 
canto poideron rodear cunha pel de toro…"

  

Birsa era unha fortaleza que máis tarde converteuse na cidade de Cartago, e ela foi a súa soberana. Alí chega Eneas fuxindo de Troia, e solicita hospitalidade a Dido. A súa nai, Venus, envía a Cupido para que Dido namore e case con el. Aínda que se resiste, instigada pola súa irmá Ana, durante unha tormenta ambos xacen xuntos nunha cova. 

Cando Eneas ten que marchar cara a Roma, Dido cravase un puñal ao sentirse abandoada. Isto será a orixe das guerras púnicas e Aníbal será o vengador de Dido.

Isabel Barceló Chico conta as aventuras de Dido e Eneas en Cartago no seu libro "Dido, reina de Cartago". Tamén lembra outras mulleres no seu blogue Mujeres de Roma.

O compositor inglés Henry Purcell narrou esta traxedia na súa ópera Dido e Eneas. Pódese ver e escoitar un fragmento nesta ligazón. 

Máis información en: Mujeresconciencia, Wikipedia, Ojosdepapel, Dido, Mujeresenlahistoria, Lasnubes, Almacendeclásicas, Mitos.


A HERAIA

OS XOGOS OLÍMPICOS FEMININOS

Nos Xogos Olímpicos masculinos as mulleres non podían competir nin tampouco asistir como espectadoras, mesmo aos homes facíanlles correr espidos para demostrar efectivamente a súa virilidade. Pero Pausanias, viaxeiro, xeógrafo e historiador grego do século ll, contemporáneo dos emperadores romanos Adriano, Antonino Pío e Marco Aurelio, relata no seu texto "Descrición de Grecia", a tradición da HERAIA, os considerados Xogos Olímpicos femininos da Antigua Grecia, que contiñan un carácter de ritual de iniciación prenupcial.

Segundo conta, os xogos Hereos eran concursos deportivos organizados en Argos e en Olimpia, instituidos por Hipodamía como acción de grazas a deusa Hera pola súa boda con Pélope, e estaban reservados ás mulleres.

Peplo
Tamén sinala unha orixe histórica en torno ao 580 a C: o tirano de Pisa, Damofonte, causara moitos males aos habitantes de Élide polo que, á súa morte, para tratar de reparar os danos formouse un grupo de 16 mulleres (a máis vella, nobre e apreciada de cada unha das 16 cidades que había entón en Élide).

Estas mulleres estableceron as Heraeas para resataurar a paz, e cada catro anos tecían un peplo (túnica feminina) para Hera, realizaban danzas corales e instruían ás nenas e as mozas nos rituais de Olimpia.

As chamadas «dezaséis mulleres» os organizaban e consistían en carreiras de mozas, con tres categorías de idade, a pé. Corrían co pelo solto e as participantes, a diferencia dos homes, vestían todas unha túnica chamada quitón, que chegaba ata un pouco máis arriba dos xeonllos e deixaba ao descoberto a zoa do hombreiro dereito ata o peito. 

Os premios consistían en coroas de olivo, granadas (símbolo da fertilidade) e parte dunha vaca que fora previamente sacrificada a Hera.

As veces dedicábanselles estatuas ás vencedoras, co seu nome. Pero existen poucas referencias aos seus nomes. Parece ser que as espartanas vencían habitualmente, posiblemente porque o seu entrenamento as facía moi superiores ao resto.  Así, esta estatua que se atopa no Museo Británico, non se sabe se é de Cloris, a deusa grega dos xardíns, dunha bailarina ou dunha xogadora Heraea.

Se os Xogos de Hera comezaron a celebrarse dende o 580 a C, isto suporía o nacemento da primeira competición atlética feminina da que se ten noticia.

Aínda que se pensa que foran contemporáneos aos xogos olímpicos polas súas moitas similitudes e mesmo non descartan que poidan ser anteriores. Cabe destacar que a chama olímpica descansa no templo de Hera...

Máis información en: Heraia, NG, Wikipedia, Deporte, Xogos Hereos, Heraea, Olímpicas



CINISCA de Esparta

PRIMEIRA GAÑADORA DOS XOGOS OLÍMPICOS

Cynisca ou Kyniska era unha rica princesa espartana. É famosa por ser a primeira muller en gañar nos Xogos Olímpicos, competindo no deporte das carreiras de carros. Cynisca entrou por primeira vez nos Xogos Olímpicos no 396 aC, onde gañou o primeiro premio competindo cun equipo de cabalos que ela mesma adestrara. E novamente no 392 aC.

Naceu arredor do ano 440 aC, era filla do rei Arquídamo II e da raíña Eupoleia, e irmá de Axesilao, que tamén foi rei á morte do seu pai, en Esparta, cidade onde se valoraba a función da muller para parir cidadáns sáns. Foi criada como unha atleta, segundo a usanza espartana, sabía ler e escribir e tiña nocións matemáticas para poder administrar as súas propiedades. Non se sabe nada máis dela ata que se converteu na primeira muller do mundo antigo en participar e gañar nas Olimpíadas…

Entre os diferentes deportes que se practicaban na antiga Grecia, era moi popular a carreira de cuádrigas, carros lixeiros tirados por catro cabalos e conducidos por un home chamado auriga.

As mulleres non tiñan permitido participar como aurigas, pero si como propietarias de cabalos. Nestas probas, o vencedor non era o auriga senón o propietario, polo que unha muller con bos recursos económicos, que fora dona dunha cuadra e cuxos cabalos gañaran a competición podía ver o seu nome inscrito na lista de gañadores. 

A maioría das mulleres do antigo mundo grego mantíñanse ailladas e tiñan prohibido aprender calquer tipo de deporte, a montar a cabalo ou a cazar, mais as mulleres espartanas eran en cambio educadas dende a súa infancia para sobresaír nestas cousas e para desdeñar as tarefas do fogar.

A historia de Cinisca de Esparta coñecese grazas a que como premio, fíxose dela unha estatua de bronce no santuario do Templo de Zeus en Olimpia, cunha inscripción na cal declara que foi a única muller que gañou a coroa de flores nas carreiras de carros dos Xogos Olímpicos.

Reis de Esparta son o meu pai e meu irmán.
Cinisca, vencedora cun carro de veloces corceis,
erixo esta estatua. E me declaro como a única muller
de toda Grecia que gañou esta coroa.

Outras mulleres que tamén venceron nesta proba foron Eurileónide de Esparta, no ano 368 aC, Belistica de Macedonia, en 268 e 264 aC, e as irmás Timareta e Teódota de Élide no 84 aC, entre outras. E a familia real de Exipto, os ptolomeos, tendría varias campeonas na súa descendencia, como Berenice I, Arsínoe, a súa filla, e a súa neta Berenice Sira.

Máis información en: Ciniska, Esparta, Wikipedia, Vídeo, Origins



Enheduanna

A primeira escritora coñecida da historia

A forma máis antiga coñecida de escritura chámase cuneiforme. Utilizada por primeira vez fai máis de 5.000 anos, parece que é anterior aos xeroglíficos exipcios.

Varias sociedades que vivían en Mesopotamia usaron o cuneiforme como o seu sistema de escritura, incluidos os sumerios e os acadios.

Prensadas sobre arcilla, as tabletas cuneiformes son increíblemente duradeiras, son literalmente ignífugas, pero durante miles de anos, ninguén podía traducilas. Despois de moito ensaio e erro, a escritura cuneiforme finalmente foi descifrada no século XIX. 

O disco de Enheduanna foi descuberto polo arqueólogo británico Charles Leonard Woolley e o seu equipo de excavación en 1927. Ao descifralo atopouse que a primeira obra literaria coñecida en toda a historia rexistrada foi escrita por unha muller, a poetisa acadia Enheduanna (2285–2250 aC).

Non era fácil ser muller en Mesopotamia, pero as mulleres de familias ricas eran tratadas bastante ben. Así foi o caso de Enheduana que era filla de reis, do rei Sargón de Acadia e da raíña Tashlultum. Tivo varios irmáns: Rimush, Manishutusu, Shu-Enlil. Tamén foi tía do rei acadio Naram-Sin. O caso de Enheduanna amosa que as mulleres podrían alcanzar posicións extremadamente altas e importantes na relixión mesopotámica.

Así, ela ostentou o importante cargo político-relixioso de «Suma Sacerdotisa» no templo do deus Nannar (a Luna). E escribiu varias obras relixiosas que daban loubanzas ás deusas da lúa e o amor. 

A poesía de Enheduanna contén elementos autobiográficos, como descripcións da súa loita contra un usurpador do seu cargo, Lugalanne.

É considerada a autora máis antiga coñecida e unha das primeiras mulleres na historia cuxo nome se conserva.

Enheduanna foi sen dúbida unha adelantada ao seu tempo e unha das personalidades máis fascinantes do mundo antigo. Ela mesma debía de ser consciente dilo, pois non en vano escribiu ao comezo dos seus himnos: "Meu rei, veño de crear algo que ninguén creara antes".

Enheduanna escribiu moitas obras literarias, entre elas dous himnos dedicados a Inanna, a deusa mesopotámica do amor. O labor celestial de Enheduana reflíctese no seu nome, que significa “ornamento do ceo”.

Tamén se lle adxudica a autoría do mito de Inanna e Enki, unha colección de 42 himnos.

Polo tanto, o primeiro autor coñecido dunha obra de arte era poeta, muller, aristócrata e alto cargo do seu goberno.

Más información:  blog.rtve, bbc, descubrir, entre nosotras, secretos, vídeo, wikipedia



EXERIA

A PRIMEIRA VIAXEIRA


Exeria 
 foi unha viaxeira e escritora hispanorromana do século IV. Parece que naceu na provincia romana de Gallaecia.        
Peregrinou a Terra Santa e narrou as súas aventuras nas cartas que dirixía ás súas amigas, entre 381 e 384.
Este relato de viaxes é o máis antigo do que se ten noticia en España e escrito por unha muller, e galega; está redactado en latín vulgar e é coñecido como o "Itinerarium ad Loca Sancta".
A súa guía de viaxe era unha Biblia e pernoctaba nos monasterios.
A pelegrinaxe durou tres anos e visitou Oriente Próximo saíndo de Galiza, percorrendo Francia, atrevesando o norte de Italia e cruzando en barco o mar Adriático; continuou a súa viaxe ata Constantinopla e finalizou o periplo entre Xerusalén e Alexandría.

Outras pelegrinas da época foron Melania, tamén hispana, Paula e Silvia de Aquitania.

Itinerarium ad Loca Sancta
Máis información en:
Aprende coas mulleres galegas: Galegas
Mujeres en la Historia: Pioneira
Wikipedia: Exeria
Traveler: Viaxeira
A túnica de Neso: Itinerarium 
Cultura Cervantes: Escritora
No me cuentes cuentos: Podcast
El español: Cronista




ASPASIA DE MILETO

A "BELA BENVIDA"



Aspasia, a bela benvida, naceu en Mileto alá polo 470 aC. Cuns 20 anos parteu a Atenas onde fundou unha escola de filosofía e declamación para xente xoven. Tanto foi o seu prestixio que Pericles quixo coñecela. E tanto lle namorou que viviron xuntos ata a súa morte.
Aspasia era unha artista da retórica, tanto no aspecto logográfico como no pedagóxico, que se rodeou dos máis ilustres e recoñecidos intelectuais da súa época, contribuindo de forma activa ao florecimento da vida cultural en Atenas 
Tamén salientar a súa faceta de científica e médica. A obstetricia, a ginecología e a cirurxía foron os seus ámbitos de actuación e de investigación. Foi quen de detectar e previr embarazos de risco e desenvolveu remedios naturais para o post-parto.
Tivo un papel relevante no nacemento do movemento de emancipación feminina, conseguindo que por primeira vez se tivera en conta ás mulleres na vida pública da cidade.
Retirouse ao campo deixando de lado a vida pública e fundou unha Academia de Elocuencia e Arte Amatoria onde as xóvenes ían aprender a carreira de hetaira, sendo unha das súas mellores discípulas Lais de Corintio.
Parece que morreu no ano 400 aC.


Aspasia cos filósofos gregos - Corneille, 1672
Para saber máis:
Freedamedia: Pericles
Wikipedia: Aspasia
Nueva tribuna: Hetaira
La mente es maravillosa: Mente
Mujeres Riot: Grecia
Filósofas antiguas: Las dos Aspasias



ACNÓDICE_Mulleres da Antigüedade

ACNÓDICE, primeira xinecóloga

Hagnodiké foi a primeira muller médica e xinecóloga ateniense. Naceu en Atenas hacia o ano 300 a C. O seu nome en grego significa “casta ante a lei". No século IV a C, as mulleres non podían exercer no campo da medicina. Por este motivo, Agnódice tivo que facerse pasar por un home para poder cursar medicina a máns do coñecido Herófilo, que daba clases de obstetricia e xinecoloxía. Foi unha alumna brillante que destacou nos seus exames e logrou chegar a ser xinecóloga sendo, a ollos alleos, un home. 

Grazas a súa eficacia era recoñecida entre as mulleres atenienses, feito que provocou o recelo do resto de médicos que acusaron a Agnódice de seducir ás súas pacientes e levárona ao Areópago (Monte que se sitúa ao oeste da Acrópolis). 

Ela soamente confesara o seu segredo a aquelas mulleres que atendía médicamente,o que proporcionou confianza nas súas relacións profesionais e incrementou o xénero feminino nas súas visitas. 

Foi xulgada por corromper ás esposas dos homes, tras isto Agnódice tivo que revelar a súa verdadeira identidade, recoñeceu públicamente que era unha muller. 

Isto fixo que a condenaran a pena de morte, neste momento todas as mulleres para defendela ameazaron con morrer xunto a ela se cumplíase a execución. 

Grazas a elas, Agnódice foi liberada e se lle permitiu seguir exercendo no campo da medicina. E aínda máis, un ano despois se modificou a lei para permitir que calquera muller poidera estudar e exercer a medicina e tiveran unha remuneración polos seus servizos.

No mundo grego antes de Agnodice, as mulleres podían encargarse do coidado de persoas enfermas e tratar de investigar o funcionamento do corpo e as causas das enfermidades. Tamén se lles permitía ser parteras e axudar no alumbramento pero non podían exercer a medicina.

O xuizo de Agnódice provocou o cambio nas leis atenienses permitindo ás mulleres estudar medicina. A historia de Agnódice tamén foi utilizada ao longo do século XVII polas parteras para defenderse das profesións dominadas polos homes que querían incorporar o estudo da medicina no parto.

Como en tantas otras ocasións hai que buscar nos textos clásicos para atopar algunha referencia sobre a súa figura aínda que neste caso só se dispón do que explica Higinio e pouco máis. 

Naceu e morreu en Atenas e a súa familia pertenencía á alta sociedade. Seu pai, cidadán ateniense, consentiu que a súa filla se trasladara a Alexandría para aprender de Herófilo, un dos máis grandes médicos de aqueles tempos, pero para poder facelo debía esconder a súa condición de muller pois as leis de Atenas prohibían que calquera muller estudara Medicina.

Parece ser que na escola de Herófilo tampouco permitían o acceso ás mulleres pero non así noutras escolas filosóficas e científicas como no caso das pitagóricas ou as discípulas de Platón, Laeste e Axiota.

Agnódice cortou o pelo, vestiuse como un home vendouse os peitos para que non se lle notaran, aprendendo como un home e destacando rápidamente por enriba de todos eles. Así aprendeu a súa arte.

Cando regresou a súa Atenas natal comezou a exercer -sempre como home-. Moitas mulleres da cidade rexeitaban ser atendidas por un home cando tiñan un problema xinecolóxico, tanto era así que preferían morrer e perder ao bebé no parto antes que ser vistas. En aqueles tempos, calquera podía exercer de médico e non era necesario ter estudos así que pouco tempo despois de comezar a exercer Agnócide, comenzou a destacar.

Un día, mentras regresaba a súa casa, viu unha muller en medio da rúa que se puña de parto. Aproximouse para atendela e ao percatarse a muller que un médico dispoñíase a examinala negouse sen dubidalo. Agnócide, nun susurro, reveloullr que era unha muller como ela. A parturenta, recelosa ao principio, permitiu que lle axudara. 

O parto saiu perfecto e a muller en agradecemento recomendou ás súas amigas que se deixaran atender por ela pero iso si, sen revelar o seu segreto. 

A súa clientela aumentou ante a envexa dos seus colegas que para desprestixiala fixeron correr o falso rumor de que violou a dúas pacientes. Ante tal acusación se lle denunciou no Aerópago e foi levada ante os arcontes e maxistrados.

Os feitos eran considerados tan graves que podía ser condeada a morte. Agnócide, para demostrar a súa inocencia espiouse diante de eles amosando que se lle acusaba inxustamente por ser unha muller. Non había ningunha dúbida, o era, retirándose os cargos ao instante aínda que agora sería acusada de algo peor: exercer a medicina sendo unha muller. 

Entón ocurriu algo imprevisto. As mulleeres de Atenas que foran atendidas por Agnócide comezaron a movilizarse na súa defensa. As casadas cos responsables do xuizo presionaron aos seus maridos para que se le absolvera. Outras decidiron non ter relacións sexuais para así non ter fillos e librarse de parir. Dicían:

“Se ela non pode achegarse aos nosos corpos enfermos, tampouco o faredes vós aos nosos corpos sans”.

Mesmo algunhas se reuniron ante o templo dicindo que se era executada, tamén elas querían sufrir a súa pena. A presión produciu efecto e acabaron absolvéndoa, permitindo que exercese a medicina como muller.

Un ano despois, o consello ateniense derrogou a lei autorizando a todas as mulleres que quixesen, estudar e practicar a medicina, pero cunha condición: debían ocuparse só das mulleres. As comadronas atenderían os partos que non revestisen complicacións pero se xurdían problemas deberían chamar ao médico.

Mito ou real, na Escola de Medicina de París se atopa unha medalla que lembra a esa muller que quixo exercer a xinecoloxía. Unha muller de nome, Agnódice, a “casta ante a lei”. Certo ou falso, o importante é o relato en si, unha lenda que persistiu durante máis de 2.000 anos e que dá sentido a algo que non se conseguiu ata hai moi poucos anos: o acceso legal das mulleres a unha profesión.

En Wikipedia: Hagnodikè
Pódese escoitar a histoira nesta ligazón da cadena ser.

Para nenas e nenos esta versión infantil de Acnódice.