A RAÍÑA DO XADREZ
Judit Polgár é unha xadrecista húngara xa retirada, considerada unha das mellores xogadoras de xadrez da historia.
En 1991 obtivo o título de Gran Maestro Internacional á idade de 15 anos, convertíndose na persoa máis nova en conseguilo, rompendo o récord do famoso campeón estadounidense Bobby Fischer.
É a única muller que conseguíu figurar entre os dez primeiros xadrecistas da clasificación mundial, lográndoo na listaxe de xaneiro de 1996.
Foi a primeira muller en gañarlle a Kasparov. En 2002 Gary Kasparov, considerado por moitos como o mellor xogador de xadrez da historia, foi vencido por primeira vez por unha muller: Judit Polgár. Comentou: "Ela ten un talento fantástico para o xadrez pero, despois de todo, é unha muller. Ningunha muller pode soster unha batalla prolongada".
Naceu o 23 de xullo de 1976 en Budapest, sendo a menor de tres fillas dun matrimonio húngáro de clase media. Nai e pai, ambos adicados á educación, acordaron poñer en práctica un experimento pedagóxico co obxectivo de demostrar que se pode fabricar un xenio utilizando as técnicas adecuadas.
"Necesítanse entre 20.000 e 30.000 horas de estudo para que unha persoa poida dominar calquera materia de forma extraordinaria", dicía o seu pai.
"Haber servido de inspiración a tantas nenas é unha das miñas maiores satisfaccións", sentencia Judit Polgár.
Tamén ideou o método de ensinanza "O patio de xadrez de Judit PolgÁr" para a aprendizaxe do xadrez na primeira infancia, que se imparte dende 2014 no xardín de infantes Brumi de Pest, Hungría.
BBC News, Chess24, Euronews, Historia NG, Kamchatka, Mujeres Bacanas, Outsiders, Wikipedia