BARRA DE MENÚ

Amosando publicacións coa etiqueta Filósofas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Filósofas. Amosar todas as publicacións

Marie de GOURNAY

PRECURSORA DO FEMINISMO

O 6 de outubro de 1565, en Paris, nace Marie Le Jars, máis tarde coñecida como Marie de Gournay, que chegou a ser unha importante escritora, filóloga, tradutora, poeta e filósofa francesa dos séculos XVI e XVII. 

Filla dun nobre que veu a menos, Marie, como moitas mulleres daquela época, sabía Latín, Grego, Física, Xeometría e Historia, os clásicos e a literatura francesa, pero formouse de maneira autodidacta; así, aprendera o latín comparando textos traducidos ao francés cos orixinais.

En 1588, aos vintetrés anos, coñeceu ao filósofo Michel de Montaigne. Ela sabía da súa obra desde facía tempo e quedaron mutuamente impresionados. Entón el converteuse non só en admirador das súas ideas senón que alentouna a escribilas e publicalas, algo totalmente revolucionario para o seu tempo.

Tres anos despois do falecemento do seu protector, Marie le Jars publicou en 1595 a terceira edición dos Ensaios de Montaigne.

Gañabase a vida escribindo e realizando traducións. Ofrecía o seu traballo a raíñas, reis e á nobreza. Finalmente conseguiu poder publicar as súas obras e Richelieu concedeulle unha modesta pensión real.

É autora de Igualdade dos homes e as mulleres (1622), Agravio de damas, Apoloxía da que escribe e Copia da Vida da doncella de Gournay, onde analiza a tradición filosófica e o mundo no que vive, argumentando acerca das causas da desigualdade e os mecanismos de desautorización feminina. 

Pola súa obra está considerada como unha das precursoras históricas do feminismo. 

"Escritos sobre a igualdade e en defensa das mulleres" é unha edición que nos acerca as palabras dunha muller que xa no século XVII defendeu cuestións tan modernas como a linguaxe inclusiva e ridiculizou a aqueles que se empeñaban en relegar ás mulleres con afirmacións como esta que é, quizais, unha das súas máis famosas e brillantes aseveracións acerca da igualdade de xénero: "Non hai nada máis parecido a un gato sobre unha fiestra, que unha gata".

O seu estilo de vida foi sumamente inusual para a súa época, foi unha muller solteira que se gañou a vida a través dos seus escritos e defendeu o acceso igualitario das mulleres á educación e os postos públicos. Nos seus ensaios atacou a corrupción das cortes, ao clero e á aristocracia.

Os factores que segundo Gournay explican a subordinación da figura feminina son: a crianza nun ambiente misóxino, a educación e o lugar de nacemento. Por esta razón, defenderá un sistema educativo que inclúa ás mulleres na vida pública; e que, grazas a ilo, poida contar con unha independencia económica do varón, pudéndose permitir dedicarse a proxectos intelectuais, máis alá da tradición imposta como esposa e nai. 

Pódese considerar unha humanista, unha muller renacentista, non só por vivir nese período senón tamén polos seus amplos coñecementos en diversas disciplinas. Grazas a isto pudo dirixir un salón na súa casa onde se reunían homes e mulleres intelectuais para debatir sobre os temas máis diversos de filosofía, política e literatura.

Tras falecer en París o 13 de xullo de 1645 foi esquecida e silenciada.

Antes de morrer compilou todas as súas obras en "Les advis ou les presens de la demoiselle de Gournay", publicado en 1641. Actualmente este primeiro volume das súas obras completas publicouse de novo en 1997.

Para saber máis clicar en Wikipedia, MujeresconCiencia, MujeresHª, MujeresLila, ReF, DF, MR, Pioneiras




Elena CORNARO PISCOPIA

A PRIMEIRA DOUTORA

A primeira muller do mundo en recibir un doutoramento en filosofía en 1678, foi Elena Lucrezia Cornaro Piscopia (Venecia, 5 de xuño de 1646-Padua, 26 de xullo de 1684), unha filósofa veneciana, de ascendencia nobre, que se converteu nunha das primeiras mulleres en obter un grao académico dunha universidade.

A pesar da súa condición de filla ilexítima, tivo moitos pretendentes, pero rexeitounos a todos, pois fixera un voto de castidade aos once anos. Máis adiante, en 1665, tomou os hábitos de oblati benedettini, aínda que sen converterse en monxa.

Dada a súa intelixencia, Elena comenzou estudar latín e griego e pronto adquiriu fluidez en ambos idiomas, aos sete anos de idade. Tamén aprendeu hebreo, español, francés e árabe, o que lle valeu o título de «Oraculum Septilingue». Anos máis tarde, estudou matemáticas, filosofía e teoloxía.

Elena tamén foi considerada unha música experta. Ademais de dominar o sciblis, o que significa que dominou case todo o coñecemento do seu tempo, Elena dominou o clavicémbalo, o clavicordio, a arpa e o violín. As súas habilidades musicais foron demostradas pola música que compuxo ó longo da súa vida. O bispo de Padua, recibiu a nova de que Elena estaba intentando obter o doutorado en teoloxía, e negouse a otorgárllo, alegando que era muller. Nembargantes, lle permitiu obter o título de doutora en filosofía e, despois dun curso brillante, obtivo o seu título.

Ata 300 anos despois, a Universidade de Padua non volveu conceder un doutorado a unha muller.

"Converteuse nunha curiosidade -unha muller sabia-, e a súa reputación creceu en toda Europa", di sobre Elena Cornaro o "Diccionario biográfico de mulleres na ciencia: vidas pioneiras dende os tempos antigos ata a mitade do século XX", de Joy Dorothy Harvey e Marilyn Bailey Ogilvie.

Máis información en: BBC, El País, Gl wikipedia, Muy interesante, Wikipedia




Helene von DRUSKOWITZ

A FEMINISTA MALDITA E ESQUECIDA

Filósofa austriaca (1856-1918), escritora e crítica de música, Helena María Druskowitz foi a segunda muller en obter un Doctorado de Filosofía, en Zürich, e a primeira do seu país. 

Estudou filosofía, arquitectura, literatura xermánica, linguas modernas, orientalismo,... Usualmente publicaba baixo un alias masculino debido ao sexismo da época.

Ayxudou a fundar a revista feminista Der heilige Kampf (A guerra Santa). Helene criticaba a relixión, o sexismo , despois da súa separación de Nietzsche, a súa filosofía.

Dicía: "Emprendede unha loita sacra contra o mundo masculino, para recuperar a honra e a liberdade que perdíchedes".

Tamén exhortaba ás mulleres do século XIX: "¡Odiade aos homes e ao matrimonio e sede fieles a vosoutras mesmas!"

Murió a finales de mayo de 1918, habiendo pasado los últimos 27 años de su vida en un hospital psiquiátrico.


Escribiu ensaios sobre literatura e filosofía. Dous de eles, "Proposiciones cardinales del pesimismo. Un vademécum para los espíritus más libres" e "Intentos modernos de sustituir a la religión" están incluídos nesta edición de Taugenit baixo o nome de "Escritos sobre feminismo, ateísmo y pesimismo". Pódese ler:

"O mundo está tan falsamente disposto, que a mitade máis bela, pura e dulce do xénero permanece sometida á avidez e á luxuria dun sexo feo, rudo e inclinado a cometer estupideces sen conto".

Do home afirma que "non encaixa no marco dun mundo dotado de razón. Pois é demasiado rudo e mendaz; o seu pensamento é demasiado defectuoso e laberíntico, e a súa fealdade exterior demasiado evidente, como para que sexa capaz de dominar con delicadeza a vida".

Á muller dílle que rexeite o matrimonio e a reprodución e que "como seres superiores" atendan á «súa elevada misión, como sacerdotisas do seu sexo, como nobles por natureza. Coa percepción da lei vital superior, chegará a facerse ao mesmo tempo completamente claro tamén o seu destino filosófico, o cal vese en que elas aparecen como guías na morte"

Christine de PIZAN

Pioneira da igualdade

Ensinando ao seu fillo
Christine de Pizan, naceu en 1364, en Venecia, e faleceu no Mosteiro de Poissy, en 1430. 
Poetisa, filósofa, escritora, copista, tradutora, ... nun mundo de homes.
Escribiu a biografía do rei Carlos V de Francia. Casou e quedou viuva aos 25 anos e con tres crianzas, a nai e unha sobriña ao seu cargo, polo que decidiu adicarse a ser escritora profesional, obtindo gran popularidade.
Entrega o libro á Delfina

Dedicou o Libro das tres virtudes (Le Livre des trois vertus) (1407), á delfina Margarita de Borgoña, no que lle aconsellaba "o que debía aprender e como debía comportarse". E parece ser que esta encargoulle un poema, antes de falecer, sobre Jeanne d'Arc, "a doncela de Orléans".
Os seus poemas están extraídos diretamente da súa experiencia persoal como Seulette suy et seulette vueil estr ("Solita esto y solita quiero estar").

A partir de 1399 comezou a escribir sobre os dereitos das mulleres e fundou «La Querelle de la Rose», unha agrupación feminina para discutir o acceso das mulleres ao coñecemento. Participaron mulleres de diferentes clases sociais, entre elas pensadoras, intelectuais e gobernantas, que rexeitaron as teorías que situaban por cuestións biolóxicas á muller por debaixo do home. Esta agrupación permaneceu ata o século XVII.

E fundamentalmente foi precursora do femi
"A cidade das Damas"
nismo e da igualdade entre mulleres e homes pola súa obra "
La cité des Dames", escrita en 1405. Christine reuníu ás mulleres da historia e da mitoloxía nunha cidade para demostrar que a opresión do home era a única verdadeira causa da inferioridade feminina.
Pódese descargar o libro aquí.




Laura BASSI

A PIONEIRA DA CONCILIACIÓN


Laura María Catharina Bassi foi unha científica italiana do século XVIII, filósofa, poeta, docente, madre de familia numerosa, segunda muller doctorada en Europa, primeira nunha cátedra universitaria e gran loitadora pola igualdade. 
Naceu en Bolonia o 29 de novembro de 1711 e faleceu na mesma cidade o 20 de febreiro de 1778.
Un cráter do planeta Venus leva o seu nome.
Foi unha pioneira na conciliación da vida familiar e profesional xa que logrou ter unha gran familia (12 fillos e fillas) e adicarse á ciencia, aínda que tivo que superar moitos atrancos.
Pero as súas contribucións foron totalmente ignoradas e non só non aparecen referencias súas nas historias oficiais da ciencia, senón que algúns historiadores afirman que só impartiu leccións privadas na súa casa, pese a estar documentada a súa docencia na Universidade de Bolonia durante máis de coarenta anos.
Nena prodixio, con vinte recibiu unha coroa de loureiro de plata e deu un discurso de aceptación en latín. O Senado de Bolonia creou unha medalla na que ela aparecía nunha cara e Minerva –a deusa da sabiduría– na outra, xunto coa inscripción ‘Soli cui fas vidisse Minervam.
O papa Benedicto XIV creou unha nova praza, a vixésimo quinta, entre os Benedettini para que fose ocupada por Bassi. Co seu marido Giuseppe Veratti inaugurou un laboratorio e unha escola privada de física experimental no seu domicilio, que pronto fíxose famosa en toda Europa.

Máis información:
El País: Laura                                         Projecto Continua: Filósofa
Mujeres con Ciencia: Científica           Mujeres en la historia: Minerva
Wikipedia: Bassi                                    BBC: Licenciatura

FILÓSOFAS

MULLERES FILÓSOFAS

- La profesora de instituto Lola Cabrera Trigo publicou un documento de Word aberto, de unhas 230 páxinas, no que confronta e pon en diálogo os grandes nomes de filósofos, brancos e mortos con outros de pensadoras coetáneas súas que o ben a tradición considerou heroínas culturais menores ou ben pasaron como de puntillas por enriba de elas.
O documento chámase  En diálogo con ... El pensamiento en femenino plural.


Pódese descargar o libro completo nesta ligazón. 
E tamén se pode ler o artigo onde se da a coñecer este traballo premendo neste twit de Semíramis González, que explica que o libro é "un manual alternativo de la Historia de la Filosofía de 2 de Bachillerato en el que ha incluido a todas las pensadoras históricas que están ausentes de los libros de texto oficiales"
No artigo de "Humor extrañe" pódese atopar un atallo a "Cultura inquieta" para a visualización de 7 películas sobre as vidas de varias filósofas.
A idea é de compartilo e darlle a maior difusión posible 

- Estas 15 mulleres prantexaron unha nova visión do mundo e tiveron un papel moi importante na historia da Filosofía. 
  1. Hiparquía (360-289 aC)
  2. Christine de Pizan (1364-1430
  3. Olympe de Gouges (1748-1793
  4. Mary Wolstoneecraft (1759-1797)
  5. Sophie de Grouchy (1764-1822)
  6. Harriet Taylor Mill (1807-1858)
  7. Lou Andreas-Salomé (1861-1937)
  8. Edith Stein (1891-1942)
  9. María Zambrano (1904-1991)
  10. Ayn Rand (1905-1982)
  11. Hanna Arendt (1906-1975)
  12. Simone de Beauvoir (1908-1986)
  13. Simone Weil (1909)1943)
  14. Philippa Foot (1920-2010)
  15. Carol Gilligan (1936-...)
En educación 3.0 podes atopar as súas breves biografías: 15 Filósofas

- No 2014 o STEG (Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza editou o calendario "Mulleres no tempo. Tempo de mulleres" dedicado ás mulleres creadoras de pensamento 2014. 
Entre elas están:
  • Época Clásica:
    • Teano (sVI aC)
    • Hiparquia de Tracia (s IV aC)
    • Aspasia de Mileta (470-400 aC)
  • Pensadoras Medievales
    • Hildegarde de Birgen (1098-1179)
    • Heloísa (1100-1269)
    • Christine de Pizan (1364-1430)
  • Pensadoras Modernas:
    • Madame de Chatelet (1706-1749)
    • Olympe de Gouges (1749-1793)
    • Mary Wolstonecraft (1759-1797)
  • Pensadoras Socialistas:
    • Flora Tristán (1803-1844)
    • Harriet Taylor (1807-1858)
    • Clara Campoamor (1888-1972)
  • Pensadoras Marxistas:
    • Rosa Luxemburgo (1871-1919)
    • Alexandra Kollontai (1872-1952)
    • Chantal Moufle (1943-...)
  • Pensadoras Anarquistas:
    • Emma Goldmann (1869-1940)
    • Virginia Bolten (1870-1960)
    • Mujeres libres (Grupo libertario / 1936-1938)
  • Filósofas Literarias:
    • Virginia Woolf (1882-1941)
    • María Zambrano (1904-1991)
    • Simone de Beauvoir (1908-1986)
  • Filósofas do Feminismo:
    • Celia Amorós (1944-...)
    • Victoria Sendón (-)
    • Judith Butler (1956-...)
  • Mulleres Ecofeminstas:
    • Françoise d'Eaubonne (1920-2005)
    • Vandana Shiva (1952-...)
    • Alicia Puleo (1952-...)
  • Feminismo y Lengua: 
    • Luce Irigaray (1932-...)
    • Julia Kristeva (1941-...)
    • Eulalia Lledó (1952-...)
  • Filósofas e Pedagogas:
    • María Montessori (1870-1952)
    • Mª José Urrozola Zabalza (1940-2006)
    • Marina Subirat (1943-...)
  • Filósofas Políticas:
    • Martha Nussbaum (1947-...)
    • Amelia Valcárcel (1950-...)
    • Alicia Miyares (1963-...)