BARRA DE MENÚ

Elizabeth BLACKWELL

A PRIMEIRA MÉDICA TITULADA

Elizabeth Blackwell foi a primeira muller diplomada en medicina nunha universidade de EE UU, a primeira en conseguir exercer a profesión en todo o mundo e a primeira en ser incluida no Rexistro médico do Reino Unido.

Naceu o 3 de febreiro de 1821 en Bristol e faleceu en Hastings (Inglaterra) o 31 de maio de 1910. Tiña 4 irmás e 4 irmáns que foron educados por igual e aprenderon que un marido non era unha garantía de seguridade. Ningunha das fillas casou.

Estaba de acuerdo coa escritora e editora trascendentalista Margaret Fuller, quen proclamara que a humanidade non acadaría a iluminación ata que as mulleres demostraran que eran capaces de calquera cousa que elixiran, e que ese logro era unha cuestión de talento e traballo, non de sexo. Elizabeth Blackwell quería ser alguén cuxa vida encarnara a idea de Fuller.

Primeiro fíxose mestra, pero cando unha amiga lle dixera antes de morrer que se o médico fora muller non houbera pasado tanta dor, decidiu ser médica. Pero non tivo doado ser admitida nas facultades. Ao final poido estudar Medicina no Geneva Medical College en Nova Iorke (EEUU), graduouse en 1849, sendo a primeira da súa promoción e publicou a súa tese sobre o tifus. 

Logo marchou a Paris, onde se fai partera e infectaselle un ollo polo que non pode exercer a cirurxíaMáis tarde en Londres coñeceu a Florence Nightingale (innovadora da enfermería), e ao regresar a EE UU fundou, xunto a súa irmá Emily (a terceira muller en recibir un título en medicina), unha Escola de Enfermería para mulleres. 

Trala guerra, en 1868 fundou unha Universidade de Medicina para mulleres. En 1869 viaxou a Londres onde exerceu a cátedra de Xinecoloxía ata o seu retiro, en 1907. Contribuiu na formación de The London School of Medicine for Women, en 1874.

Inspirou a doctoras pioneras como Elizabeth Garrett Anderson e Sophia Jex-Blake, pero se apartou da práctica e dedicouse á defensa da saúde pública, facendo campaña contra as Leis de Enfermedades Contaxiosas, que hospitalizaban ás prostitutas pola forza en lugar de centrarse nos homes que as infectaban, e así converteuse nunha dos fundadores da Sociedade Nacional de Saúde, co lema "Máis vale previr que curar".

Escribiu varios libros e estudos, incluida a súa propia biografía, por exemplo, en 1852 elaborou o ensaio As leis da vida; con especial referencia á educación física das nenas. Así como numerosos tratados para difundir entre a población femenina, consejos e recomendaciones para mellorar a súa hixiene e saúde.

Desde 1949, conmemorando o centenario da súa graduación, a Asociación de Mulleres Médicas estadounidenses, otorga todos os anos a medalla Elizabeth Blackwell para recoñecer a mulleres que contribuirán de forma destacada ao labor das doctoras.

Máis información en: Symetrías, MulleresconCiencia, Wikipedia, BBC, OMU, Galenus, Historia