BARRA DE MENÚ

Sagrario MARTÍNEZ CARRERA

PROGRAMADORA INFORMÁTICA EN CRISTALOGRAFÍA

Sagrario Martínez Carrera (Madrid, 10 de maio de 1925 - Madrid, 18 de decembro de 2011) foi unha química española que se licenciou en Ciencias Químicas en 1948 na Universidade Complutense de Madrid, defendendo a súa tese doutoral en 1955.

Foi profesora de Investigación do Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), no Departamento de Cristalografía do Instituto de Química Física «Rocasolano» de Madrid desde 1950. Este Departamento podese considerar herdeiro da Sección de Raios X do Instituto Alonso Santa Cruz. 

Realizou estancias postdoctorais na Universidade de Ámsterdam. E aprendeu cálculo electrónico durante unha estancia na Universidade de Pittsburg (EE UU) en 1962, o que lle permitiu avanzar no estudo das estructuras cristalinas, xogando un papel fundamental na introdución no estado español da programación informática en cristalografía.

Formou parte do Grupo Español de Cristalografía e Crecemento Cristalino, do Comité Español de Cristalografía. Tamén traballou para a Unión Internacional de Cristalografía, de feito en 1956 coorganizou en Madrid a primeira reunión internacional desta sociedade. 

En 1974 desenvolveu un importante traballo na organización dunha conferencia internacional sobre Dispersión Anómala.

Realizou tarefas de xestión  tendo gran importancia na organización do CSIC, formou parte do Comité Científico Asesor. O CSIC otorga o distintivo CSIC ASPIRA-MaX "Sagrario Martínez Carrera" que é un selo de excelencia científica, aos seus centros e institutos de investigación. 

Este recoñecemento forma parte do Proxecto MaX-CSIC (dentro do programa estratéxico DEEP-MaX), cuxo obxectivo é guiar, impulsar e financiar a excelencia científica interna para posicionar aos centros no máis alto nivel internacional. 

Consta de tres fases consecutivas, e cada unha otorga un selo bautizado en honor a unha científica histórica e pioneira da propia institución. Fase I: Selo "Josefa Barba", Fase II: Selo "Sagrario Martínez Carrera" e Fase III: Selo "Margarita Comas".

Máis información: Wikipedia, MujeresconCiencia, Cristalógrafa,  MaX, CSIC




Constanza CERUTI

Primeira Arqueóloga de Alta Montaña

María Constanza Ceruti é unha historiadora, arqueóloga e antropóloga arxentina (Bos Aires 11 de xaneiro de 1973), que realizou máis de oitenta prospeccións, a maior parte delas integrando equipos da National Geographic, nas rexións andinas de Arxentina, Chile, Bolivia, Ecuador e Perú.​

Escalou máis de 100 montañas por enriba dos 5.000 metros e explorou montañas sagradas en Europa, Asia, Australia e as Américas. Subíu dúas veces con éxito á cima do Aconcagua (6.962 metros), a montaña máis alta do hemisferio occidental e fora do Himalaia.

Traballa como investigadora do CONICET (Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas) de Arxentina, é directora ad-honorem do Instituto de Investigacións de Alta Montaña da Universidade Católica de Salta e creadora da cátedra de Montañas Sagradas.

En 1999, na cima do volcán Llullaillaco (6.739 m) na provincia arxentina de Salta, que constitúe o sitio arqueolóxico máis alto en todo o mundo, xunto a un equipo da National Geographic, Johan Reinhard e Constanza Ceruti dirixiron as investigacións e participaron personalmente no descubremento das tres momias mellor preservadas da historia, produto da momificación por conxelación.

As tres momias chamadas "O Neno", "A nena do raio" e "A doncela" estaban acompañadas dun centenar de obxetos suntuarios, como utensilios, animais en miniatura e figuras humanas, de típico estilo Inca, a casi 7.000 m sobre o nivel do mar.

Recibíu numerosos premios, entre eles o Premio Príncipe de Asturias (galardón compartido coutros catro exploradores científicos cando foi entregado a National Geographic na categoría Comunicación e Humanidades) no ano 2006. 

Ou a Medalla de Ouro da International Society of Woman Geographers, recibida en 2017; que anteriormente recibiron Amelia Earhart e Jane Goodall, e o Cóndor Dorado do Exército Arxentino, máximo galardón á experiencia en alta montaña, nunca antes otorgado a unha muller.

Publicou varios libros, moitos deles vencellados á relación cultural mística dos pobos coas montañas, así como máis dun centenar de artículos científicos. Salientando as seguintes obras:

  • Arqueología de Alta Montaña en La Rioja (1ª edición). Eucasa. 2004.
  • Embajadores del pasado: los niños del Llullaillaco y otras momias del mundo (1ª edición). Eucasa. 2009
  • Volcanes sagrados en la Isla de Pascua (1ª edición). Mundo Gráfico Salta Editorial. 2014. 
  • Montañas sagradas de Tailandia (1ª edición). Mundo Gráfico Salta Editorial. 2014.
  • Montañas sagradas del país vasco (1ª edición). Mundo Gráfico Salta Editorial. 2014.
  • Camino de Santiago y montañas sagradas en Galicia (1ª edición). Mundo Gráfico Salta Editorial. 2014.
  • Montañas sagradas de Irlanda (1ª edición). Mundo Gráfico Salta Editorial. 2016
  • Montañas Sagradas de los Pirineos. Mundo Editorial. Salta. 2018.

  • Máis información en Infobae, Wikipedia, Constanza, Ceruti, Montañas




    Margot SPONER

    AUTORA DA PRIMEIRA TESE SOBRE O GALEGO

    Naceu en Neisse (Silesia, actual Polonia) o 10 de febreiro de 1898 e finou en Berlín o 28 de abril de 1945, foi unha lingüista alemá que converteuse  coa súa tese nunha das pioneiras dos estudos galegos no mundo.

    A partir de 1909 Margot Sponer cursou estudos de Filoloxía Clásica, Romanística e Xermanísticas nas universidades de Halle, Leipzig, Nápoles, Grenoble, Madrid e Berlín, onde probablemente se graduou e traballou como profesora de língua española na universidade, en 1929.

    En Madrid entrou en contacto  co Centro de Estudos históricos e no verano de 1926 viaxou a Galiza e percorreu a cabalo as vilas e aldeas recollendo léxico para completar as súas investigacións sobre a lingua galega. Deixou multitude de anécdotas e de relacións afectivas que continuaron ao longo do tempo. 

    Margot Sponer publicou alentada por Vicente Risco o texto "Algunhas notas dos meus estudos sobre filoloxía galega". Aínda que ela traballara con documentos medievais, no texto céntrase na situación do galego do momento e do que ela, na súa viaxe, investigara. Na revista Nós no número do 15 de xaneiro de 1927, informase sobre os seus estudos.

    Os seus apuntamentos céntranse no que considera unha contaminación do castelán sobre o galego ao tempo que razoa este acontecemento. O mesmo Vicente Risco volverá vela na súa viaxe a Berlín en 1930 e alí verá en primeira persoa como Margot prepara a súa tese sobre o galego antigo. 

    O 20 de xuño de 1930, presenta a súa tese de doutoramento titulada "Altgalizische Urkunden" (Documentos antigos de Galicia), dirixida polo profesor Ernst Gamillscheg. Nela transcribe e anota unha cantidade importante de documentos medievais datados entre os anos 938 e 1494. 

    A vida non foi amable coa filóloga alemá que, tras o ascenso do nazismo, é expulsada da universidade en 1942 e detida en febreiro de 1945, pola súa cooperación coa resistencia clandestina antinazi. Detéñena na súa casa o 27 de abril de 1945 por uns uniformados da SS e, pola información que se manexa, é asasinada ese mesmo día.

    En agosto de 2025 publicase no marco do festival Viñetas desde o Atlantico, na Coruña, a banda diseñada "A tese de Margot" onde se divulga e documenta a súa viaxe de 1926 a Galiza.

    Máis información en Nós, Wikipedia, Álbum, Tese, Galego






    Karen HORNEY

    A MULLER QUE DESAFIOU A FREUD

    Karen Danielsen naceu o 16 de setembro de 1885 en Blankenese, preto de Hamburgo, e faleceu en Nova Iorque o 4 de dezembro de 1952. Coñecida como Karen Horney, foi unha psiquiatra, formadora, escritora e provocadora psicoanalista alemana naturalizada estadounidense.

    As súas teorías cuestionaron ás de Sigmund Freud, por exemplo cando el dicía que as diferencias psicolóxicas entre home e muller eran produto da bioloxía, ela sostiña que se debían a diversos factores culturais, ambientais e sociais. 

    O seu pensamento clasifícase dentro do neofreudismo, do que foi unha das súas fundadoras, así como da psicoloxía feminista. 

    Aos 21 anos comezou a estudar Medicina en Friburgo, logo completou os seus estudos en Gotinga e Berlín; en 1909 casa con Oskar Horney, co que terá tres fillas, e estabelecese en Berlín. 

    Rematada a carreira asiste á clínica Neuropsiquiátrica da universidade coñecendo o psicoanálise, pero rexeitou a tese clásica da envidia do pene sendo foi crítica respecto a iso.

    Debido ao auxe do nazismo e ao crecente rexeitamento dos círculos psicoanalíticos conservadores, emigrou a Estados Unidos en 1932. 

    Tras ser expulsada da Sociedade Psicoanalítica de Nova Iorke polas súas ideas revolucionarias, cofundou a Asociación para o Avance da Psicoanálise, onde coincidiu con figuras como Erich Fromm, Harry S. Sulivan ou Margaret Mead, e o Instituto Americano de Psicoanálise. 

    Argumentou que as mulleres envidiaban o rol social e os privilexios do varón e introduzo o concepto de "envidia do útero". Definiu a neurose como un intento de control interpessoal frente á ansiedade básica" infantil venerada pola falta de afecto parental, deixando unha das explicacións máis completas sobre as tendencias neuróticas.

    Foi a primeira en dicir que o desexo de amor pode ter aspectos neuróticos. Foi a primeira en soster a necesidade de auténtico amor das crianzas demostrando a enorme importancia que a sensación de desamparo nos primeiros anos de vida ten para a elaboración dunha neurose.

    Sinalou que as cousas no teñen por que ser innatas, senón que na nosa conformación como individuos interveñen a sociedade, a cultura e o ambiente. E que como individuos actuamos sobre estes elementos e os modificamos para que, a súa vez, nos cambien.

    Entre as súas obras escritas máis salientables atopanse "A personalidade neurótica do noso tempo" (1937), "A nova psicanálise" (1939), "Os nosos conflitos internos" (1945), "Neurose e madureza" (1950) e "Psicoloxía feminina", obra póstuma publicada en 1967.

    Unha boa frase para non esquecer o seu legado, sería: "A preocupación debe levarnos á acción , no á depresión". 

    Máis información en Wikipedia, Lila, Karen, Historia, Pioneira, Psicanálise, Neurose, Entrevista

    Marianne BRANDT-LIEBE

    PRIMEIRA DIRECTORA DO TALLER DE METAIS DA BAUHAUS

    Marianne Brandt (1893-1983) foi unha pintora, escultora, fotógrafa e deseñadora industrial alemana. Nacida en Chemnitz o 1 de outubro como Marianne Liebe, estudou pintura e escultura na Escola Superior de Belas Artes de Weimar e viaxou por Noruega e Francia. Casou co pintor noruego Erik Brandt.

    Ingresou na escola Bauhaus en 1923, atraída polo seu enfoque moderno. Pese á resistencia inicial, incorporouse ao Taller de Metais baixo a tutela de László Moholy-Nagy, chegando a dirixir o departamento entre 1928 e 1929.

    Despois de deixar a Bauhaus, traballou como deseñadora xefa na empresa Ruppelwerke en Gotha ata 1932.

    Coa chegada do nacionalsocialismo non atopaba un traballo estable como inxeñeira industrial e, por necesidad, que non por convicción, en 1939 aceptou formar parte da Reichskulturkammer, unha organización nazi de artistas.

    Máis tarde, exerceu como profesora na Academia de Belas Artes de Dresde e de Artes Aplicadas de Berlín. Tras sufrir persecución nazi e dificultades durante o periodo de entreguerras, dedicou os seus últimos anos á pintura, a fotografía e a docencia na República Democrática Alemana. Faleceu en Kirchberg (Saxonia) o 18 de xuño de 1983.

    A súa obra caracterízase polo uso de formas xeométricas puras, como o círculo, o cilindro e a esfera, materiais industriais e unha estricta funcionalidade. 

    Entre elas salientar:

    Teteira MT49a súa peza máis famosa que forma parte do xogo de café e té; é unha tetera xeométrica en plata e ébano deseñada para ser práctica, ergonómica e fácil de producir industrialmente.

    Lámpada Kandem (Mod. 1200): Deseñada xunto a Hin Bredendieck, foi unha das lámpadas de escritorio máis exitosas producidas pola Bauhaus.

    Fotografía e Fotomontaxe: na súa etapa tardía, realizou innovadoras composicións fotográficas que exploraban a vida moderna e a posición da muller.

    Máis información en Bacanas, DIDAC, Wikipedia, Arte, AD, Fotos





     

    Agnes KAšPÁRKOVÁ


    A "MALÉRECKA" CHECA QUE PINTABA FLORES AZUIS

    Anežka (Agnes) Kašpárková foi unha pintora popular checa da rexión de Moravia do Sur, en concreto de Louka, un municipio do distrito de Hodonín, e acadou fama mundial pola súa extraordinaria lonxevidade artística, xa que faleceu en 2018 con 90 anos case co pincel na man.

    Pasou a maior parte da súa vida como traballadora agrícola e tras xubilarse, a partir de 1967, convertiu as fachadas brancas do seu pobo natal nun lenzo vivo de arte tradicional, transformandoo nunha galería a ceo aberto. 

    Non o facía por diñeiro; segundo se menciona nos arquivos de Louka, o facía por amor á arte e ás persoas.

    Ante a imposibilidade de traballar durante o frío inverno, coa chegada da primavera, a artista adicabase cada ano a embelecer as rúas do seu lugar con coloridas flores azuis sobre as paredes brancas das súas edificacións. 

    Cada vez facía un novo patrón, diferente ao primeiro, e chegou a asegurar que ningunha de aquelas flores existía; todas eran produto da súa imaxinación. 

    Logo do proceso para encalar as paredes, Agnes posaba o seu pincel e daba paso a que a súa man dominara a superficie branca. Decoraba os marcos de portas e ventás e, de forma moi destacada, a emblemática capela de Louka. 

    Durante décadas, a falecida Anežka Kašpárková, que herdou esta tradición de Manakova, outra muller do pobo, tomou o seu relevo nesta labor, e decidiu continuala como unha forma de preservar a identidade local.

    Aínda que as súas obras fixeronse virais, a artista asegura que pinta únicamente por pracer: “Só desfruto ao pintar paredes e quero axudar”.

    A súa técnica consistía en non usar modelos nin moldes, pintaba a man alzada usando un pincel fino e pintura de cor azul ultramar. O seu método de traballo baseabase na improvisación, nunca planificaba o que ía pintar, senón que xurdían os debuxos segundo avanzaba co pincel. Os deseños estaban inspirados na arte tradicional morava. 

    Dende o falecemento de Anežka Kašpárková, a súa sobriña Marie Jagošová asumíu o traballo de malérečka. e cada ano pinta a capela e e campanario, para que a rapazada reciba a súa primeira comunión chea de cores.

    O término "malérečka" (en checo) fai referencia ás mulleres que manteñen viva a tradición de pintar a man alzada delicados adornos e patróns florais folclóricos nas fachadas, portas e fiestras das aldeas.

    Máis información en: Reddit, LN, Fotos, Pintura, Info, Agnes.



    Maria Anna MOZART

    "Nannerl", a idolatrada irmá de Amadeus 

    Maria Anna Walburga Ignatia Mozart, chamada Nannerl pola súa familia, que significa "bendición de Deus", naceu o 30 de Xullo de 1751 e faleceu o 29 de Outubro de 1829, en Salzburgo. A irmá maior de Wolfgang Amadeus Mozart foi idolatrada por el e foi a súa inspiración e un exemplo a seguir.

    Maria Anna Mozart foi tan talentosa ou máis que o seu irmán;  tocaba o pianoforte e o clavicembalo cunha maestría que mesmo sorprendía ao seu pai, que foi quen lle ensinara a tocar o clavecín cando tiña 8 anos co caderno "Nannerl Notenbuch", que preparou para ela; pero pola súa condición de muller, aos 18 anos tivo que quedar na casa coa súa nai, para casar.

    Na súa infancia ela compuxo varias pezas musicais para que el aprendera a tocar, e poñía sobre papel as súas melodías xa que el aínda non podía; na vida adulta el enviaballe as súas para que ela as tocara. 

    Parece que fixo outras obras pero desapareceron ou están asinadas polo seu pai o polo seu irmán. Co ADN da escritura a mano vaise poder comprobar a súa autoría. 

    O seu pai, Leopold Mozart, levoullos de xira por Europa, tocando ambos en salóns, cortes e cidades importantes, mesmo ante a emperatriz María Teresa de Austria. 

    Nannerl converteuse nunha das primeiras pianistas que deu concertos en toda Europa, o cal foi realmente novidoso para a época. As crónicas falaban da dificultade das pezas que interpretaba e da naturalidade coa que as executaba; hai testemuñas que a sitúan entre as máis hábiles do seu tempo.

    Mozart agasallou a súa amada irmá coa Sonata en Re maior K.251 de 1776, o Capricio K.395/300g de 1778, o Preludio e Fuga K.394/383a e presumiblemente o Adagio en Si menor K.540 de 1788.

    Aos 50 anos quedou viúva con dous fillos e catro fillastros e tivo que traballar como profesora de música ata o final dos seus días, algo pouco habitual nesa época, polo que tamén foi unha pioneira; mesmo chegou a ofrecer algunas presentaciones como solista.

    Catro anos antes de morrer quedou cega. Foi enterrada na cripta comunal da ingresa de San Pedro, e non das de San Sebastián como propuxera o seu pai.

    A actriz e dramaturga Sylvia Milo investigou a vida de Maria Anna, viaxou aos lugares onde residiu e revisou a correspondencia familiar, e con este material inspirouse para realizar a súa obra teatral "The Other Mozart".

    Máis información en Wikipedia, BBC, Compositora, Maria Anna, HNG, Mozart, Nannerl.


    Mária TELKES

         

    A RAÍÑA DO SOL

    Mária Telkes foi unha prolífica inventora de dispositivos termoeléctricos, que destacou por ser pioneira no desenvolvemento da tecnoloxía solar, xa que ninguén propuxérano nunca antes. 

    Naceu en Budapest (Hungría) o 12 de decembro de 1900. Era de orine xudeu. Graduouse en Química Física en 1920 e doutorouse en 1924. Primeiro foi docente, pero logo marchou a EEUU e comezou traballar como biofísica no Hospital Cleveland Clinic Foundation, onde inventou un dispositivo fotoeléctrico para rexistrar as ondas cerebrais.

    Como investigadora traballou no Proxecto de Conversión de Enerxía Solar no Massachusetts Institute of TechnologyNo centro das súas investigacións estaba a satisfacción das necesidades básicas para ter unha vida digna.

    Ideou un sistema de calefacción solar para a casa Dover, unha casa innovadora deseñada pola arquitecta Eleanor Raymond (1887-1989) que utilizaba colectores solares e regulaba a temperatura só coa enerxía procedente do sol. Dicía en 1951: “O Sol será usado como fonte de enerxía tarde ou cedo… Por que agardar?.

    Tamén desenvolveu unha unidade portátil de desalinización de auga de mar con enerxía solar para obter un litro ao día de auga potable. Estas unidades foron utilizadas nos botes salvavidas da Armada de EEUU durante a Segunda Guerra Mundial.

    Mária continuou coas súas investigacións sobre enerxía solar no New York University College of Engineering. Alí, seguiu traballando en desalinizadores, sistemas de calefacción e fornos solares. Os seus fornos solares eran baratos, simples e fáciles de construir. En 1954,  a Fundación Ford concedeulle unha subvención de 45.000 dólares para que fabricara fornos solares que poideran usarse en países en vías de desenvolvemento.

    A finais dos 60 traballou na Universidade de Delaware e elaboró diseños de aire acondicionado que almacenaban o frío da noite para usalo ao día seguinte como refrixeración. Trala súa xubilación foi nombrada profesora emérita desta universidade dende 1978. Pero foi consultera independente ata os 90 anos.

    Recibiu unha docena de premios, entre eles o recoñecemento ao mérito ao traballo por parte da Society of Women Engineers, en 1952. Pero xa antes, en 1934 nuhna publicación de The New York Times, entrou na lista das 11 mulleres máis relevantes de EEUU. Foi autora tamén dunhas vinte patentes.

    De visita en Budapest, despois de máis de 70 anos, faleceu o 2 de decembro de 1995 con case 95 anos.

    Máis información en Wikipedia, MujeresconCiencia, WomensLegacy, BBC, PioneiraRed2030, Píkara, Podcast.



    Rachel CARSON

    PRECURSORA DA ECOLOXÍA MODERNA 

    Rachel Louise Carson naceu o 27 de maio de 1907 en Springdale (Pensilvania) e faleceu en Silver Spring (Maryland) o 14 de abril de 1964. Foi unha bióloga marina, conservacionista e escritora estadounidense que contribuiu á posta en marcha do moderno movemento ecoloxista.

    Traballou  como bióloga e escritora no US Bureau of Fisheries de 1936 a 1952, ao comezo escribía guións educativos para un programa de radio chamado "Romance baixo as augas" e logo conseguiu ser xefa de redación. En 1943 promocionou os alimentos do mar, con descripcións de 27 especies de peixes e mariscos, salientando os beneficios de comer mexilóns. 

    No seu tempo libre publicou The Sea Around co que gañou o National Book Award de 1952 na categoría libro non ficción, o que lle permitiu dedicarse exclusivamente a escribir. Logo apareceron The edge of the sea e Under the sea wind, completando a súa triloxía que explora a vida nos océanos. Outras obras súas posteriores son O sentido do asombro e Os bosques perdidos.

    En 1957 foi contratada pola National Audubon Society, unha organización ecoloxista, para investigar as consecuencias do uso de DDT e outros pesticidas sintéticos e dende entón adicouse a escribir sobre este tema.

    No seu libro "Primavera silenciosa", publicado en 1962,  contaba como o DDT e outros pesticidas de uso habitual se acumulaban de maneira invisible na cadea alimentaria, causaban graves danos á flora e a fauna e prantexaban serios riscos para a saúde humana.

    Como o libro "A cabana do Tío Tom" proporcionou un sólido apoio social so abolicionismo, o seu contribuiu a un novo coñecemento do lugar que ocupa a especie humana no mundo e a promover políticas e condutas para preservar o ambiente.

    A obra e a testemuña de Rachel Carson axudaron á creación, anos despois da súa morte, da Axencia de Protección Ambiental de Estados Unidos (Environmental Protection Agency), a controlar o uso do DDT e de outros pesticidas, á celebración do Día da Terra, ás leis que se dictaron en moitos países do planeta sobre pesticidas, insecticidas, funxicidas, rodenticidas e produtos similares e ao desenvolvemento do movemento filosófico e político que hoxe é coñecido como ecoloxismo.

    Máis información en:

    Mujeresconciencia, Malaria, Audio, Vídeo, Legado, Wikipedia, rtveCarson, Ciencia, Ambiente, NG, Oceánicas, mncn, Muller, Pioneira


     

    Florencia PINAR

    POETISA CASTELÁ DO SÉCULO XV 

    Florencia Pinar foi dama da corte de Isabel I de Castilla. Foi a primeira muller en participar nas xustas poéticas.​ É unha das poucas poetisas cuxas obras foron incluidas na recompilación poética do siglo xv coñecida como Cancionero General, unha antoloxía lírica de poesía en castelá. 

    Florencia Pinar compuxo os seus poemas no dialecto castelá característico das clases altas educadas da súa época, a que parece que ela pertencía porque recibe o título de dama ou señora no Cancionero, e asúmese que recibiu unha educación esmerada.

    Seis cancións lle son atribuidas, nas que destaca pola súa habilidad coa linguaxe figurada e co conceptismo, amosando a dobre natureza do amor, que é causa de pracer e de dor, ao mesmo tempo. Sendo tamén evidente o seu uso característico de alusións sexuais indirectas. 

    Foi a voz da sexualidade feminina na Idade Media e se transformou de obxecto amado a suxeito activo cando narraba as suas vivencias amorosas e sexuais. A través dos séculos, os académicos se preguntaron se este amor sobre o que escribía era de natureza platónica ou sexual.

    Florencia do Pinar é unha das primeiras poetas das que hai constancia xunto a precursoras como Leonor López de Córdoba, dama da corte de Catalina de Lancaster ou a relixiosa Teresa de Cartagena. Pero, ela non foi a dama dunha raíña consorte, senón da raíña que gobernou a coroa de Castela, Isabel a Católica.

    Podría haber vivido entre 1470 e 1530.


    Máis información en Wikipedia, Bamba, Audio, BNE, CVC, Poemas