"Nannerl", a idolatrada irmá de Amadeus
Maria Anna Walburga Ignatia Mozart, chamada Nannerl pola súa familia, que significa "bendición de Deus", naceu o 30 de Xullo de 1751 e faleceu o 29 de Outubro de 1829, en Salzburgo. A irmá maior de Wolfgang Amadeus Mozart foi idolatrada por el e foi a súa inspiración e un exemplo a seguir.
Maria Anna Mozart foi tan talentosa ou máis que o seu irmán; tocaba o pianoforte e o clavicembalo cunha maestría que mesmo sorprendía ao seu pai, que foi quen lle ensinara a tocar o clavecín cando tiña 8 anos co caderno "Nannerl Notenbuch", que preparou para ela; pero pola súa condición de muller, aos 18 anos tivo que quedar na casa coa súa nai, para casar.
Na súa infancia ela compuxo varias pezas musicais para que el aprendera a tocar, e poñía sobre papel as súas melodías xa que el aínda non podía; na vida adulta el enviaballe as súas para que ela as tocara.
Parece que fixo outras obras pero desapareceron ou están asinadas polo seu pai o polo seu irmán. Co ADN da escritura a mano vaise poder comprobar a súa autoría.
O seu pai, Leopold Mozart, levoullos de xira por Europa, tocando ambos en salóns, cortes e cidades importantes, mesmo ante a emperatriz María Teresa de Austria.
Nannerl converteuse nunha das primeiras pianistas que deu concertos en toda Europa, o cal foi realmente novidoso para a época. As crónicas falaban da dificultade das pezas que interpretaba e da naturalidade coa que as executaba; hai testemuñas que a sitúan entre as máis hábiles do seu tempo.
Mozart agasallou a súa amada irmá coa Sonata en Re maior K.251 de 1776, o Capricio K.395/300g de 1778, o Preludio e Fuga K.394/383a e presumiblemente o Adagio en Si menor K.540 de 1788.
Aos 50 anos quedou viúva con dous fillos e catro fillastros e tivo que traballar como profesora de música ata o final dos seus días, algo pouco habitual nesa época, polo que tamén foi unha pioneira; mesmo chegou a ofrecer algunas presentaciones como solista.
Catro anos antes de morrer quedou cega. Foi enterrada na cripta comunal da ingresa de San Pedro, e non das de San Sebastián como propuxera o seu pai.
A actriz e dramaturga Sylvia Milo investigou a vida de Maria Anna, viaxou aos lugares onde residiu e revisou a correspondencia familiar, e con este material inspirouse para realizar a súa obra teatral "The Other Mozart".
Máis información en Wikipedia, BBC, Compositora, Maria Anna, HNG, Mozart, Nannerl.

