BARRA DE MENÚ

Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións

Alice GUY

A PIONEIRA DO CINE  

O 1 de xullo de 1873 naceu en Saint-Mandé (Francia) Alice Ida Antoinette Guy, que pasou a súa infancia entre Francia, Chile e Suiza; estudou secretariado e obtivo o posto de secretaria na Compañía Xeral de Fotografía de max Richard.

A súa primeira película, Fée aux Choux, realizouna en 1896 coa cámara Demeny-Gaumont, combinando imaxes en movemento e a arte teatral. En 1901 fixo unha nova versión titulada Sage-femme de première classe.

Alice Guy foi pioneira nos efectos especiais e a ciencia ficción fílmica, imitando os avances de Georges Méliès e contribuíndo ás bases do que posteriormente foi considerada ficción cinematográfica.

Despois de dez anos facendo cine en Francia, xa non atopou alí financiamento para rodar. Entón marchou aos Estados Unidos co seu home, Herbert Blaché, percorrendo xuntos durante dous anos o país para promover Chronophone Demeny-Gaumont, en espera da apertura dunha sucursal Gaumont en Flushing (Nova Iorke), que dirixiu Herbert. 

Alice utilizou os estudos Gaumont para as súas realizacións, e en 1910 fundou a súa propia compañía de producción cinematográfica, Solax Company. Tamén dirixiu Film Supply Company.

Fixo películas de diversos xéneros (western, drama, espionaxe, fantasía, policíaco, ...) con actores e actrices estrelas da época do cine mudo: Darwin Karr, Blanche Cornwall, Lee Beggs, Billy Quirk. Tivo certo éxito, o que lle permitiu invertir e crear un estudo en Fort Lee (Nova Jersey), que se converteu na década de 1910 nun lugar importante no mundo do cine. A Metro Goldwyn Mayer distribuiu as súas realizacións ata 1918. 

En 1905, Alice rodaría en España "Voyage en Espagne" ou "A malagueña e o toureiro", película que foi coloreada posteriormente a mán, e cuxa copia restaurada pode verse actualmente na Filmoteca Nacional de Madrid. 

A súa seguinte película foi "A paixón ou a vida de Cristo", a que podería considerarse como a primeira superproducción da historia, cunha duración de trinta minutos e para a que se usaron vintecinco decorados e máis de trescentos extras, algo excepcional para a época.

A aportación ao mundo da séptima arte de Alice Guy Blaché foi infravalorada e invisibilizada polo mero feito de ser muller. Aínda que era prácticamente unha descoñecida, en realidade Alice Guy foi unha directora revolucionaria que aportou moitas novidades nas súas películas, chegando a producir máis de mil cintas.

A primeira persoa en dirixir unha película onde todos os protagonistas eran negros, en 1912, chamada Un tonto e o seu diñeiro, foi ela. Tivo un papel importantísimo na produción das primeiras películas sonoras. Foi propietaria e directora do seu propio estudo de cine, de feito, é  ata hoxe a única muller que dirixiu o seu propio estudo.

En 1953, a Alice Guy concederónlle a Lexión de Honor, a maior distinción que otorga o goberno francés. Algúns anos máis tarde, en 1957, recibiría un homenaxe por parte da Cinemateca francesa por ser a primeira directora de cine da historia.

Viviu en Estados Unidos ata a súa morte, acaecida o 24 de marzo de 1968.

Máis información en Wikipedia, HNG, Guy, Stop, Alice


Pepa FLORES

A MULLER "OCULTA" EN MARISOL

Josefa Flores González, máis coñecida como Marisol, nada en Málaga o 4 de febreiro de 1948, é unha cantante e actriz andaluza. Acadou unha gran cota de popularidade durante o franquismo polos seus papeis en filmes como Un rayo de luz, Ha llegado un ángel, Tómbola ou Solos los dos.

Co tempo, tranformase en Pepa Flores. Vende os premios de ouro que lle otorgaran nas festas do Caudillo en La Granja, para apoiar á ezquerda española da época. Implicase no comunismo e casa con Antonio Gades na Habana, con quen tivo tres fillas. 

Comeza a facer outro cine, máis politizado, e outra canción, con letras de Aute ou Serrat, abordando temas como a violación, o lesbianismo e a prostitución no disco "Galería de perpetuas, sus Canciones para mujeres".

En 1975, participou na primeira folga de actores e actrices españolzs que reivindicaba a reducción da xornada laboral para os intérpretes teatrais. Un ano despois posou desnuda, sen o seu  consentemento, para a revista Interviú, rompendo definitivamente co seu pasado de estrela infantil.

Nunha conversa que a actriz e cantante mantivo co periodista Francisco Umbral con motivo dunha biografía da artista que non saliu a luz, ela confesa haber sufrido tanto abusos físicos como sexuais dende que era pequena.

Con 38 anos retirase da vida pública e non regresou nunca máis, nin cando lle otrogaron o Premio Goya de Honor entregado en 2021 e recollido polas súas fillas.

"Ahora solo soy una ciudadana de a pie, que es lo que quiero y como mejor me siento", di ela.

Actualmente Pepa Flores protagoniza a exposición "Marisol: el resplandor de un mito", do fotógrafo César Lucas, que pode verse na Sala de Exposicións da Academia de Cine, ata o 29 de xullo de 2022.


Máis información en: Público, Diario.es, Marisol, Wikipedia, ElPaís, CadenaSer, Biografía, LaVanguardia, LaVozdeGalicia