BARRA DE MENÚ

Amosando publicacións coa etiqueta Viaxeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Viaxeiras. Amosar todas as publicacións

ENTOMÓLOGAS

Aprendendo das abellas e cazando mariposas

Pasión por los insectos. Ilustradoras, aventureras y entomólogas, o libro da colección Noema editado por Turner en 2019, e escrito por Xavier Sistach, narra asaventuras de ilustradoras, viaxeiras e coleccionistas que contribuiron ao estudo dos insectos, tendo todas elas unha vocación en común, a Entomoloxía. 

A obra recompila a historia de 51 naturalistas de xeracións e nacións distintas, unidas pola misma paixón e desdeñadas pola mentalidade do pasado e que tiveron que loitar contra os prexuizos polo mero feito de ser mulleres. 

Faise referencia ao desprezo, á inxustiza e aos obstáculos que tiveron que enfrontar estas mulleres. As investigadoras non sempre asinaban os seus escritos, acusábanas de plaxio, non podían exercer o seu traballo sen ser xulgadas, os seus descubrementos deixabanse de lado e tiñan que  estudar ás agachadas.

Entre elas salientar a:

María Sibylla Merian
María Sibylla Merian (1647-1717): holandesa coñecida como a "nai da entomoloxía" xa que foi a precursora da entomoloxía sobre insectos vivos e viaxou soa aos 52 anos a Surinam debuxando con rigor uns 200 insectos. Nove mariposas e dous escaraballos, ademáis dun total de seis plantas, foron bautizados co seu nome.

Anna Blackburne (1726-1793): inglesa que se dedicou a estudar a historia natural dunha forma máis sistemática. Para mellorar a súa comprensión do sistema desenvolvido por Carl von Linné , aprendeu latín. As súas adicións ás coleccións de insectos foron especialmente notables, enviándolle a Linné especímenes de aves e insectos que non estaban descritos no seu "Systema Naturae".

Ida Laura Pfeiffer (1797-1858): viaxeira e naturalista, percorreu dúas veces o mundo soa a bordo de veleros, cabalos, camelos ou a pé, en busca de novas especies, vivindo literalmente cos insectos.

Eleanor Anne Ormerod (1828-1901): publicou folletos que distribuía gratuitamente, sobre as plagas de insectos perxudiciais para as plantas, e como combatilos. Así Notes for Observations on Injurious Insects (1887). O seu traballo axudou á prevención de plagas e á mellora da agricultura.

Adele Marion Fielde (1839-1916): as formigas, que calquera aplasta sen darse de conta, foron os seus animais de compañía, sendo a primeira en descubrir a súa psicoloxía.

Mary Kingsley (1862-1900): exploradora inglesa que foi a África cun revólver e unha navalla baixo a falda; tamén era etnógrafa e escritora científica cuxas viaxes por África Occidental e o traballo resultante axudaron a moldear as percepcións europeas tanto das culturas africanas como do colonialismo británico en África.

Miriam Rothschild (1908-2005): estudou por primeira vez como as pulgas logran saltar tanto polo que foi a primeira en resolver o mecanismo do salto da pulga. Apoiou campañas en contra da crueldade nos animais e introduxo no Reino Unido a afición polo cultivo de plantas silvestres en xardíns públicos e privados.

Alice Gray (1914-1994): entomóloga estadounidense, ilustradora científica e origamista do Museo Americano de Historia Natural de Nova Iorke, encargábase da colección de insectos e  foi coñecida como a "Señora Bichoca" porque levaba insectos e arañas ás escolas públicas para ensinalos en clase. Iniciou a tradición navideña de facer insectos de papel.

Leticia Silvestre: enxeñeira agrícola, entomóloga e encargada do Laboratorio de Entomoloxía da Facultade de Ciencias Agrarias e alimentarias da Universidade Austral de Chile, fala da importancia das abellas e de como o servizo maior que ofertan á humanidade é a polinización.


Máis información en ElPaís, Libro, MªSybilla, Mirian, Anna, Alice, Mary, Ida, Eleanor, Leticia, Listaxe, Entomólogas


EXERIA

A PRIMEIRA VIAXEIRA


Exeria 
 foi unha viaxeira e escritora hispanorromana do século IV. Parece que naceu na provincia romana de Gallaecia.        
Peregrinou a Terra Santa e narrou as súas aventuras nas cartas que dirixía ás súas amigas, entre 381 e 384.
Este relato de viaxes é o máis antigo do que se ten noticia en España e escrito por unha muller, e galega; está redactado en latín vulgar e é coñecido como o "Itinerarium ad Loca Sancta".
A súa guía de viaxe era unha Biblia e pernoctaba nos monasterios.
A pelegrinaxe durou tres anos e visitou Oriente Próximo saíndo de Galiza, percorrendo Francia, atrevesando o norte de Italia e cruzando en barco o mar Adriático; continuou a súa viaxe ata Constantinopla e finalizou o periplo entre Xerusalén e Alexandría.

Outras pelegrinas da época foron Melania, tamén hispana, Paula e Silvia de Aquitania.

Itinerarium ad Loca Sancta
Máis información en:
Aprende coas mulleres galegas: Galegas
Mujeres en la Historia: Pioneira
Wikipedia: Exeria
Traveler: Viaxeira
A túnica de Neso: Itinerarium 
Cultura Cervantes: Escritora
No me cuentes cuentos: Podcast
El español: Cronista




Nina EPTON

VIAXEIRA POR GALIZA

Nina Consuelo Epton (1913–29 de outubro de 2010) foi unha produtora de radio, locutora e escritora de viaxes británica, particularmente activa nas décadas de 1950 e 1960. 
Viaxou soa por España, África do Norte e Indonesia. Na década de 1970 publicou un a serie de obras históricas sobre a realeza, dous libros sobre gatos e una novela baseada na vida de Jane Digby
O seu maior éxito comercial foi unha serie de libros literarios, históricos e sociolóxicos sobre as relacións amorosas: Love and the French (1959), Love and the English (1960), Love and the Spanish (1961). En varias combinacións, estes traduxeronse ao francés, alemán e español. Os tres fueron reimpresos por Penguin Books en 1964-1965. 

  
UVAS E GRANITO

Na metade dos anos cincuenta Nina desembarca nun porto galego á percura de novas experiencias. Non sabía que ía facer a máis fantástica crónica de viaxes por Galicia, un país a medio camiño entre o pasado e a necesidade de ter futuro. 
Coñeceu e tratou a ilustre xeración sobrevivente do Partido Galeguista, interpretou a xente do país como ninguén, entrou na paisaxe, nas texturas e nas cores. 
No principio e no final desta obra deixou escrito: "moito do feitizo de Galicia é indescriptible".

Máis información en:
Wikigalicia: Nina
Coata sur: Epton



ALEXANDRA DAVID-NÉEL

"MADAME TIBET", UNHA VIAXEIRA INCANSABLE


Louise Eugénie Alexandrine Marie David, chamada Alexandra David-Néel, naceu en Paris o 24 de outubro de 1868, e faleceu o 8 de setembro de 1969 con case 101 anos.

Foi orientalista, cantante de ópera, periodista, exploradora, anarquista, espiritualista, budista e escritora.

É coñecida principalmente pola súa visita, en 1924, a Lhasa, capital do Tibet, cidade prohibida aos estranxeiros, sendo a primeira muller occidental que chegou alí.

Na súa xuventude interesouse polas ideas anarquistas e feministas da época o que inspirou a súa publicación "Pour la vie" (1898). Loitou pola emancipación económica das mulleres.


Entre as súas obras salientar:

"Viaxe dunha parisina a Lhasa" (1927),  
"O budismo, as súas doctrinas e os seus métodos" (1939), 
"No corazón dos Himalayas: Nepal" (1949), 
"As ensinanzas secretas dos budistas tibetanos, a vida penetrante" (1951), 
"A India, onte, hoxe e mañá" (1951), 
"O vello Tibet fronte a nova China" (1953), 
"Vivir no Tibet: cociña, tradición e imaxes" (1975), 



Para saber máis:

Wikipedia: David
National Geographic: Alexandra
Web de Alexandra: Web
Vídeo RTVE: Mujeres viajeras



Para ler nun momento "A India na que vivín"