AUTORA DA PRIMEIRA TESE SOBRE O GALEGO
Naceu en Neisse (Silesia, actual Polonia) o 10 de febreiro de 1898 e finou en Berlín o 28 de abril de 1945, foi unha lingüista alemá que converteuse coa súa tese nunha das pioneiras dos estudos galegos no mundo.
A partir de 1909 Margot Sponer cursou estudos de Filoloxía Clásica, Romanística e Xermanísticas nas universidades de Halle, Leipzig, Nápoles, Grenoble, Madrid e Berlín, onde probablemente se graduou e traballou como profesora de língua española na universidade, en 1929.
En Madrid entrou en contacto co Centro de Estudos históricos e no verano de 1926 viaxou a Galiza e percorreu a cabalo as vilas e aldeas recollendo léxico para completar as súas investigacións sobre a lingua galega. Deixou multitude de anécdotas e de relacións afectivas que continuaron ao longo do tempo.
Margot Sponer publicou alentada por Vicente Risco o texto "Algunhas notas dos meus estudos sobre filoloxía galega". Aínda que ela traballara con documentos medievais, no texto céntrase na situación do galego do momento e do que ela, na súa viaxe, investigara. Na revista Nós no número do 15 de xaneiro de 1927, informase sobre os seus estudos.
Os seus apuntamentos céntranse no que considera unha contaminación do castelán sobre o galego ao tempo que razoa este acontecemento. O mesmo Vicente Risco volverá vela na súa viaxe a Berlín en 1930 e alí verá en primeira persoa como Margot prepara a súa tese sobre o galego antigo.
O 20 de xuño de 1930, presenta a súa tese de doutoramento titulada "Altgalizische Urkunden" (Documentos antigos de Galicia), dirixida polo profesor Ernst Gamillscheg. Nela transcribe e anota unha cantidade importante de documentos medievais datados entre os anos 938 e 1494.
A vida non foi amable coa filóloga alemá que, tras o ascenso do nazismo, é expulsada da universidade en 1942 e detida en febreiro de 1945, pola súa cooperación coa resistencia clandestina antinazi. Detéñena na súa casa o 27 de abril de 1945 por uns uniformados da SS e, pola información que se manexa, é asasinada ese mesmo día.
En agosto de 2025 publicase no marco do festival Viñetas desde o Atlantico, na Coruña, a banda diseñada "A tese de Margot" onde se divulga e documenta a súa viaxe de 1926 a Galiza.
.jpg)
