BARRA DE MENÚ

Amosando publicacións coa etiqueta Investigadora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Investigadora. Amosar todas as publicacións

Rachel CARSON

PRECURSORA DA ECOLOXÍA MODERNA 

Rachel Louise Carson naceu o 27 de maio de 1907 en Springdale (Pensilvania) e faleceu en Silver Spring (Maryland) o 14 de abril de 1964. Foi unha bióloga marina, conservacionista e escritora estadounidense que contribuiu á posta en marcha do moderno movemento ecoloxista.

Traballou  como bióloga e escritora no US Bureau of Fisheries de 1936 a 1952, ao comezo escribía guións educativos para un programa de radio chamado "Romance baixo as augas" e logo conseguiu ser xefa de redación. En 1943 promocionou os alimentos do mar, con descripcións de 27 especies de peixes e mariscos, salientando os beneficios de comer mexilóns. 

No seu tempo libre publicou The Sea Around co que gañou o National Book Award de 1952 na categoría libro non ficción, o que lle permitiu dedicarse exclusivamente a escribir. Logo apareceron The edge of the sea e Under the sea wind, completando a súa triloxía que explora a vida nos océanos. Outras obras súas posteriores son O sentido do asombro e Os bosques perdidos.

En 1957 foi contratada pola National Audubon Society, unha organización ecoloxista, para investigar as consecuencias do uso de DDT e outros pesticidas sintéticos e dende entón adicouse a escribir sobre este tema.

No seu libro "Primavera silenciosa", publicado en 1962,  contaba como o DDT e outros pesticidas de uso habitual se acumulaban de maneira invisible na cadea alimentaria, causaban graves danos á flora e a fauna e prantexaban serios riscos para a saúde humana.

Como o libro "A cabana do Tío Tom" proporcionou un sólido apoio social so abolicionismo, o seu contribuiu a un novo coñecemento do lugar que ocupa a especie humana no mundo e a promover políticas e condutas para preservar o ambiente.

A obra e a testemuña de Rachel Carson axudaron á creación, anos despois da súa morte, da Axencia de Protección Ambiental de Estados Unidos (Environmental Protection Agency), a controlar o uso do DDT e de outros pesticidas, á celebración do Día da Terra, ás leis que se dictaron en moitos países do planeta sobre pesticidas, insecticidas, funxicidas, rodenticidas e produtos similares e ao desenvolvemento do movemento filosófico e político que hoxe é coñecido como ecoloxismo.

Máis información en:

Mujeresconciencia, Malaria, Audio, Vídeo, Legado, Wikipedia, rtve, Carson, Ciencia, Ambiente, NG, Oceánicas, mncn, Muller, Pioneira


 

Creu CASAL i SICART

"A DOUTORA" A primeira catedrática en botánica de España

Chamábanlle así á profesora emérita da Universidade Autónoma de Barcelona, á botánica Creu Casas i Sicart, que en 1971 ocupou a cátedra de Botánica da UAB, convertíndose na primeira catedrática desta disciplina en España.

Foi farmacéutica e logo brióloga, a máis importante do século XX. 

Naceu en Barcelons en abril de 1913 e faleceu en maio de 2007.  Especializouse nas «plantas inferiores», é dicir, os musgos e as hepáticas. O seu pai foi un experto xardiñeiro do que herdou a estima pola natureza e a afición pola Botánica.

En 1951 defendiu a súa tese doutoral dedicada aos briófitos do Montseny. Elaborou un herbario, o BCB, que conta con máis de 50.000 pliegos de briófitos, principalmente ibéricos.

Comenzou o seu labor docente e investigadora na UB, pero en 1971 trasladouse a Bellaterra, onde puxo en marcha o Departamento de Botánica. A partir desta época a súa produción científica deu un salto notable. Especialmente destacan as súas aportacións no campo dos briófitos. 

Trala súa xubilación foi nomeada profesora emérita en 1983, momento a partir do cal se dedicou con maior pasión ao estudo dos briófitos, de tal maneira que en 1989 constituíu a Sociedad Española de Briología, da que foi a primeira presidenta.

A súa contribución á brioloxía resúmese en 216 traballos publicados, especialmente nos campos da taxonomía e a florística. A abreviatura «Casas» empléase para indicar a Creu Casas Sicart como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.