BARRA DE MENÚ

Alice MILLIAT

PIONEIRA DO OLIMPISMO FEMININO

Alice Milliat (Nantes, 1884-Paris, 1957) foi unha pioneira do deporte feminino en Francia e en todo o mundo. Estudou para mestra, foi tradutora de profesión (falaba 7 idiomas), participou no deporte do remo ​e foi nadadora e xogadora de hockey. 

En 1915 foi a primeira presidenta do clube deportivo feminino francés "Fémina Sport"; organizou a primeira carreira campo a través para mulleres e tamén competicións futbolísticas. Ela mesma bateu récords deportivos: primeira muller en percorrer remando 80 kilómetros no Sena en menos de 12 horas. 

Loitou pola igualdade entre mulleres e homes no ámbito deportivo, desafiando ao COI para que as mulleres poideran participar nos Xogos Olímpicos. Enfrentouse a Pierre de Coubertin e en 1922 creou os Xogos Olímpicos Femininos, encontro deportivo que se replicou cada catro anos ata 1934

Fundou diferentes organizacións para promocionar o deporte feminino e organizou varios certámenes deportivos exclusivos para mulleres (Federación Francesa de Deportes Femeninos, Federación Internacional Deportiva Feminina, coa que impulsou os Xogos Mundiais Femininos).

A súa presión a favor das atletas obligou a incluir eventos femininos nos Xogos Olímpicos. Así, en 1928 as atletas foron admitidas nos Xogos de Ámsterdam en catro probas atléticas. E ela converteuse na primeira muller nun xurado olímpico, tendo un poder de decisión que deu un xiro á historia olímpica. 

En 2016, en París, creouse a Fundación "Alice Milliat"primeira fundación europea para impulsar o deporte feminino, que tamén forma parte do programa Erasmus+Sport. 

Máis información en: AmecoPress, BacanasDiario.esMulleres olímpicasEl País, Wikipedia