A aventureira Nellie BLY
O 27 de xaneiro fai case 100 anos que morreu Nellie Bly.
Elizabeth Jane Cochran coñecida polo pseudónimo de Nellie Blay naceu o 5 de maio de 1864, en Pensilvania e morreu o 27 de xaneiro de 1922, en Nova Iorke.
Foi xornalista, escritora e empresaria.
En 1837 infíltrase nun manicomio de Nova Iorke, experiencia que narrou nun reportaxe titulado "Tralas rexas dun manicomio" e puxo en evidencia as duras condicións de vida das doentes (falta de comida, abrigo e malos tratos). Este artigo convirteuna nunha estrela da prensa, aínda que do que estaba máis orgullosa foi o resultado da súa investigación. Destinouse un millón de dólares a mellorar as condicións de vida nos manicomios.
En 1890 deu a volta ao mundo en 72 días, 8 menos que os de Fileas Fog o protagonista da obra de Xulio Verne. A bordo de barcos, trens e globos percorreu Londres, Suez, Hong Kong, Iokohama, San Francisco antes de voltar a Nova Iorke. A salientar o comentario do xornal New York World "a nosa intrépida reporteira viaxe sen a protección dun home".
Tamén foi unha empresaria pioneira feminina dos negocios, aínda que non tivo moito éxito.
Pero como pioneira sobre todo por ser unha xornalista de denuncia.
Máis información en:
Wikipedia: Nelly Bly
Historia_National Geographic: Pioneira
Biography: Activista
BBC News: Mundo