BARRA DE MENÚ

Amosando publicacións coa etiqueta Mestras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mestras. Amosar todas as publicacións

Antía CAL

MESTRA E PEDAGOGA GALEGA


Co motivo da homenaxe que se lle rendeu en Muras en 2015, o Observatorio da Mariña pola Igualdade editou esta UD e Guía sobre a mestra e pedagoga Antía Cal.

Antía Cal naceu na Habana, filla da emigración en Cuba, o 18 de abril de 1923, e ven de falecer o 30 de marzo do 2022, case con 99 anos.

Regresou a Muras con 9 anos. Logo se fai mestra, sendo unha das primeiras universitarias de Galiza. Casa con Antón Beiras, ten catro fillos e fillas e falaban galego na casa.

Funda a Escola Rosalía de Castro en Vigo que destacaba pola educación en valores e con valores: espirituais, intelectuais e económicos. A educación dábase nun ambiente galegofalante e respectuoso coa identidade e a historia de Galiza. A ensinanza era bilingüe (español-inglés). Destacaba o seu sistema pedagógico de vanguardia, que máis que a memorizar ensinaba a pensar, a ter criterio propio.

En 2012 recibe o Premio Trasalba otorgado pola Fundación Otero Pedrayo e en 2015 foi distinguida co Premio de Igualdade "Ernestina Otero", premio honorífico otorgado polo Consello Municipal da Muller de Vigo.

Educando iguais 


En 2017 a editorial Laiovento publica o libro "O arte e a súa historia":

Estas cuartillas mecanografadas apareceron nunha caixa de zapatos na primavera de 2017, sesenta e dous anos despois de seren escritas.

Conforman un libro que non naceu para ser publicado, senón para que o lesen os fillos dos autores: así de sinxelo. 

Nelas coméntase a recente morte de Einstein (abril de 1955), polo que deben ser do segundo lustro dos anos 50. 

Por algunha razón desapareceron nunha das mudanzas dos autores e os seus catro fillos e foron estes quen as atoparon agora.

Nesta ligazón accédese ao seu libro Sementar no futuro, Premio Trasalba 2012: Sementar.

Tamén se pode ver a intervención de Antía Cal cando lle fixeron unha homenaxe na EUEE, Escola de Empresariais de Vigo en 2017




Máis información en Antía Cal, en Mestra, en Praza, en Wikipedia e nun artigo sobre o documental "A palabra xusta" aquí. Comentan o seu pasamento en Faro, Pedagoga e en NósDiario.





Maestra Justa FREIRE

A RÚA DESNOMEADA

O Tribunal Superior de Justicia de Madrid (TSJM) acordou o 13 de maio de 2021, manter o nome da rúa "General Millán Astray", no distrito madrileño de Latina, que foi cambiado por rúa "Maestra Justa Freire" polo Ayuntamiento de Madrid, a proposta do Comisionado de la Memoria Histórica, baixo a Alcaldía de Manuela Carmena.

Justa Freire Méndez naceu en Moraleja del Vino, Zamora, o 4 de abril de 1896 e faleceu en Madrid o 15 de xullo de 1965. Madrid foi o lugar que veu crecer a esta mestra forxada na II República como unha das pedagogas máis innovadoras das primeiras décadas do século XX.

En "Justa Freire o la pasión de educar", Mª del Mar del Pozo relata a súa biográfa : 

"Durante a Segunda República foi directora do Grupo escolar ‘Alfredo Calderón’ de la Ciudad Jardín, vivindo, xunto a outro puñado de mulleres, a experiencia de ser as primeiras profesionais que dirixiron a docentes varones. Moitas de elas pagaron ben cara a súa osadía.

Despois dunha guerra, un xuizo e un encerro na cárcel de Ventas, acabou no Colexio Británico, formando a moitos aristócratas e a varios retoños dos xerarcas do franquismo. Arrebatáronlle todo e foi capaz de reinventarse a si mesma, porque nunca ninguén lle poido roubar a súa alma apaixonada".

Pódese definir como “unha mestra que só quería ser mestra”, a súa vida, as súas ideas, a súa obra, foron un reflexo destas palabras. 

Renovadora educativa e cunha vocación que levou ata os momentos máis duros, cando ensinou a ler, cantar e escribir ás presas da cárcel de Ventas na que estivo recluida durante a guerra civil.

Obtivo unha praza de mestra en1921 no vanguardista e innovador Grupo escolar "Cervantes" de Madrid, centro vinculado á Institución Libre de Ensinanza, onde educou aos fillos dos obreiros de Cuatro Caminos, entre eles ao futuro líder comunista Santiago Carrillo.

Alí tamén Justa Freire encargouse, entre outras cosas, da formación dos maestros. Ela mesma viaxou a Bélxica e Francia para mellorar a súa formación pedagóxica. A principios dos anos trinta continuou con ese labor en distintos centros, como o citado Grupo Escolar Alfredo Calderón. 

Nesa época colaborou así mesmo como mestra coas Misións Pedagóxicas, o proxecto de escola ambulante do goberno republicano que chegou a preto de 7.000 pobos e aldeas grazas á participación de máis de medio millar de misioneiros e misioneiras, como María Zambrano, Luis Cernuda, Ramón Gaya, María Moliner ou Maruja Mallo.

Durante a Guerra Civil, Justa Freire foi evacuada, xunto aos nenos e nenas do seu centro, a Valencia, onde o Goberno encargoulle que colaborara na creación das Comunidades Familiares de Educación e onde foi ascendendo ata ser nomeada delegada nacional.

Nos seus derradeiros anos colaborou escribindo artigos na revista El Magisterio Español.

“Magnifica noche de luna. ¡Qué lástima que haya guerra! Yo que necesito tan poco para ser feliz: trabajo y paz!". Justa Freire


Máis información en:

El Diario.es, La escuela de la república, Wikipedia, MAS