A "MALÉRECKA" CHECA QUE PINTABA FLORES AZUIS

Anežka (Agnes) Kašpárková foi unha pintora popular checa da rexión de Moravia do Sur, en concreto de Louka, un municipio do distrito de Hodonín, e acadou fama mundial pola súa extraordinaria lonxevidade artística, xa que faleceu en 2018 con 90 anos case co pincel na man.
Pasou a maior parte da súa vida como traballadora agrícola e tras xubilarse, a partir de 1967, convertiu as fachadas brancas do seu pobo natal nun lenzo vivo de arte tradicional, transformandoo nunha galería a ceo aberto.
Non o facía por diñeiro; segundo se menciona nos arquivos de Louka, o facía por amor á arte e ás persoas.
Ante a imposibilidade de traballar durante o frío inverno, coa chegada da primavera, a artista adicabase cada ano a embelecer as rúas do seu lugar con coloridas flores azuis sobre as paredes brancas das súas edificacións.
Cada vez facía un novo patrón, diferente ao primeiro, e chegou a asegurar que ningunha de aquelas flores existía; todas eran produto da súa imaxinación.
Logo do proceso para encalar as paredes, Agnes posaba o seu pincel e daba paso a que a súa man dominara a superficie branca. Decoraba os marcos de portas e ventás e, de forma moi destacada, a emblemática capela de Louka.
Durante décadas, a falecida Anežka Kašpárková, que herdou esta tradición de Manakova, outra muller do pobo, tomou o seu relevo nesta labor, e decidiu continuala como unha forma de preservar a identidade local.
Aínda que as súas obras fixeronse virais, a artista asegura que pinta únicamente por pracer: “Só desfruto ao pintar paredes e quero axudar”.
A súa técnica consistía en non usar modelos nin moldes, pintaba a man alzada usando un pincel fino e pintura de cor azul ultramar. O seu método de traballo baseabase na improvisación, nunca planificaba o que ía pintar, senón que xurdían os debuxos segundo avanzaba co pincel. Os deseños estaban inspirados na arte tradicional morava.
Dende o falecemento de Anežka Kašpárková, a súa sobriña Marie Jagošová asumíu o traballo de malérečka. e cada ano pinta a capela e e campanario, para que a rapazada reciba a súa primeira comunión chea de cores.
O término "malérečka" (en checo) fai referencia ás mulleres que manteñen viva a tradición de pintar a man alzada delicados adornos e patróns florais folclóricos nas fachadas, portas e fiestras das aldeas.
Máis información en: Reddit, LN, Fotos, Pintura.

