A MULLER QUE DESAFIOU A FREUD
Karen Danielsen naceu o 16 de setembro de 1885 en Blankenese, preto de Hamburgo, e faleceu en Nova Iorque o 4 de dezembro de 1952. Coñecida como Karen Horney, foi unha psiquiatra, formadora, escritora e provocadora psicoanalista alemana naturalizada estadounidense.
As súas teorías cuestionaron ás de Sigmund Freud, por exemplo cando el dicía que as diferencias psicolóxicas entre home e muller eran produto da bioloxía, ela sostiña que se debían a diversos factores culturais, ambientais e sociais.
O seu pensamento clasifícase dentro do neofreudismo, do que foi unha das súas fundadoras, así como da psicoloxía feminista.
Aos 21 anos comezou a estudar Medicina en Friburgo, logo completou os seus estudos en Gotinga e Berlín; en 1909 casa con Oskar Horney, co que terá tres fillas, e estabelecese en Berlín.
Rematada a carreira asiste á clínica Neuropsiquiátrica da universidade coñecendo o psicoanálise, pero rexeitou a tese clásica da envidia do pene sendo foi crítica respecto a iso.
Debido ao auxe do nazismo e ao crecente rexeitamento dos círculos psicoanalíticos conservadores, emigrou a Estados Unidos en 1932.
Tras ser expulsada da Sociedade Psicoanalítica de Nova Iorke polas súas ideas revolucionarias, cofundou a Asociación para o Avance da Psicoanálise, onde coincidiu con figuras como Erich Fromm, Harry S. Sulivan ou Margaret Mead, e o Instituto Americano de Psicoanálise.
Argumentou que as mulleres envidiaban o rol social e os privilexios do varón e introduzo o concepto de "envidia do útero". Definiu a neurose como un intento de control interpessoal frente á ansiedade básica" infantil venerada pola falta de afecto parental, deixando unha das explicacións máis completas sobre as tendencias neuróticas.
Foi a primeira en dicir que o desexo de amor pode ter aspectos neuróticos. Foi a primeira en soster a necesidade de auténtico amor das crianzas demostrando a enorme importancia que a sensación de desamparo nos primeiros anos de vida ten para a elaboración dunha neurose.
Sinalou que as cousas no teñen por que ser innatas, senón que na nosa conformación como individuos interveñen a sociedade, a cultura e o ambiente. E que como individuos actuamos sobre estes elementos e os modificamos para que, a súa vez, nos cambien.
Entre as súas obras escritas máis salientables atopanse "A personalidade neurótica do noso tempo" (1937), "A nova psicanálise" (1939), "Os nosos conflitos internos" (1945), "Neurose e madureza" (1950) e "Psicoloxía feminina", obra póstuma publicada en 1967.
Unha boa frase para non esquecer o seu legado, sería: "A preocupación debe levarnos á acción , no á depresión".
Máis información en Wikipedia, Lila, Karen, Historia, Pioneira, Psicanálise, Neurose, Entrevista

