BARRA DE MENÚ

María Cecilia CARDARELLY BOUSQUET

A PRIMEIRA FOTÓGRAFA GALEGA

Nada en Zaragora en 1845, María Cecilia Cardarelly Bousquet foi unha fotógrafa galega, unha das primeiras mulleres en contar con estudio propio en España e a primeira en Galicia. Coa súa familia, tintureiros franceses, chegou a Galicia sobre 1851. 

Estableceronse definitivamente en Santiago, cando María contaba 9 anos. Tras un breve paso pola rúa Nova, fixaron a casa e o negocio na rúa do Hórreo. 

Á mesma parroquia pertencía unha pequena burguesía coa que se relacionaba e máis tamén con certa parte dos intelectuais liberais da época, cos que compartían inquedanzas. Neste sentido isto explicaría a súa relación cos Murguía-De Castro e o fotógrafo Eliseo Segond.

Parece que se formou como retocadora e pintora de panos de fondo nalgún dos estudios locais, o que lle puido valer tamén para formarse en fotografía. Asemade estivo relacionada co fotógrafo noiés Eliseo Segond (fillo tamén de tintureiros), que é o autor da única fotografía súa coñecida.

Deberon asociarse durante un breve período de meses en Santiago, no estudio que finalmente estableceu María. Porque, sobre 1864, efectivamente, cando María contaba uns 19 anos, comezou a exercer como fotógrafa de estudio no domicilio familiar, na rúa do Hórreo compostelá, que era daquela parte dos arrabaldes da cidade.

Pero tivo que abandonar a súa actividade polo seu fracaso comercial, tendo en conta a situación do local, a súa xuventude e a súa condición feminina, en 1866, marchando da cidade. 

Foi a primeira retratista coñecida de Rosalía de Castro

Conservanse dúas fotos, unha no fondo de imaxes familiares, que Gala Martínez-Murguía de Castro doou á Real Academia Galega, e a outra foi un achado que fixo Anxo Angueira no 2013. 

Ambas as dúas foron tomadas contra 1865 nunha mesma sesión fotográfica, e veñen asinadas co selo do seu estudio.

Así mesmo, no 2017, descubriuse que outra das fotografías doadas por Gala á RAG e asinada por María Cardarelly era, de feito, un retrato da primeira filla de Rosalía, Alejandra.

Andando o ano 1866, os Cardarelly abandonaron Santiago e estableceron a nova tinturaría na rúa María, en Ferrol. 

Alí traballou na venda a comisión de pianos. Tamén ofreceu recitais de piano en diferentes actos sociais ferroláns, e deu durante moitos anos clases particulares deste instrumento a nenas da cidade. 

Neste sentido, mantivo amizade coa notable pianista Eugenia Osterberger, coñecida como Madame Saunier.

En 1910, con 65 anos, trasladouse a Madrid a vivir cuns familiares, onde probablemente faleceu.

Máis información en Nós, Correo, Wikipedia, Galiza, Arte, Rosalía, Santiago.



Fernanda MONASTERIO COBELO

NAI DA CARREIRA DE PSICOLOXÍA NA UNLP DE BOS AIRES

Aínda que naceu en Madrid o 27 de marzo de 1920, ao pouco tempo o seu pai foi destinado a Ferrol, de onde era a súa nai, Fernanda Monasterio Cobelo pasou en Galicia a súa infancia e adolescencia polo que considerábase galega. 

Estudou Medicina en Madrid e así mesmo colaborou durante cinco anos, cunha beca, no Instituto Nacional de Psicotecnia onde coincide con José Germain e José Mallart iniciando entón a súa actividade profesional no ámbito da psicoloxía do traballo.

En 1941 viaxou a Berlín a recibir clases de psicofisioloxía do traballo. En 1943 na Xefatura de Sanidade de Madrid investigou sobre o traballo feminino e sobre a importancia das tarefas constitucionais nas persoas accidentadas.

Doutorase en Medicina, en 1945, coa súa tese sobre os síntomas depresivos na acromegalia, que foi dirixida por Gregorio Marañón, do que fora discípula. Igualmente traballou no Instituto Policlínico de Patologia Médica da UAM, entre 1944 e 1952, sendo ademáis de profesora, axudante de Endocrinoloxía.

En 1948 creouse o Departamento de Psicoloxía Experimental no CSIC, que consolidou a Psicoloxía en España fundando unha Sociedade Científica en 1952 e logo en 1953 creando a primeira Escuela de Postgrado en psicoloxía, no que ela participou como especialista.

Entre 1949 e 1951 traballou tamén como médica na beneficencia municipal no servicio médico quirúrxico de urxencias. 

En 1950 publicou Temas de Medicina e Psiquiatría

En 1952 marcha a América, porque a chaman para traballar durante dous anos en Cochabamba, Bolivia, como neurofisiológa e psicofisióloga.  

Máis tarde vai a Arxentina e forma parte da comisión para a creación da carreira de Psicoloxía, o que  significou que se creara a profesión de psicólogo/a, como personal técnico capacitado para intervir en problemas personais e sociais.

Entón, en 1959 na  Universidade de la Plata, en Bos Aires, se inician os estudos de Psicoloxía que se dividen nun ciclo común e outro de especialidade en clínica, laboral ou educacional.

Logo accede á Cátedra de Psicoloxía Xeneral e a nomean directora do Instituto de Psicoloxía da UNLP (Universidad Nacional de la Plata), en Bos Aires.

En 1963 organiza o VIII Congreso Interamericano de Psicoloxía en Mar de Plata.

Ao seu regreso a Madrid, en 1968, exerce como médica e psicóloga clínica. Non chega a incorporarse á Universidade pero imparte cursos de Doutorado de Psicoloxía Evolutiva Infantil e da adolescencia no Instituto Internacional de Boston, sendo a fundadora e directora deste programa, de 1967 a 1981.

Considerábase apolítica e sempre sentiuse próxima ao movimento feminista. En 1975 conmemorando o Ano Internacional da Muller colaborou no monográfico da revista El Urogallo.

En 1987 foi nomeada presidenta da "Asociación de Médicos Escritores y Artistas", antes Asociación de Médicos Escritores, durante 16 anos. E en 1991 recibiu o Premio Muller do Ano na Ciencia.

En 1992 foi invitada ao congreso organizado co motivo dos 30 anos da primeira promoción da carreira de Psicoloxía na UNLP.

Entre o seu círculo de amizades estiveronCarmen Laforet eElena Fortún.En Arxentina coñeceu a Inés Field, tamén do círculo de Fortún e a Rosa Chacel, que escribiu unha das súas novelas mentras residía no seu domicilio.

Faleceu o 29 de novembro de 2006 en Madrid.

En setembro de 2007, Ruth Feldman, a súa herdeira, dona á Universidade Autónoma de Madrid a biblioteca de Fernanda Monasterio que consta de uns 7.000 volúmenes sobre psicoloxía, medicina e psiquiatría, educación, antropoloxía, filosofía, historia ou literatura, escritos en español, inglés e francés.

Máis información en Entrevista, Álbum, UAM, US, edu, COP


Josefina de la TORRE MILLARES

POETA, CANTANTE E ACTRIZ DAS "SEN SOMBREIRO"

Josefina de la Torre (Las Palmas de Gran Canaria, 27 de setembro de 1907 - Madrid, 12 de xullo de 2002) foi unha poeta, novelista, cantante lírica e actriz canaria vencellada á Xeneración do 27 e a corrente vanguardista hispánica da primeira mitade do século XX. É unha máis de "Las Sinsombrero".

Xa de pequena escribía poemas e xunto co seu irmán creou o chamado Teatro mínimo, na súa casa de Las Canteras. Recibe influencias da xeneración do 27. Escribíu o seu primer poemario, "Versos y estampas", en 1928, prologado por Pedro Salinas e o seu seguinte libro foi "Poemas en la isla", publicado en 1930 e incluido por Gerardo Diego na súa Antología de la Poesía Española de 1934.

Culminados os estudos de soprano adícase a cantar, así no "Concerto de 1900", no Teatro María Guerrero, na Residencia de Estudantes, en 1935, no Lyceum Feminino, no Instituto San Isidro e no Monumental Cinema. Como solista na Orquestra Sinfónica de Madrid.

En 1934 comezou a traballar como actriz de dobraxe (Marlene Dietrich) para la Paramount e en Francia para Luis Buñuel. Co seu irmán dobra "Un secuestro sensacional" de Alexander Hall.

Non só era intérprete senón que compuña as súas propias partituras, sendo a súa obra máis coñecida a que leva por título "Puerto de mar". 

Entre 1940 e 1945, xa de regreso en Madrid, realizou traballos non só como actriz, senón como axudante de dirección, guionista e columnista da revista cinematográfica Primer Plano (en cuxa portada aparece en dúas ocasións). Adaptou a súa novela "Tú eres él".

Tralo estallido da Guerra Civil publicou unha serie de novelas cortas de tema romántico, recompiladas en La novela ideal, colección que fundou xunto ao seu irmán Claudio e a súa esposa, Mercedes Ballesteros. Estos relatos están publicados baixo o pseudónimo de Laura de Comminges.

Eran folletíns que contaban historias de evasión. Grazas a esta iniciativa conseguiron o difícil sustento económico despois da guerra.

En 1954 publicou as novelas cortas: Memorias de una estrella e En el umbral, que aparecen no número 87 da famosa colección La Novela del Sábado, de ediciones Cid. Así mesmo, realizou algunhas adaptacións teatrais, entre as que destaca "Una mujer entre los brazos"(1956), de Rafael Materazzo.

"Marzo incompleto", publicado en 1968, é xa unha obra de madurez. En 1989 publícase a súa obra poética completa, na que se inclúe o poemario "Medida del tiempo", inédito ata ese momento.

Logo cambiou o cine polo teatro. Participou en distintas compañías teatrais e chegou a fundar a súa propia compañía teatral, a Compañía de Comedias Josefina de la Torre. Tamén traballou na radio e colaborou en series de televisión.

Cando morreu, en 2002, a Academia española de las Artes y las Ciencias Cinematográficas le rendiulle un homenaxe na gala dos Premios Goya, en recoñecemento ao seu labor como actriz e, en 2007, celebrouse o centenario do seu nacemento na súa isla natal.



Máis información en Wikipedia, Web, Canarias, ULPGC, RAH, Leer, Literata

Trinidad ARROYO VILLAVERDE

PIONEIRA DA OFTALMOLOXÍA EN ESPAÑA

Trinidad Arroyo foi unha das primeiras mulleres en exercer a medicina e ser recoñecida pola súa talla profesional. Consciente da súa influencia sobre as mulleres máis novas, apoiou numerosas iniciativas para o desenvolvemento da súa educación.

Naceu o 26 de maio en 1872 en Palencia. Despois matricularase na Facultade de Medicina de Valladolid en 1888, a pesar de que o Rector ignorase a Disposición Real que permitía ás mulleres realizar estudios universitarios, precisamente, desde ese mismo ano, rematando a carreira en 1895. 

Tras superar o exame do Grao de Licenciatura, trasladou o seu expediente a Madrid e comezou o doutorado e a especialización como oftalmóloga. En 1896, defendeu a súa tese sobre os músculos intrínsecos dos ollos e os efectos de certas drogas sobre estes, que foi a terceira e derradeira tese de autoría feminina lida en España durante o século XIX.

Co seu irmá consultaba en Valladolid e arredores, logo en Madrid abriu unha consulta privada co seu home, entre 1911 e 1936, ao tempo que compartía a súa actividade docente universitaria e o seu labor asistencial. Traballou no Real Hospital do Bon Suceso e no Consultorio de Nenos de Peito e Gota de Leite de Madrid.

Foi profesora auxiliar na Facultade de Medicina e, de feito, a primeira muller membro do seu claustro, grazas ao cal se lle permitíu votar, sendo posiblemente a primeira muller en votar nunhas eleccións ao Senado español. Emitíu o seu voto en 1916, dezasete anos antes de que se conseguira o sufraxio femenino en España.

Asemade foi socia fundadora do Lyceum Club Feminino, vicepresidenta do Comité Feminino de Hixiene Popular en Madrid, presidenta Honoraria da Asociación Española de Mulleres Médicas e colaboradora da revista Medicina Social Española (1916-1920) na súa sección «Notas feministas. De muller a Muller». Formou parte da comisión seleccionadora que creou a Junta para Ampliación de Estudos para o intercambio de alumnado feminino coas universidades de Estados Unidos.

Políticamente, foi vicepresidenta do Comité Nacional de Mulleres Antifascistas, e traballou para fortalecer os lazos entre a Unión Soviética e España a través da creación dun programa de intercambio social, viaxando alí co seu esposo en 1937.

Nos primeiros días da guerra civil española, axudou no tratamento dos feridos. Pero por todo iso, tivo que exiliarse a México onde continuou exercendo a medicina. Alí pertenceu á Asociación de Mujeres Españolas e colaborou na súa revista.

No IES Jorge Manrique

En 1939, por orden ministerial, iníciase contra Trinidad Arroyo (ao igual que contra numerosos e numerosas intelectuais, artistas, mestras/os … do país) un proceso de depuración.

Só regresou a España unha vez, en 1955, para crear unha serie de becas de bacharelato no Instituto de Segunda Enseñanza Jorge Manrique de Palencia e outra en Valladolid, para un alumno o alumna da súa Facultade de Medicina que carecese de recursos económicos. 

Faleceu en México DF o 28 de setembro de 1959.

Máis información en wikipedia, MujeresconCiencia, RAH, UCM, IES, PARES, Tremedica, Oftalmoloxía