BARRA DE MENÚ

Amosando publicacións coa etiqueta Premiadas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premiadas. Amosar todas as publicacións

Maryna VIAZOVSKA

A "FILLA" DE EUCLIDES

Maryna Viazovska, profesora da Escola Politécnica Federal de Lausanne (EPFL), en Suiza, ven de gañar a "Medalla Fields", considerada como o Nobel de matemáticas, sendo distinguida, nunha ceremonia celebrada en Helsinki (Finlandia) o 5 de xullo de 2022, no Congreso Internacional de Matemáticos.

Trátase da segunda muller na que recae este galardón nos 86 anos de historia deste premio, despois de que a matemática iraní Maryam Mirzakhani o recibira en 2014.

Viazovska, nada o 2 de decembro de1984 na capital ucraniana de Kyiv, estudou matemáticas e comentaba que algo que lle gusta de esa ciencia é que é posible determinar onde está "a verdade", distinguir o incorrecto do correcto. 

O matemático grego Euclides é un dos heroes de Viazovska, que dice admirar as figuras extraordinarias que foron capaces de "cambiar as matemáticas o a forma en que se pensa sobre elas".

Experta en teoría de números, traballa en problemas de optimización xeométrica, como o empaquetamento de esferas. En 2016, resolveu dous casos do famoso problema xeométrico que propuxera, no século XVII, en 1611, o científico alemán Johannes Kepler. Demostrou cal é a mellor maneira de almacenar esferas de igual tamaño en oito dimensións para optimizar ao máximo o espazo.

Co obxectivo de honrar ás mulleres que conseguiron logros sobresaíntes en matemáticas, o  departamento de matemáticas do Instituto Federal Suizo de Tecnoloxía ou ETH, ofreceu a primeira das "Conferencias Alice Roth", que se crearon en honor a esta gran matemática suiza. Tamén dedicou a súa conferencia a Yulia Zdanovska, a matemática e científica informática ucranína, de 21 anos, que morreu tráxicamente o 8 de marzo na cidade de Járkif"

Máis información en: 

BBC, Vanguardia, Wikipedia,  Mirzakhani, Womennow, Maryna


O DÍA DO LIBRO 2022

AS PREMIADAS DO "CERVANTES"

Tal día coma hoxe de fai 47 anos, para conmemorar o nacemento do escritor Miguel de Cervantes, é dicir, o 23 de abril de 1975, foi instituido o Premio Nacional de Literatura que vaise concedendo anualmente polo Ministerio de Cultura de España. Ao longo destes case 50 anos, só acadaron este galardón, o Premio Cervantes, 6 mulleres fronte a 41 homes.

"As tres Marías", María Zambrano, Dulce María Loynaz e Ana María Matute, foron as primeiras gañadoras,  en 1988,  1992 e 2010 respectivamente, como expresa Elena Poniatowska, a cuarta galardonada en 2013.

María Zambrano, nada en Vélez-Málaga o 22 de abril de 1904 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1991, foi unha filósofa e escritora española. Exilada en Cuba, tamén estivo en México, Porto Rico, Francia e Xenebra para retornar a España e afincarse en Madrid. A razón-poética é o estilo proposto por  ela como  un camiño de realización persoal, cuxa práctica consistía no propio camiñar coa conciencia desperta, atenta os sons dos pasos.

"Para salir del laberinto de la perplejidad y del asombro, para hacerme visible y hasta reconocible, permitidme que, una vez más, acuda a la palabra luminosa de la ofrenda: Gracias." Verbas de María Zambrano en boca da actriz Berta Riaza na entrega do premio na Universidade de Alcalá de Henraes en 19889ao que non poido asistir por problemas de saúde. 

Dulce Mª Loynaz nada na Habana o 10 de decembro de 1902 e finada na Habana o 27 de abril de 1997, graduouse en Doutora en Leis. A escritora cubana reivindicou a risa ao recoller o Cervantes en 1992. “La risa, cuando puede participarse, hermana a los hombres. Por otra parte no es difícil llorar en soledad y, a cambio, es casi imposible reír solo”. Formou parte do movemento da poesía intimista feminina sudamericana. Representaba dunha forma única os seus sentimentos con palabras, polo que foi considerada a mellor poetisa da década en Cuba. 

Ana Mª Matute nada en Barcelona o 26 de xullo de 1925 e finada na mesma cidade o 25 de xuño de 2014, é unha novelista catalá en lingua castelá. “El que no inventa no vive”. Así comezou a súa reflexión a contista catalana. E, en cadeira de rodas, rematou cun rogo: “Si en algún momento tropiezan con una historia, o con alguna de las criaturas que transitan mis libros, por favor créanselas. Créanselas porque me las he inventado”. Formou parte, en 1996, da Real Academia Española, convertíndose así na terceira muller en ocupar unha cadeira de brazos, coa "letra K". Trataba temas como a inxustiza social, a nenez e a guerra civil. Depositou na Caixa das Letras do Instituto Cervantes un legado que permanecerá gardado ata o 26 de xullo de 2029.

Elena Poniatowska é unha escritora, xornalista e activista mexicana nada en París o 19 de maio de 1932. Destaca por ser unha muller combativa que loita pola visibilidade das persoas máis desfavorecidas en America Latina. Reivindicou ás mulleres creadoras na entrega do premio e vestida cun traxe tecido polas mulleres indíxenas de Oaxaca. A Asociación de Escritores en Lingua Galega outorgoulle o galardón de “Escritora Galega Universal” en 2009. 

Ida Vitale nada en Montevideo o 2 de novembro de 1923, é unha poeta, tradutora, ensaísta, profesora e crítica literaria uruguaia. É membro do movemento artístico denominado "Xeración do 45" e representante da poesía "esencial". Obtivo o premio no 2018, e culminou o seu discurso cun desacordo co “maravilloso mundo Cervantino”, algo que da conta da súa humildade. “‘Que no hay poeta que no sea arrogante y piense de sí que es el mayor poeta del mundo’. No es mi caso, puedo asegurarlo”, dixo a poeta. 

Cristina Peri Rossi é a sexta muller que recibe este galardón literario, en 2021. Nada en Montevideo, Uruguai, o 12 de novembro de 1941, é unha escritora, tradutora e activista política uruguaia exiliada en España desde 1972 e residente en Barcelona, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira literaria. No seu discurso, lido pola actriz Cecilia Roth comenta que toda a súa vida “la he intentado vivir como 'doña Quijota', dedicada a desfacer entuertos y luchar por la libertad y la justicia”. Tiña claro que, “como Marcela, en una sociedad patriarcal ser mujer e independiente era algo raro que se escuchase”. 

 

Luz MORALES

A PRIMEIRA XORNALISTA CULTURAL ESPAÑOLA, E GALEGA

Luz Morales Godoy naceu na Coruña en 1889 e faleceu en Barcelona en 1980. Adicou toda a súa vida ao xornalismo activo e durante a guerra civil española tamén foi pioneira por, sendo muller, dirixir un xornal, A Vanguardia, polo que foi denunciada en 1940 e engaiolada nun convento 40 días, sendo rehabilitada en 1978. 

Comezou a súa carreira periodística dirixindo, desde 1921, a revista El Hogar y la Moda, precursora de Lecturas, e tendo unha páxina semanal titulada La mujer, el niño y el hogar no diario El Sol. 

Pero para poder editar algúns dos seus escritos tivo que firmar con pseudónimos masculinos, como "Felipe Centeno", personaxe galdosiano, Ariel e Xurxo Marineda en recordo da súa cidade natal.

Obtivo a medalla e diploma de caballero das Palmas Académicas de Francia; o lazo da Orden de Isabel a Católica; o premio nacional de teatro en 1963, o premio de periodismo barcelonés Eugenio d'Ors, o premio de periodismo Ciudad de Barcelona, ... E un par de premios reciben o seu nome homenaxeándoa, un de periodismo e outro de investigación audiovisual.

Segundo Nuria Varela deberíase inscribila dentro do "feminismo difuso" por exercer de feminista sen sabelo. Nunha entrevista en 1972 sentenciou: "Ni feminismo, ni masculinismo. Hombres y mujeres, personas, como Dios nos ha hecho".

Foi amiga de Lorca, Malraux e Gabriela Mistral.

Estivo moi ligada á madrileña Residencia de Señoritas, que dirixía María de Maeztu. Desta relación xurdiu a súa elección como directora da Residencia de Señoritas Estudiantes, que polos anos treinta fundarase en Barcelona, no palacio de Pedralbes.

Mª Ángeles Cabré realizou a súa biografía en 2017, "Luz Morales, la pionera del periodismo".

Máis información en:






Gloria STEINEM

PREMIO "PRINCESA DE ASTURIAS" 2021


Gloria Marie Steinem, máis coñecida como Gloria Steinem, foi galardonada co Premio Princesa de Asturias de Comunicación y Humanidades, entregado o mércores 19 de maio de 2021, en Oviedo.
Gloria Steinem é unha xornalista e escritora estadounidense de orixe xudea, considerada icono do feminismo no seu país, así como unha activista dos dereitos da muller e do movemento feminista estadounidense a finais de 1960 e comezos de 1970.
Xunto a Betty Friedan é unha das referentes da chamada «segunda onda do feminismo».
Gloria Steinem naceu o 25 de marzo de 1934, en Toledo, Ohio, e agora ten 87 anos.
O único que ela pretendía, dende o principio, como relata nas súas memorias autobiográficas é “abrir (o) camiño, literalmente”. 
A escritora, que interrumpiu voluntariamente o seu embarazo na clandestinidade cando era xoven, fixo periodismo do aborto. O seu testimonio foi un dos primeiros que serviu para quebrar o silencio e a dobre moral ao respecto obtindo moita repercusión. Máis tarde, Steinem dedicou o seu libro autobiográfico "Mi vida en la carretera", (publicado en España por Alpha Decay) ao médico que lle practicou aquel aborto. Como ela dixo:  
"Se os homes quedaran embarazados o aborto sería sagrado", 
"As mulleres non serán iguais fora do fogar mentras os homes non sexan iguais dentro de él" 
"A maneira máis segura de estar soa é contraer matrimonio".

En xullo de 1971 fundou o National Women’s Political Caucus con Betty Friedan, Bella Abzug e Shirley Chisholm, e, en colaboración con Pat Carbine en calidade de editora xefa, lanzou a primeira publicación feminista, a revista Ms., unha nova revista para mulleres, que trata os temas contemporáneos dende unha perspectiva feminista. Apareceu por primeira vez como un suplemeto na edición especial en decembro de 1971 do New York Magazine. Ao ano seguinte publicouse o primeiro número independente. 

Máis información en:
Diario.es: Aborto
El País: Asturias
Película: The Glorias
RTVE: Premio
Vídeo: Gloria
Web: Site
Wikipedia: Steinem


Mary CARTWRIGHT

A PRIMEIRA "DAMA"

Mary Lucy Cartwright naceu o 17 de decembro de 1900 en Gran Bretaña e faleceu en Cambridge o 3 de abril de 1998, aos 98 anos.  Aínda que lle atraía a Historia, cursou a carreira de Matemáticas de 1919 a 1923.

Obtivo o seu doutorado en 1930, baixo a dirección de Godfrey Harold Hardy.  Leva o seu nome o teorema de Cartwright sobre máximos de funcións. Pódese dicir, que co seu teorema e os seus estudos con Littlewood,  comeza a teoría do caos (íntimamente relacionada co efecto mariposa).

Ao longo da súa vida profesional rompeu varios teitos de cristal. Cando comezou Matemáticas na Universidade de Oxford, era unha das únicas cinco mulleres que estudaban esta carreira.

Anos máis tarde, as súas aportacións a campos como a análise complexa ou os sistemas dinámicos convertírona na primeira muller en ser elixida como membro da Royal Society, en 1947, e na primeira muller –e única ata o de agora– en presidir a London Mathematical Society, de 1961 a 1963. 

Pioneira, asemade, en obter a Sylvester Medal, en 1964, e a raíña Isabel II concedéulle o título de Dama Comandante da Orde do Imperio Británico en 1969, polo que pasou a ser Lady, entre outros recoñecementos.

Publicou preto de 100 artigos sobre análise clásico, ecuacións diferenciais, problemas topolóxicos relacionados, historia, biografías e xeral. 

As súas investigacións axudaron ao seu goberno a gañar a I Guerra Mundial ao desenvolver os aspectos teóricos do que máis tarde se coñecería como radar.

A pesar de dedicarse ás matemáticas non abandonou o seu interese pola historia, o seu amor por esta materia reflectiuse nas biografías de matemáticos que máis tarde escribiu.

Máis información en:

Agnes School: Lucy
Biografía: Mac Tutor
Mujeres con Ciencia: Matemática
Mujerícolas: Apasionada
El País: Caos
Wikipedia: Mary
Mary Lucy Cartwright, la primera mujer en recibir la Medalla Sylvester en mátematicas, por Juan Núñez Valdés, Lucía Gámez Gallardo e Magdalena Jáñez Vaz, en Medios y comunicación en tiempos de posverdad (Editorial Fragua):  Artigo

Maryam MIRZAKHANI

DÍA DAS MULLERES MATEMÁTICAS 

O 12 de maio dende fai dous anos conmemórase o "Día das mulleres matemáticas" grazas á iniciativa proposta polo Comité de Mulleres e Matemáticas da Sociedad Matemática Iraní durante o World Meeting for Women in Mathematics, un evento satélite do International Congress of Mathematicians 2018. Elixiuse esta data en homenaxe á matemática iraní Maryam Mirzakhani 

Maryam Mirzakhani foi a primeira muller en conseguir, en Seul no 2014,  a medalla Fields, considerada o Nobel das matemáticas, prestixioso premio que otorga cada catro anos a Unión Matemática Internacional (IMU).

Esta matemática iraní12 de de cancro de mama en 2017 á idade de 40 anos. Foi profesora na Universidade de Stanford (EE. UU.) e traballou en superficies hiperbólicas, espacios de moduli e sistemas dinámicos. 

Pensa as matemáticas con imaxes e enfoca os problemas difíciles garabateando en grandes follas de papel. "Cando unha pensa nun problema matemático difícil e non quere anotar todos os detalles, debuxar garabatos axuda a manterse conectada ao problema," di Mirzakhani. 

Desfruta da matemática pura, "É a razón pola que facer investigación é un reto, así como atractiva. É como estar perdida nunha selva, tratas de utilizar todo o coñecemento que podes reunir para intentar obter algúns trucos novos que, con un pouco de sorte, te permitan atopar unha saída".

En "La ingeniosa Maryam Mirzakhani" cóntase a súa historia en dezaseis páxinas que poden lerse online nesta ligazón. Trátase dunha iniciativa creada polo equipo do Núcleo Milenio Modelos Estocásticos de Sistemas Complejos y Desordenados da Universidade de Chile e a Pontificia Universidade Católica de Chile. O conto alude ao seu traballo en superficies hiperbólicas nos problemas de billares nos que tamén investigou. 

Máis información en:
Maryam Mirzakhani: Biografía
Abecedario: Retrato alfabético
Wikipedia: Wikipedia
La ingeniosa: Cuento
Matemática:  Cultura científica
Billares: El País

Jennifer DOUDNA

JENNIFER DOUDNA, NOBEL DE QUÍMICA

Tal día coma hoxe, 19 de febreiro de 1964 naceu en Washington Jennifer Doudna. 

Bioquímica, en 2012, cos seus colegas descubriu unha nova técnica, e barata, para editar o ADN de calquer oganismo: o CRISPR/Cas 9.

Entre outros moitos recoñecemeentos, xunto a Emmanuelle Charpentier foi galardonada co premio Princesa de Asturias en Ciencia e Tecnoloxía 2015, precisamente polo desenvolvemento de esa gran innovación no campo da xenética molecular e das súas aplicacións.

En 2020 recibiu o Premio Nobel de Química (xunto a Emmanuelle Charpentier) polo desenvolvemento dun método para edición xenética.

Feliz aniversario!!!

Máis información en:

Mujeres con ciencia: DOUDNA

Wikipedia: Jennifer



Najat El HACHMI

Premio NADAL 2021


El lunes nos querrán


Unha historia emocionante e reveladora sobre a importancia de que as mulleres sexan as protagonistas das súas propias vidas
.

Najat El Hachmi 


Naceu en Beni Sidel (Marrocos) en 1979. 

Aos oito anos trasladouse a Vic (Barcelona), cidade onde se criou. 

Estudiou Filoloxía Árabe na Universidade de Barcelona, foi mediadora cultural e técnica de acollida antes de dedicarse de cheo á escritura. É autora de novelas tan coñecidas como El último patriarca (Premio Ramon Llull, Prix Ulysse e finalista del Prix Mediterranée étranger), traducida a dez idiomas, La cazadora de cuerpos, La hija extranjera (Premio Sant Joan de narrativa) e Madre de leche y miel, os dous últimos editados en Ediciones Destino. 

En 2019 publicou o manifesto Siempre han hablado por nosotras, que tivo unha gran repercusión nos medios e entre as lectoras e os lectores. 

Actualmente colabora en El País. 

El lunes nos querrán (Premio Nadal 2021) é a súa nova novela.

 Lunes

Hachmi

PREMIOS NOBEL

MULLERES PREMIOS "NOBEL"


- Na páxina oficial do Premios Nobel aparece a listaxe de mulleres galardonadas. Podes velo na seguinte ligazón: Premios Nobel_Mulleres.



- En Wikipedia podemos atopar todas as mulleres que recibiron algún premio Nobel. Se premes nesta ligazón entras na páxina: Mulleres Premios Nobel.



- En National Geographic, no apartado de Historia está un artigo coa relación de mulleres que gañaron o Premio Nobel. Pódense ver nesta ligazón: Mulleres_Nobel.



- Tamén escribiron sobre as mulleres con Premios Nobel en Muy Historia.

 

- Na Zona Feminista do blogue "reflexiones desde el diván", atópanse as biografías das mulleres que gañaron o premio Nobel: Zona





- Aquí está un resumo das premiadas por ano e por cada categoría (Física, Química, Literatura, Matemáticas, Medicina e Fioloxía, de la Paz e Economía):

Nobel de Economía
  • Elinor Ostrom (2009): Politóloga, EEUU, 7/08/1933-12/06/2012. Foi a primeira e ata o de agora a única muller en gañar o Nobel desta categoría polo "seu análise da gobernanza económica, especialmente dos recursos compartidos".

Nobel de Física
    Só tres mulleres obtiveron o Nobel de Física:
  • Curie, Marie (1903):  Marie Curie
  • Goeppert-Mayer, María (1963): descubrimento e aplicación de principios de simetría na teoría do núcleo atómico e as partículas elementais. 
  • Strickland, Donna (2018): científica canadiense polas súas "invencións innovadoraseno  campo a física láser"
Nobel de Fisioloxía ou Medicina
  • Barbara McClintock (1983): Estados Unidos, 16/06/1902 - 2/09/1992).
  • Brown Buck, Linda Diane (2004): Naceu en Seattle, Estados Unidos. Estableceu o mapa xenético dos receptores olfativos. 
  • Blackburn, Elizabeth (2009): bioquímica. Foi unha das primeiras persoas en estudar os telómeros e a primeira en dar coa enzima telomerasa, polo que se lle concedeu o Premio.
Nobel de Química
  • Dorothy Crowfoot Hodgkin (1964): Inglaterra, 12/05/1910 - Inglaterra 19/07/1994)
  • Jennifer Doudna (2020): EEUU, 19 de febreiro de 1964. O comparte con Emmanuelle Charpentier polo desenvolvemento dun método para edición xenética.
  • Emmannuelle Charpentier (2020) polo desenvolvemento dun método para edición xenética. Este premio o comparte con Jennifer Doudna.
Nobel de Literatura
  • Elfriede Jelinek (2004)
  • Doris Lessing (2007): Estado de Persia, 22/10/1919 - Londres, 17/11/2013.
Nobel de la Paz:

  • Bertha von Suttner (1905): primeira muller en gañar esta categoría pola publicación da súa novela pacifista, Die Waffen nieder! (¡Lay Down Your Arms!). Fundou a Sociedade Alemana de Paz. Era escritora, periodista e corresponsal.
  • Emily Greene Balch (1946)
  • Betty Williams y Mairead Corrigan (1976)
  • Madre Teresa de Calcuta (1979)
  • Aung San Suu Kyi (1991)
  • Rigoberta Menchú (1992): primeira muller latinoamericana en ser acreedora a este premio, dedicou a súa vida a dar a coñecer os dereitos dos pobos indíxenas de Guatemala durante e despois da Guerra Civil de Guatemala (1960-1996) e a promover os dereitos indíxenas a nivel internacional.
  • Jody Williams (1997)
  • Shirin Ebadi (2003)
  • Wangari Muta Maathai (2004): Wangari 
  • Ellen Johnson Sirleaf, Leymah Gbowee y Tawakkul Karman (2011)
  • Malala Yousafzai (2014): Activista paquistaní pola  educación feminina e a defensa dos dereitos humanos, especialmente a educación de mulleres e nenos e nenas no seu valle natal de Swat en Khyber Pakhtunkhwa, ao noroeste de Pakistán. É a muller máis xoven en sumarse a esta lista.
  • Nadia Murad Basee Taha (2018): xunto con Denis Mukwege “porlos seus esforzos para erradicar a violencia sexual como arma en guerras e conflictos armados.” (1993-...)