BARRA DE MENÚ

Anunciación CASADO ATANES

A "PASIONARIA" GALEGA


Nada en Cualedro, concello da comarca de Verín (Ourense), en 1887 e finada en Pexeiros (Viana do Bolo) o 21 de agosto de 1936, aos 38 anos, Anuncia Casado Atanes, alcumada "A pasionaria de Viana", foi unha política galega, oradora e organizadora sindical de moita sona, pola súa defensa do campesiñado.

Anuncia foi a responsable do Partido Comunista de España na comarca de Viana. Na Segunda República fixo propaganda entre os traballadores do ferrocarril da liña A Gudiña e Vilar de Barrio. 

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi obxecto dunha constante persecución. Detida polos falanxistas de Verín, foi ultraxada, rapada e asasinada no lugar das Revendeitas, no camiño da Gudiña a Viana o 21 de agosto de 1936. A causa da morte foi "fractura e destrucción da masa cerebral". Fóronlle incautados os seus bens.

A primeira persoa en citar a Anuncia Casado, despois de Celia Domínguez na revista "A nosa bisbarra", na década dos 90, é Dionisio Pereira no limiar do libro "A guerrilla antifranquista de Mario de Langullo, o Pinche", en 2000, quen realizou así mesmo a súa entrada na Enciclopedia Galega que editou Ir indo, a partir do ano 2000.

O crime cometido contra Anuncia Casado respondeu a todas as características da represión sexuada. O profesor da Universidade de Vigo, Xulio Prada, considera que a “represión sexuada sería o exercicio dunha violencia sobre as mulleres polo mero feito de selo”. Tamén fala de Anuncia no libro "Ourense 1936-39. Alzamento, guerra e represión", en 2004. E volve a citala no traballo "Unha a unha, 71 mulleres vítimas da represión en Galicia", en 2012.

No proxecto interunivesritario "Nomes e voces" aparece recollida a súa historia na base de datos de vítimas da represión franquista en Galiza.

Recentemente, en "NósDiario", escribe Lola Varela "Anuncia foi unha desas mulleres fortes e destemidas que sufriron dobre represión, por ser antifascistas e por ser mulleres", onde tamén lembra a outras mulleres que tiveron que soportar padecementos terribles.

Entre elas salientar a:
Juana Capdeviellebibliotecaria e muller do gobernador civil de A Coruña
María Vázquez: de Miño, mestra defensora da renovación pedagóxica e feminista
Carmen Pesqueira: 'A Capirota', de Marín; costureira e lavandeira
Rosario Hernández: 'A Calesa', de Vigo; vendedora de xornais
Carmen Jérez: 'A Galega', compañeira do guerrilleiro berciano Abelardo Macías 'O Lebre'
Pilar Suárezde Florderrei (Vilardevós), cuxa vivenda foi rodeada pola Garda Civil en outubro de 1947 por dar acubillo a guerrilleiros. 

Outras mulleres con destacada participación política e sindical durante a Segunda República en Galiza son:

Mercedes do Campo: interveu na III e IV Asamblea do PG -en 1934 e 1935- como representante do Grupo Feminino de Ourense
Concepción Alfaya López e Amanda Rodríguez Guerra: candidatas nas eleccións de 1931 (mesmo sen poder votar aínda)
Amparo López Jean: secretaria e presidenta da Agrupación Republicana Femenina da Coruña e integrante da Executiva do PG
Elvira Bao Maceiras: presidenta tamén da Agrupación Republicana Femenina da Coruña
Trinidad Villalón: vogal do Comité Local do Partido Radical-Socialista na Coruña
Olivia Calvar Lemos e Dolores Blanco Montes: sindicalistas e anarquistas
Consuelo Rabuñal Suárez: da UGT
Florencia Marzoa Martínez

O 21 de agosto do 2022 a agrupación "Os Torgueiros" organizou unha homenaxe, na Gudiña, onde os historiadores e investigadores Dionísio Pereira, David Simón e Lola Varela, presentados polo recoñecido etnógrafo gudiñés José Rodríguez Cruz, participaron nunha palestra para lembrar a Anuncia Casado aos 86 anos de ser asasinada. 

Máis información en: Lola VarelaHomenaxe, NósDiarioGlWikipedia, Pasionaria, Nomes e voces, Igualdade.



Miriam FRIEDMAN MENKIN

A PRIMEIRA EN FECUNDAR UN ÓVULO HUMANO "IN VITRO"

Foi a científica estadounidense de orixe letón Miriam Friedman Menkin a primeira persoa en conseguilo. O seu traballo contribuiu significativamente ao desenvolvemento das técnicas de fecundación in vitro, tal e como se coñecen hoxe en día.

Naceu o 8 de agosto de 1901 en Riga e faleceu o 8 de xuño de 1992 en Boston (EEUU), aos 91 anos de idade. Estudou Histoloxía e Anatomía comparada na Universidade de Cornell, en Nova York e aos 20 anos de idade graduouse e comezou unha maestría en Xenética na Universidade de Columbia, obtindo o título un ano máis tarde, en 1922.

A partir de entón, Miriam tratou de seguir os pasos do seu pai, que era médico, e tentou inscribirse a un doctorado en varias Facultades de Medicina, pero sen éxito. Nese momento, acceder a este tipo de estudos era extremadamente difícil para unha muller.

Axudando ao seu marido, estudante de mediciña, nos seus experimentos, aprendeu algunhas nocións de embrioloxía e bacterioloxía. Pero Miriam Friedman non deixo de formarse e investigar pola súa conta, e en 1930 conseguiu retomar a súa carreira científica e obtivo un posto como investigadora na Facultade de Medicina de Harvard, que mantivo ata 1935. Despois, comenzou traballar alí co biólogo Gregory Pincus onde se dedicaba a preparar solucións para propiciar a ovulación en coellos. 

Pouco despois de quedarse sen emprego, Miriam solicitou un posto como investigadora no laboratorio de John Rock, no Free Hospital for Women de Boston.  Tratou de fecundar óvulos in vitro en diversas ocasións, ata que en 1944, por un despiste, observou por primeira vez como o óvulo foi fecundado por un espermatozoide comezando a división celular. 

Tralo seu primer éxito, Friedman conseguiu repetir a fecundación in vitro en tres ocasións máis e logrou documentalo con fotografías, pero ningún dos óvulos fecundados lograba sobrevivir máis aló das primeiras divisións celulares. 

Maltratada polo seu marido tivo que separarse e coidar soa da súa prole polo que non puido pagar as taxas do seu título de médica nin adicarse nunca máis á investigación da fertilización in vitro a tempo completo.

Pese a que chegou a estar nominada xunto a Rock para recibir o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1951, como recoñecemento aos seus importantes traballos en reproducción in vitro, o seu nome xa non volveu a mencionarse en demasiadas ocasións. 

Máis información en: BBCGenotipia,  MujeresconCienciaWikipedia


Luisa de MEDRANO

PROFESORA NA UNIVERSIDADE DE SALAMANCA E A PRIMEIRA CATEDRÁTICA

O 9 de agosto de 1484 naceu en Atienza (Guadalajara, antes Soria) Luisa de Medrano Bravo de Lagunas Cienfuegos, chamada as veces erróneamente Lucía de Medrano. Morreu tamén alí, en Atienza, no 1527.

Luisa de Medrano foi unha erudita, poetisa e pensadora española, filla de Diego López de Medrano e Magdalena Bravo de Lagunas. Ensinou latín na Universidade de Salamanca, substituíndo a Antonio de Nebrija en 1508. Escribiu poemas e filosofía, aínda que o seu traballo perdeuse.

Foi contemporánea de Beatriz Galindo "La Latina", pertence ao grupo de mulleres renacentistas famosas polos seus coñecementos e ás que os seus contemporáneos denominaron puellae doctae

Puido desenvolver esta actividad cultural da que as mulleres daquela época estaban excluidas en Europa, debido a que estaba amparada pola raína Isabel I de Castilla. A súa obra e toda mención da súa existencia parece haber sido mandada eliminar polo rei Carlos I, e só  subsistiron tres fontes primarias que fan mención a ela.

A primeira é un apunte en 1513, no rexistro de crónicas "Cronicón" de Pedro de Torres, canónigo de Sigüenza, catedrático y posterior Rector de la Universidad de Salamanca, quen a menciona en 1508 impartindo a cátedra de Cánones. Anótase alí: o día 16 de novembro de 1508 le a filla de Medrano na Cátedra de Cánones (A.D. 1508 die 16 Novembris hora tertia legit filia Medrano in Catedra Canonum)

A segunda fonte é unha longa e eloxiosa carta publicada Opus Epistolarum polo erudito italiano Lucio Marineo Sículo (profesor en Salamanca durante doce anos), que a coñeceu na universidade e deixou escrita en 1514 unha mostra da súa admiración pola sabiduría desta muller, a quen consciente o inconscientemente cambioulle o nome por Lucía.

O terceiro documento orixinal que fala de Lucía de Medrano é do mesmo Lucio Marineo Sículo. Trátase dunha mención en De Rebus Hispaniae Memorabilibus, tamén publicada en castelán como De las cosas memorables de España. 

Segundo Jacinto Chicharro, Luisa de Medrano estaría retratada como Sibila Samia nunha das catro tablas de profetas e sibilas da igrexa da Trinidade de Atienza atribuidas a Juan Soreda, conservadas no museo de San Xil da mesma localidade.

En 1935 a alemana Thérèse Oettel publicou Unha catedrática no século de Isabel a Católica: Lucía de Medrano, obra que aínda segue sendo de referencia. 

En 2015 creouse o Premio Internacional de Castela-A Mancha á Igualdade de Xénero «Luisa de Medrano», otorgado a Soledad CazorlaMarcela LagardeMiguel LorenteAmelia Valcárcel e Bernaldo de Quirós e, en 2020, a Carlota Bustelo García del Real.14

En 2018 a editorial Espasa publicou a novela de ficción histórica La catedrática, obra de María López Villarquide, que recrea a súa biografía a través dos puntos de vista de diferentes personaxes contemporáneos a Luisa de Medrano. A novela foi traducida ao chinés e publicada en 2022.

Máis información en: Wikipedia, Medrano, Lucía, Academia, La Catedrática, Doodle, La Pajarera, La Vanguardia, Heroínas



 

CINISCA de Esparta

PRIMEIRA GAÑADORA DOS XOGOS OLÍMPICOS

Cynisca ou Kyniska era unha rica princesa espartana. É famosa por ser a primeira muller en gañar nos Xogos Olímpicos, competindo no deporte das carreiras de carros. Cynisca entrou por primeira vez nos Xogos Olímpicos no 396 aC, onde gañou o primeiro premio competindo cun equipo de cabalos que ela mesma adestrara. E novamente no 392 aC.

Naceu arredor do ano 440 aC, era filla do rei Arquídamo II e da raíña Eupoleia, e irmá de Axesilao, que tamén foi rei á morte do seu pai, en Esparta, cidade onde se valoraba a función da muller para parir cidadáns sáns. Foi criada como unha atleta, segundo a usanza espartana, sabía ler e escribir e tiña nocións matemáticas para poder administrar as súas propiedades. Non se sabe nada máis dela ata que se converteu na primeira muller do mundo antigo en participar e gañar nas Olimpíadas…

Entre os diferentes deportes que se practicaban na antiga Grecia, era moi popular a carreira de cuádrigas, carros lixeiros tirados por catro cabalos e conducidos por un home chamado auriga.

As mulleres non tiñan permitido participar como aurigas, pero si como propietarias de cabalos. Nestas probas, o vencedor non era o auriga senón o propietario, polo que unha muller con bos recursos económicos, que fora dona dunha cuadra e cuxos cabalos gañaran a competición podía ver o seu nome inscrito na lista de gañadores. 

A maioría das mulleres do antigo mundo grego mantíñanse ailladas e tiñan prohibido aprender calquer tipo de deporte, a montar a cabalo ou a cazar, mais as mulleres espartanas eran en cambio educadas dende a súa infancia para sobresaír nestas cousas e para desdeñar as tarefas do fogar.

A historia de Cinisca de Esparta coñecese grazas a que como premio, fíxose dela unha estatua de bronce no santuario do Templo de Zeus en Olimpia, cunha inscripción na cal declara que foi a única muller que gañou a coroa de flores nas carreiras de carros dos Xogos Olímpicos.

Reis de Esparta son o meu pai e meu irmán.
Cinisca, vencedora cun carro de veloces corceis,
erixo esta estatua. E me declaro como a única muller
de toda Grecia que gañou esta coroa.

Outras mulleres que tamén venceron nesta proba foron Eurileónide de Esparta, no ano 368 aC, Belistica de Macedonia, en 268 e 264 aC, e as irmás Timareta e Teódota de Élide no 84 aC, entre outras. E a familia real de Exipto, os ptolomeos, tendría varias campeonas na súa descendencia, como Berenice I, Arsínoe, a súa filla, e a súa neta Berenice Sira.

Máis información en: CiniskaEsparta, Wikipedia, Vídeo, Origins