BARRA DE MENÚ

Raquel CARSON

PRECURSORA DA ECOLOXÍA MODERNA 

Rachel Louise Carson naceu o 27 de maio de 1907 en Springdale (Pensilvania) e faleceu en Silver Spring (Maryland) o 14 de abril de 1964. Foi unha bióloga marina, conservacionista e escritora estadounidense que contribuiu á posta en marcha do moderno movemento ecoloxista.

Traballou  como bióloga e escritora no US Bureau of Fisheries de 1936 a 1952, ao comezo escribía guións educativos para un programa de radio chamado "Romance baixo as augas" e logo conseguiu ser xefa de redación. En 1943 promocionou os alimentos do mar, con descripcións de 27 especies de peixes e mariscos, salientando os beneficios de comer mexilóns. 

No seu tempo libre publicou The Sea Around co que gañou o National Book Award de 1952 na categoría libro non ficción, o que lle permitiu dedicarse exclusivamente a escribir. Logo apareceron The edge of the sea e Under the sea wind, completando a súa triloxía que explora a vida nos océanos. Outras obras súas posteriores son O sentido do asombro e Os bosques perdidos.

En 1957 foi contratada pola National Audubon Society, unha organización ecoloxista, para investigar as consecuencias do uso de DDT e outros pesticidas sintéticos e dende entón adicouse a escribir sobre este tema.

No seu libro "Primavera silenciosa", publicado en 1962,  contaba como o DDT e outros pesticidas de uso habitual se acumulaban de maneira invisible na cadea alimentaria, causaban graves danos á flora e a fauna e prantexaban serios riscos para a saúde humana.

Como o libro "A cabana do Tío Tom" proporcionou un sólido apoio social so abolicionismo, o seu contribuiu a un novo coñecemento do lugar que ocupa a especie humana no mundo e a promover políticas e condutas para preservar o ambiente.

A obra e a testemuña de Rachel Carson axudaron á creación, anos despois da súa morte, da Axencia de Protección Ambiental de Estados Unidos (Environmental Protection Agency), a controlar o uso do DDT e de outros pesticidas, á celebración do Día da Terra, ás leis que se dictaron en moitos países do planeta sobre pesticidas, insecticidas, funxicidas, rodenticidas e produtos similares e ao desenvolvemento do movemento filosófico e político que hoxe é coñecido como ecoloxismo.

Máis información en:

Mujeresconciencia, Malaria, Audio, Vídeo, Legado, Wikipedia, rtveCarson, Ciencia, Ambiente, NG, Oceánicas