BARRA DE MENÚ

Marie Louise LACHAPELLE

A NAI DA OBSTETRICIA MODERNA

O 1 de Janeiro de 1769 nace en Paris a parteira Marie-Louise Lachapelle, filla única de Marie Jonet-Dugès (1730-1797), unha coñecida matrona e neta tamén dunha parteira. 

Foi directora de obstetricia no Hôtel-Dieu, o hospital máis antigo de París. Polas súas ensinanzas é considerada a nai da obstetricia moderna. 

Moi xoven comezou traballar de comadrona grazas ás ensinanzas recibidas desde moi nena da súa nai. Logo asistíuna como matrona xefa asociada. Á idade de doce anos, xa colaboraba en partos complicados. En 1797, ao morrer a súa nai pasa a ser ela a xefa no hospital.

Continuou formándose como obstetra en Heildelberg e logo regresou a París, onde se converteu en xefa da maternidade e o hospital de nenos e nenas do novo Hospicio da Maternidade, unha rama do Hôtel-Dieu de Port Royal, que ela converteu nun centro de formación para futuras matronas.

Estas permanecían alí durante un ano, examinábanse para probar os coñecementos adquiridos e, se aprobaban, regresaban aos seus lugares de orixe para salvar vidas durante os partos. Deseña o plan de estudos para os estudos de partería e a transmisión de coñecementos.

Era contraria ao uso de fórceps e publicou libros de texto sobre anatomía da muller, xinecología e obstetricia, como Pratique des accouchements, que se converteu durante moito tempo no texto de obstétrica estándar, e no que promoveu os partos naturais, abogando por unha intervención mínima dos medicos durante os mesmos.

Ao longo da súa carreira, Lachapelle axudou a vir ao mundo a uns 40 000 bebés e recompilou estatísticas sobre un gran número de casos. Mellorou a hixiene das casas de parto, incluindo as restriccións das visitas, evitando así numerosas infeccións e reducindo as taxas de mortalidade infantil; optou por suturar inmediatamente os perineos desgarrados e ideou un método de intervención nos casos de placenta previa

Tamén ideou unha maniobra para rotar a cabeza do feto cunha soa rama do fórceps (Maniobra de Lachapelle). Practicou a versión podálica e describir a maneira de transformar unha presentación cefálica de frente nunca de cara.

Faleceu o 4 de octubro de 1821, dun cancro de estómago.

Por ser muller, matrona e non médica, estivo moito tempo esquecida.

Máis información en Wikipedia, MujeresconCiencia, National, Heroínas, Enfermería, Medicina, Poeisis, Frwiki.