A PRIMEIRA EN DAR A VOLTA AO MUNDO EN BICICLETA
Annie Cohen Kopchovsky (1870-1947), coñecida como Annie Londonderry, foi unha xudía letona inmigrante aos Estados Unidos que en 1894-95 converteuse na primeira muller en dar a volta en bicicleta a todo o mundo.A empresa de auga de manantial Londonderry Lithia pagoulle 1000 dólares por levar a súa pancarta na bicicleta, e tamén chegou a un acordo con ela para que adoptase o seu nome. O 20 de outubro de 1895, as súas aventuras foron descritas polo New York World como “a viaxe máis extraordinario xamáis emprendida por unha muller”.
Trala viaxe, Annie Kopchovsky levou a súa familia a Nova Yorke, onde durante moitos meses escribiu grandes artigos para o New York World baixo o nome de "The New Woman" (A nova muller). A súa primeira historia foi un relato sobre a súa aventura sobre a bicicleta. "Son unha periodista e unha Nova muller", escribiu, "se ese termo significa que me creo capaz de facer calquera cousa que poida facer un home".
Nembargantes, a súa fama non durou moito, Annie tivo un cuarto fillo e morreu no anonimato anos despois, en 1947.
En 2007, un descendente de Annie, un sobrino bisneto, Peter Zheutlin, recompilou a súa historia e contouna nun libro, Around the World on Two Wheels.
Susan Anthony, líder estadounidense polos dereitos civís opinaba que a bicicleta era o obxecto que máis que ningunha outra cousa contribuira á emancipación da muller: “Proporciónalle sensación de liberdade e seguridade en sí mesma. Cada vez que vexo unha muller sobre unha bicicleta alégrome, porque é a imaxe da liberdade”, afirmaba nunha entrevista realizada en 1896.
Precisamente así é como as mulleres comezaron a chamar ao vehículo de dúas rodas: “a máquina da liberdade”.
Máis información en:
NationalGeographic, Wikipedia, Web, Mujeres en la Historia, Con alforjas, Bacanas, El reto histórico, Gente