PRIMEIRA GAÑADORA DOS XOGOS OLÍMPICOS
Cynisca ou Kyniska era unha rica princesa espartana. É famosa por ser a primeira muller en gañar nos Xogos Olímpicos, competindo no deporte das carreiras de carros. Cynisca entrou por primeira vez nos Xogos Olímpicos no 396 aC, onde gañou o primeiro premio competindo cun equipo de cabalos que ela mesma adestrara. E novamente no 392 aC.
Naceu arredor do ano 440 aC, era filla do rei Arquídamo II e da raíña Eupoleia, e irmá de Axesilao, que tamén foi rei á morte do seu pai, en Esparta, cidade onde se valoraba a función da muller para parir cidadáns sáns. Foi criada como unha atleta, segundo a usanza espartana, sabía ler e escribir e tiña nocións matemáticas para poder administrar as súas propiedades. Non se sabe nada máis dela ata que se converteu na primeira muller do mundo antigo en participar e gañar nas Olimpíadas…
Entre os diferentes deportes que se practicaban na antiga Grecia, era moi popular a carreira de cuádrigas, carros lixeiros tirados por catro cabalos e conducidos por un home chamado auriga.
As mulleres non tiñan permitido participar como aurigas, pero si como propietarias de cabalos. Nestas probas, o vencedor non era o auriga senón o propietario, polo que unha muller con bos recursos económicos, que fora dona dunha cuadra e cuxos cabalos gañaran a competición podía ver o seu nome inscrito na lista de gañadores.
A maioría das mulleres do antigo mundo grego mantíñanse ailladas e tiñan prohibido aprender calquer tipo de deporte, a montar a cabalo ou a cazar, mais as mulleres espartanas eran en cambio educadas dende a súa infancia para sobresaír nestas cousas e para desdeñar as tarefas do fogar.
A historia de Cinisca de Esparta coñecese grazas a que como premio, fíxose dela unha estatua de bronce no santuario do Templo de Zeus en Olimpia, cunha inscripción na cal declara que foi a única muller que gañou a coroa de flores nas carreiras de carros dos Xogos Olímpicos.
Outras mulleres que tamén venceron nesta proba foron Eurileónide de Esparta, no ano 368 aC, Belistica de Macedonia, en 268 e 264 aC, e as irmás Timareta e Teódota de Élide no 84 aC, entre outras. E a familia real de Exipto, os ptolomeos, tendría varias campeonas na súa descendencia, como Berenice I, Arsínoe, a súa filla, e a súa neta Berenice Sira.
Máis información en: Ciniska, Esparta, Wikipedia, Vídeo, Origins