BARRA DE MENÚ

Amosando publicacións coa etiqueta Arriscadas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arriscadas. Amosar todas as publicacións

As "CAINEJAS"

PIONEIRAS NO "URRIELLU" DE PICOS DE EUROPA 

Isabel Pérez e Teofila Gao

Dúas xóvenes leonesas de Caín de Valdeón, en pleno corazón dos Picos de Europa,  María Isabel Pérez Pérez e Teófila Gao Pérez realizaron unha fazaña sen precedentes no montañismo español.

Foron as primeiras mulleres en alcanzar a cima do imponente Picu Urriellu no vran de 1935, un fito que non só desafiou á montaña, senón tamén as normas sociais da época.

A súa xesta débese a que o seu avó Gregorio Pérez Demaría, "El Cainejo", pastor de Caín, xunto a Pedro Pidal foi o primeiro en facer a ascensión ao Picu en 1904 e como coñecía moi ben cada rincón da montaña logrou allanar o camiño para futuras xeracións, nas que se atoparon as súas netas. 

Picu Urriellu
Naquela época poucas mulleres adicábanse á escalada, como Margot Moles, pero as curmás subiron ao Laranxo de Bulnes con poucos días de diferencia. 

Primeiro chegou á cumbre María Isabel, o 31 de xullo de 1935 con 18 anos, pola cara sur, xunto ao seu tío e Alfonso Martínez, o famoso guía cabraliego. 

E unha semana despois, o 6 de agosto, acadou a cima Teófila Gao de só 15 anos, acompañada do seu pai e duns veciños de Bulnes, pero esta vez subiu sen cordas, usando só a súa habilidade e a súa intuición.

Treparon a parede e tamén a destreparon sen rapelar, baixando pola mesma ruta, o que multiplicou a dificultade da proeza, xa que coma din os montañeiros, si difícil é subir, moito mais complicado é baixar.

María Isabel tamén foi a primeira muller en alcanzar a cima de Torre Santa, a outra gran montaña dos Picos de Europa, consolidándose como unha das figuras máis destacadas do alpinismo feminino en España.

Posada de Valdeón
O recoñecemento aos seus méritos foi escaso e o seu legado permaneceu oculto moito tempo debido en parte a falta de visibilidade e que ambas procedían de un entorno rural e humilde. Mesmo en Caín, varias placas conmemorativas lembran ao seu abuelo, pero as heroínas destas proezas, que tiveron que emigrar e faleceron en 1963 (María Isabel) e en 2016 (Teófila), quedaron esquecidas polo paso do tempo.

Este 8 de marzo de 2025, en Posada de Valdeón houbo unha mesa redonda para abordar "A vida en Valdeón con mirada de Muller" e proyectar o tráiler "Las Cainejas: M. Isabel y Teófila. Primeras Mujeres en la cima del Naranjo de Bulnes". 

Máis información en Valderrueda, Montaña, Valdeón, Urriellu, Audio, Homenaxe.



María del Carmen ÁLVAREZ GUERRERO

A PRIMEIRA ESPAÑOLA PILOTANDO EN "RALLIES"

Na década dos 60 varias españolas comezaron a participar, ao volante dos seus coches, en probas automovilísticas nas que competían con homes. Unha delas é Mª del Carmen Álvarez Guerrero, de Almería, e que agora ronda os 80 anos.

Foi a primeira muller piloto de rallies no noso país, unha pioneira do seu tempo. A súa pasión polos coches venlle de pequena; o seu pai era mecánico e tamén un destacado piloto de motos, e ela familiarizouse con el co mundo dos motores, a gasolina e as probas automovilísticas.

En canto lle foi posible, aos 21 anos e co servicio social obrigatorio cumprido, sacou o carnet de conducir e logo, aos 25, o de piloto, tendo que realizar un derrapaxe na proba. 

Debutou en 1969 nunha carreira entre Carboneras e Mojacar, en Almería; un ano máis tarde quedou primeira no Campeonato Provincial.

Entón lle propuxeron participar no Campeonato de España, pero non aceptou porque casou, e marchou a vivir a Zaragoza e tivo catro fillas. Logo alegrouse porque non lle deixaban levar o seu coche senón que tiña que utilizar un dunha marca francesa de fabricación de automóbís, SIMCA.

Antes de abandonar o automovilismo definitivamente participou nos principais rallies de Almería. Así, tomou a saída nos da Alpuxarra, Espello de Mar, as subidas a Macael ou Mojacar, conquistando varios premios e boas clasificacións. 

Pero o máis importante foi que abriu o camiño a futuras xeneracións de mulleres para que poideran tamén participar pilotando os seus coches.

"A xente hoxe en día conduce fatal", asegura Mari Carmen, que tamén comenta que non se sentiu rexeitada nin incomprendida polo feito de ser muller e que non lle gustaban os rallies femininos porque non había probas de velocidade, todas eran de regularidade, unha especie de paseo ou exhibición.

A día de hoxe segue conducindo o seu utilitario.



Máis información en Almería, Onda Cero, Diario, Vídeo.


Elizabeth BISLAND

A VOLTA AO MUNDO AO REVÉS DE NELLY BLY

Escritora, periodista, editora e poetisa, Elizabeth Bisland foi máis coñecida porque deu a volta ao mundo percorrendoo en sentido contrario a Nellie Bly. Ambas partiron o 14 de novembro de 1889 coa idea de romper o reto de Phileas Fogg o protagonista da novel ade Xullo Verne "A volta ao mundo en 80 días".

Elizabeth foi enviada pola revista Cosmopolitan, que acababa de nacer, e Bly polo New York World, o periódico máis importante da época. Bisland logrou cumprir o seu obxectivo culminando a viaxe en setenta e seis días e medio, pero Bly superouna facéndoo en 72 días, 6 horas e 11 minutos.

Unha, Elizabeth, saíu de Nova Iorke cara ao Oeste rumbo a San Francisco en tren, e a outra, Nelly partiu e chegou a Hoboken, Nova Jersey pero viaxando cara o leste en dirección a Londres a bordo do vapor Augusta Victoria, sen saber que Elizabeth tamén competía ata que chegou a Hong Kong o 24 de decembro.

En ambos casos os barcos de vapor e o tren foros os medios de transporte máis utilizados. Elizabeth contaría a súa experiencia en sete artigos publicados na revista Cosmopolitan, e que máis tarde, en 1891, serían recollidos no seu libro: In Seven Stages: A Flying Trip Around the World, que a editorial Casiopea publica por primeira vez en español, no 2020, dentro da súa colección "Victorianas".

Elizabeth Bisland nacera en Luisiana o 11 de febrero de 1861 e xa de adolescente comezou a escribir poesía conseguindo o seu primer traballo para o periódico The Sun en 1887. 

Para 1889 traballaba para un bo número de publicacións, incluíndo o New York World. Máis tarde converteuse en editora na revista Cosmopolitan e tamén contribuiu ao Atlantic Monthly e ao North American Review.

En 1906 publicou "A vida e cartas de Lafcadio Hearn", a quen coñecera cando ambos vivían en Nova Orleans na década de 1880. O seu último libro, "Tres homes sensatos do l'Este" (1930), foi publicado póstumamente.

Elizabeth Bisland faleceu dunha neumonía cerca de Charlottesville, Virxinia, o 6 de xaneiro de 1929, e foi soterrada no Cemiterio Woodlawn no Bronx, na cidade de Nova Iorke, casualmente no mesmo cemiterio que Nelly Bly, que tamén falecera de neumonía en 1922.

Máis información en Wikipedia, Bisland, Competición, Viaxe