AURORAS BOREAIS E PLANETAS
A primeira astrónoma en descubrir un cometa, o chamado "Cometa de 1702", foi María Margarethe Winkelmann-Kirch.
María Winkelmann naceu o 25 de febreiro de 1670 na cidade alemana de Leipzig e faleceu en Berlín o 29 de decembro de 1720.
Filla, esposa e nai de astrónomos pero non recoñecida por ser ela mesma unha científica, polo sinxelo feito de ser muller.
Realizou importantes observacións e escribiu diferentes tratados científicos.
As súas análises sobre auroras boreais foron recollidos nun texto de 1707 e o seu traballo sobre a conxunción dos planetas Xúpiter e Saturno co Sol publicouse en 1712.
A súa historia é narrada en TikTok:
Asemade realizou calendarios de eventos astronómicos, xunto ao seu marido, o tamén investigador Gottfried Kirch.
Dúas das súas fillas e un dos seus fillos tamén se adicaron a esta disciplina.
Máis información en: