BARRA DE MENÚ

Amosando publicacións coa etiqueta UDs. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta UDs. Amosar todas as publicacións

Antía CAL

MESTRA E PEDAGOGA GALEGA


Co motivo da homenaxe que se lle rendeu en Muras en 2015, o Observatorio da Mariña pola Igualdade editou esta UD e Guía sobre a mestra e pedagoga Antía Cal.

Antía Cal naceu na Habana, filla da emigración en Cuba, o 18 de abril de 1923, e ven de falecer o 30 de marzo do 2022, case con 99 anos.

Regresou a Muras con 9 anos. Logo se fai mestra, sendo unha das primeiras universitarias de Galiza. Casa con Antón Beiras, ten catro fillos e fillas e falaban galego na casa.

Funda a Escola Rosalía de Castro en Vigo que destacaba pola educación en valores e con valores: espirituais, intelectuais e económicos. A educación dábase nun ambiente galegofalante e respectuoso coa identidade e a historia de Galiza. A ensinanza era bilingüe (español-inglés). Destacaba o seu sistema pedagógico de vanguardia, que máis que a memorizar ensinaba a pensar, a ter criterio propio.

En 2012 recibe o Premio Trasalba otorgado pola Fundación Otero Pedrayo e en 2015 foi distinguida co Premio de Igualdade "Ernestina Otero", premio honorífico otorgado polo Consello Municipal da Muller de Vigo.

Educando iguais 


En 2017 a editorial Laiovento publica o libro "O arte e a súa historia":

Estas cuartillas mecanografadas apareceron nunha caixa de zapatos na primavera de 2017, sesenta e dous anos despois de seren escritas.

Conforman un libro que non naceu para ser publicado, senón para que o lesen os fillos dos autores: así de sinxelo. 

Nelas coméntase a recente morte de Einstein (abril de 1955), polo que deben ser do segundo lustro dos anos 50. 

Por algunha razón desapareceron nunha das mudanzas dos autores e os seus catro fillos e foron estes quen as atoparon agora.

Nesta ligazón accédese ao seu libro Sementar no futuro, Premio Trasalba 2012: Sementar.

Tamén se pode ver a intervención de Antía Cal cando lle fixeron unha homenaxe na EUEE, Escola de Empresariais de Vigo en 2017




Máis información en Antía Cal, en Mestra, en Praza, en Wikipedia e nun artigo sobre o documental "A palabra xusta" aquí. Comentan o seu pasamento en Faro, Pedagoga e en NósDiario.





UDs de Galegas

Unidades Didácticas de GALEGAS


Na web da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galiza, en Programas e recursos, e dentro de Recursos didácticos está o apartado "Aprende coas mulleres galegas" onde se  atopan unha serie de UDs con actividades para coñecer e afondar sobre a vida de varias mulleres referentes intelectuais de Galiza. 

Estas galegas son:
  1. Maruja Mallo: Maruxa
  2. Mª Victoria Moreno: Mª Victoria
  3. Ángela Ruiz Robles: Ángela
  4. Concepción Arenal: Concepción
  5. Ángeles Alvariño: Ángeles
  6. Ernestina Otero: Ernestina
  7. Mª Josefa Wonenburger Planells: Mª Josefa
  8. Emilia Pardo Bazán: Emilia
  9. Olimpia Valencia: Olimpia
  10. Filomena Dato: Filomena
  11. Isabel Zendal: Zendal
  12. Rosalía de Castro: Rosalía
  13. Antonia Ferrín: Antonia
  14. María Casares: Casares
  15. Luz Pozo Garza: Luz
  16. María Barbeito Cerviño: Barbeito
  17. Isabel Barreto: Barreto
  18. Elisa Patiño: Patiño
  19. María Vinyals: Vinyals
  20. Exeria: Exeria
  21. Mª Luz Morales: Morales
  22. Manuela Barreiro: Barreiro
  23. Rita Fernández Queimadelos: Rita
  24. Xela Arias: Xela
  25. Pura Vázquez: Pura
  26. Lolita Díaz Baliño: Lola
  27. María Pita: Pita
  28. Marcela Gracia e Elisa Sánchez: Elisa e Marcela

Outras UDs son: