BARRA DE MENÚ

Esther LEDERBERG

PIONEIRA DA XENÉTICA MICROBIANA

Esther Miriam Zimmer (nome de solteira de Esther Lederberg), naceu o 18 de decembro de 1922 no Bronx, en Nova Iorke. Estudou en Hunter College, onde pensaba graduarse en francés ou literatura, pero cambiou de idea e optou pola bioquímica, desoíndo os consellos do seu profesorado, que lle dicían que a ciencia era un ámbito que ofrecía ás mulleres moi poucas oportunidades de realizar unha carreira profesional.

Rematou a súa licenciatura, e entre 1941 e 1942, traballou no Xardín Botánico de Nova Iorke, investigando en Neurospora crassa. No 1946 obtivo o título de máster en xenética. 

En decembro dese ano, casou co tamén biólogo Joshua Lederberg. E no ano 1950 defendeu brillantemente a súa tese doutoural dedicada á xenética das bacterias.

A pesar de que, durante máis de 50 anos, Esther Lederberg dedicou os seus esforzos a sentar as bases da xenética microbiana, foi o seu marido quen recibiu o recoñecemento do premio Nobel.

En 1958, cando Joshua Lederberg obtivo o premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polos seus descubrimentos da organización do material xenético nas bacterias, pero non Esther, lidérela desa investigación.

Esquema do método de réplica en placa 

As contribucións de Esther inclúen o descubrimento do virus bacteriófago lambda λ, a transferencia de xens entre bacterias por transducción especializada, o desenvolvemento do método de réplica en placa para o cultivo de bacterias e o descobremento do factor de fertilidade.

Tamén atopou a manera de obter réplicas idénticas dunha placa de Petri copiando a original nun "selo", non de goma, senón de terciopelo de algodón esterilizado. Ao presionar a placa quedaban bacterias iguais ás originais.

En 1966 separouse e permaceu en Standford onde fundou e dirixiu o Centro de Referencia de Plasmidios. Xubilouse en 1985 e en 1993 casou de novo con Mattew Simon, con quen compartía a paixón pola música.

Outra das súas inquedanzas foron a danza, a botánica e a literatura.

Esther Zimmer faleceu en 2006, á idade de 84 anos a causa dunha neumonía.

Máis información en NG, Wikipedia, ConCiencia, Astro, Microbioloxía