BARRA DE MENÚ

Sagrario MARTÍNEZ CARRERA

PROGRAMADORA INFORMÁTICA EN CRISTALOGRAFÍA

Sagrario Martínez Carrera (Madrid, 10 de maio de 1925 - Madrid, 18 de decembro de 2011) foi unha química española que se licenciou en Ciencias Químicas en 1948 na Universidade Complutense de Madrid, defendendo a súa tese doutoral en 1955.

Foi profesora de Investigación do Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), no Departamento de Cristalografía do Instituto de Química Física «Rocasolano» de Madrid desde 1950. Este Departamento podese considerar herdeiro da Sección de Raios X do Instituto Alonso Santa Cruz. 

Realizou estancias postdoctorais na Universidade de Ámsterdam. E aprendeu cálculo electrónico durante unha estancia na Universidade de Pittsburg (EE UU) en 1962, o que lle permitiu avanzar no estudo das estructuras cristalinas, xogando un papel fundamental na introdución no estado español da programación informática en cristalografía.

Formou parte do Grupo Español de Cristalografía e Crecemento Cristalino, do Comité Español de Cristalografía. Tamén traballou para a Unión Internacional de Cristalografía, de feito en 1956 coorganizou en Madrid a primeira reunión internacional desta sociedade. 

En 1974 desenvolveu un importante traballo na organización dunha conferencia internacional sobre Dispersión Anómala.

Realizou tarefas de xestión  tendo gran importancia na organización do CSIC, formou parte do Comité Científico Asesor. O CSIC otorga o distintivo CSIC ASPIRA-MaX "Sagrario Martínez Carrera" que é un selo de excelencia científica, aos seus centros e institutos de investigación. 

Este recoñecemento forma parte do Proxecto MaX-CSIC (dentro do programa estratéxico DEEP-MaX), cuxo obxectivo é guiar, impulsar e financiar a excelencia científica interna para posicionar aos centros no máis alto nivel internacional. 

Consta de tres fases consecutivas, e cada unha otorga un selo bautizado en honor a unha científica histórica e pioneira da propia institución. Fase I: Selo "Josefa Barba", Fase II: Selo "Sagrario Martínez Carrera" e Fase III: Selo "Margarita Comas".

Máis información: Wikipedia, MujeresconCiencia, Cristalógrafa,  MaX, CSIC