POETISA CASTELÁ DO SÉCULO XV
Florencia Pinar foi dama da corte de Isabel I de Castilla. Foi a primeira muller en participar nas xustas poéticas. É unha das poucas poetisas cuxas obras foron incluidas na recompilación poética do siglo xv coñecida como Cancionero General, unha antoloxía lírica de poesía en castelá.
Florencia Pinar compuxo os seus poemas no dialecto castelá característico das clases altas educadas da súa época, a que parece que ela pertencía porque recibe o título de dama ou señora no Cancionero, e asúmese que recibiu unha educación esmerada.
Seis cancións lle son atribuidas, nas que destaca pola súa habilidad coa linguaxe figurada e co conceptismo, amosando a dobre natureza do amor, que é causa de pracer e de dor, ao mesmo tempo. Sendo tamén evidente o seu uso característico de alusións sexuais indirectas.
Foi a voz da sexualidade feminina na Idade Media e se transformou de obxecto amado a suxeito activo cando narraba as suas vivencias amorosas e sexuais. A través dos séculos, os académicos se preguntaron se este amor sobre o que escribía era de natureza platónica ou sexual.Florencia do Pinar é unha das primeiras poetas das que hai constancia xunto a precursoras como Leonor López de Córdoba, dama da corte de Catalina de Lancaster ou a relixiosa Teresa de Cartagena. Pero, ela non foi a dama dunha raíña consorte, senón da raíña que gobernou a coroa de Castela, Isabel a Católica.
Podría haber vivido entre 1470 e 1530.
Máis información en Wikipedia, Bamba, Audio, BNE, CVC, Poemas

