BARRA DE MENÚ

Amosando publicacións coa etiqueta Directora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Directora. Amosar todas as publicacións

Alice GUY

A PIONEIRA DO CINE  

O 1 de xullo de 1873 naceu en Saint-Mandé (Francia) Alice Ida Antoinette Guy, que pasou a súa infancia entre Francia, Chile e Suiza; estudou secretariado e obtivo o posto de secretaria na Compañía Xeral de Fotografía de max Richard.

A súa primeira película, Fée aux Choux, realizouna en 1896 coa cámara Demeny-Gaumont, combinando imaxes en movemento e a arte teatral. En 1901 fixo unha nova versión titulada Sage-femme de première classe.

Alice Guy foi pioneira nos efectos especiais e a ciencia ficción fílmica, imitando os avances de Georges Méliès e contribuíndo ás bases do que posteriormente foi considerada ficción cinematográfica.

Despois de dez anos facendo cine en Francia, xa non atopou alí financiamento para rodar. Entón marchou aos Estados Unidos co seu home, Herbert Blaché, percorrendo xuntos durante dous anos o país para promover Chronophone Demeny-Gaumont, en espera da apertura dunha sucursal Gaumont en Flushing (Nova Iorke), que dirixiu Herbert. 

Alice utilizou os estudos Gaumont para as súas realizacións, e en 1910 fundou a súa propia compañía de producción cinematográfica, Solax Company. Tamén dirixiu Film Supply Company.

Fixo películas de diversos xéneros (western, drama, espionaxe, fantasía, policíaco, ...) con actores e actrices estrelas da época do cine mudo: Darwin Karr, Blanche Cornwall, Lee Beggs, Billy Quirk. Tivo certo éxito, o que lle permitiu invertir e crear un estudo en Fort Lee (Nova Jersey), que se converteu na década de 1910 nun lugar importante no mundo do cine. A Metro Goldwyn Mayer distribuiu as súas realizacións ata 1918. 

En 1905, Alice rodaría en España "Voyage en Espagne" ou "A malagueña e o toureiro", película que foi coloreada posteriormente a mán, e cuxa copia restaurada pode verse actualmente na Filmoteca Nacional de Madrid. 

A súa seguinte película foi "A paixón ou a vida de Cristo", a que podería considerarse como a primeira superproducción da historia, cunha duración de trinta minutos e para a que se usaron vintecinco decorados e máis de trescentos extras, algo excepcional para a época.

A aportación ao mundo da séptima arte de Alice Guy Blaché foi infravalorada e invisibilizada polo mero feito de ser muller. Aínda que era prácticamente unha descoñecida, en realidade Alice Guy foi unha directora revolucionaria que aportou moitas novidades nas súas películas, chegando a producir máis de mil cintas.

A primeira persoa en dirixir unha película onde todos os protagonistas eran negros, en 1912, chamada Un tonto e o seu diñeiro, foi ela. Tivo un papel importantísimo na produción das primeiras películas sonoras. Foi propietaria e directora do seu propio estudo de cine, de feito, é  ata hoxe a única muller que dirixiu o seu propio estudo.

En 1953, a Alice Guy concederónlle a Lexión de Honor, a maior distinción que otorga o goberno francés. Algúns anos máis tarde, en 1957, recibiría un homenaxe por parte da Cinemateca francesa por ser a primeira directora de cine da historia.

Viviu en Estados Unidos ata a súa morte, acaecida o 24 de marzo de 1968.

Máis información en Wikipedia, HNG, Guy, Stop, Alice


Antonia Louisa BRICO

PRIMEIRA DIRECTORA DE ORQUESTRA NEERLANDESA

Antonia Louisa Brico naceu en Rotterdam o 26 de xunio de 1902, pero ao pouco tempo foi adoptada polo matrimonio Wolthuis que a renomeou Wilhelmina. Cando tiña cinco anos emigraron aos EEUU, instalándose na cidade dos Ángeles.

Dende pequena gustaballe a música, compaxinaba os seus estudos na Escola Secundaria de Oklahoma con clases de piano e con 17 anos xa era unha pianista consumada. Pero o seu grande sono era chegar a ser directora de orquestra. 

En 1919 descobre as súas orixes, abandona á súa familia adoptiva, recupera o seu nome e estuda Artes Liberais na Universidade de Berkeley, en California; mentras tanto traballa como asistente de dirección na Ópera de San Francisco. Trala súa graduación marcha a Nova Iorke para atopar o seu camiño na música.

Pero na época, a dirección non era un traballo para mulleres e, en 1926 vai vivir a Hamburgo onde aprende co director de orquestra Karl Muck. Continúa os seus estudos en Berlín chegando a dirixir por primeira vez en 1930 á Orquestra Filarmónica.

A partir de entón Antonia Brico foi invitada a dirixir algunhas das máis importantes orquestras do momento, como a Sinfónica dos Ángeles, a de San Francisco e a Filarmónica de Hamburgo. En 1933 consegue dirixir a Orquestra Sinfónica de Músicos de Nova Iorke.

O 25 de xullo de 1938, para demostrar ‘o seu dominio técnico e comprensión musical, ante a mirada atenta de aproximadamente tres mil espectadores, Antonia Brico alzou a súa batuta, dirixindo á Orquestra Filarmónica de Nova Iorke.

Durante o concerto se interpretaron a obertura Leonora de Beethoven, a Sinfonía núm 1 de Sibelius, Romeo e Xulieta de Chaikovski, os Mephisto-Walzer de Liszt e, finalmente, o preludio ‘Die Meistersinger‘ de Wagner. 

Aínda que dirixiu ás máis prestixiosas orquestras do mundo nunca poido ser nomeada directora titular, sempre o facía como convidada e soportando os comentarios machistas e os desaires de músicos e empresarios musicais que non era capaces de recoñecer que era unha boa directora. O feito de ser muller contaba máis que o seu talento.

En 1934, cansada de tanto prexuizo, decidiu crear a súa propia orquestra, formada única e exclusivamente por mulleres, a New York Women's Symphony. O proxecto recibiu o apoio da Primeira Dama dos Estados Unidos, Eleanor Roosevelt, e durante catro anos foi todo un éxito. 

Nembargantes, cando en 1939 aceptou a entrada de homes músicos e pasou a chamarse Orquestra Sinfónica Brico,  comezou a declinar.

Durante a década de 1940, Antonia Brico viaxou por todo o mundo e realizou unha xira na que actuou como directora e como pianista. Foi "invitada" a dirixir decenas de orquestras, entre as que destacan a Orquestra Sinfónica de Helsinki e a Japan Women’s Sinfonia.

En 1947 instalouse definitivamente en Denver onde aceptou dirixir unha pequeña orquestra e encargouse de distintos proxectos musicais, fundou a Sociedade de Bach, o Conxunto de Corda de Mulleres e a Orquestra de Homes de Negocios de Denver, ata a súa xubilación en 1985. Pero o seu nome foi esquecéndose pouco a pouco.


En 1974 estrenouse un documental sobre a súa vida, Antonia: a Portrait of a Woman, dirixido pola cantante folklórica Judy Collins, antiga alumna súa, e a cineasta Jill Godmilow. 

En 1975, foi invitada ao Mostly Mozart Festival de Nova Iorke; as entradas esgotaronse enseguida e tiveron que facer unha función extra. CBS grabou ambos concertos en LP que agora están accesibles en línea.

En 1977 realizou o seu último concerto coa Brooklyn Philharmonia, e en 1981 deixou a dirección continuando só coa ensinanza.

En 1988 cae e rompe un cadril e máis tarde, Antonia Brico falece na residencia Bella Vita Towers en Denver o 3 de agosto de 1989. Para entón, aínda non existía ningunha directora de orquestra cun posto fixo en ningunha orquestra do mundo.

A cineasta holandesa Maria Peters recolle  a súa historia na película A directora de orquestra, estreada en 2018 e logo editou unha novela biográfica co mesmo título.​

Antonia Brico foi a primeira muller que dirixiu a Orquestra Filarmónica de Berlín na década de 1920, hai documentos que proban que antes que ela, Ethel Leginska, uns anos maior, tamén sufriu os prexuizos da época en torno á dirección, pero a historia non a recoñee como a primeira directora destas agrupacións.

Máis información en Cine, Wikipedia, Hª, Película, HNG, Mujeres, Melómano, Arte, Lila