BARRA DE MENÚ

Beulah Louise HENRY

A INVENTORA DA MÁQUINA DE FACER XEADOS


Beulah Louise Henry (1887-1973) foi unha inventora estadounidense que ao longo da súa vida realizou 110 invencións e 49 patentes Por esta razón tamén é coñecida como «Lady Edison». 

A súa primeira patente foi unha máquina de facer xeados cunha cámara conxeadora incorporada, en 1912. A este invento lle seguiron outros como o paraugas que se prega con cubertas intercambiables, as bonecas que falaban ou movían os ollos, ou a máquina de escribir, capaz de sacar catro copias dun mesmo documento sen necesidade de empregar papel carbón. 

Máquina para xeados

O seu invento máis orixinal durante os anos 60 foi o forno eléctrico de inxección (ao que se lle concedeu a patente nº 3.055.827 en 1962). Tratábase de cociñar os alimentos descargando continuamente sobre eles os seus propios xugos a través dun surtidor.

Empresaria autodidáctica, viviu de nena nun ambiente cultivado e propicio ás belas artes e xa realizaba modelos e deseños con ferramentas e aparatos domésticos.

Paraugas

A segunda patente consistía nun parasol adaptado para pregarse nun perímetro estreito e cun mango desmontable. Máis adiante ampliou este modelo de paraugas e fundou a empresa Henry Umbrella & Parasol Company para comercializar estes inventos, ingresando 50.000 dólares, invertidos no establecemento dun laboratorio onde as súas ideas eran transformadas en prototipos coa axuda dunha plantilla integrada por mecánicos, maquetistas e artesáns. 

Mesmo, chegou a ser citada entre os inventores máis destacados do ano 1924 pola prestixiosa revista Scientific American.

En 1925 ideou unha boneca, a Radio-Boneca, que incorporaba (parcial ou completamente) no seu interior un equipo receptor radiofónico conectado a unha antena. Os diais iban situados na espalda e o altavoz á altura do peito.

Os seguintes inventos centráronse en facilitar a vida das mulleres e o desfrute de nenas e nenos, así os xoguetes de praia, cans e bonecas falantes, un reloxo para aprender as horas, e diferentes modelos de máquinas de escribir ou de coser.

Pertencía a varias institucións neoiorquinas de carácter científico (Sociedade do Microscopio e Museo Nacional de Historia Natural) e ecoloxista (Sociedade Nacional Audubon e Liga Feminina para os Animais).

Soltera e económicamente independente, converteuse nunha das chamadas "Novas Mulleres" da sociedade, un arquetipo feminino que se orixinou na década de 1890. O seu mérito é ser autodidacta, pioneira na innovación  e realizar as súas aportacións nunha época na que innovar e, sobre todo, vivir das innovacións era algo vedado ás mulleres. 

Máis información: Acquae, MujeresconCienciaWikipedia, Museo virtual, BBC, DF