DÍA DAS MULLERES MATEMÁTICAS
O 12 de maio dende fai dous anos conmemórase o "Día das mulleres matemáticas" grazas á iniciativa proposta polo Comité de Mulleres e Matemáticas da Sociedad Matemática Iraní durante o World Meeting for Women in Mathematics, un evento satélite do International Congress of Mathematicians 2018. Elixiuse esta data en homenaxe á matemática iraní Maryam Mirzakhani
Maryam Mirzakhani foi a primeira muller en conseguir, en Seul no 2014, a medalla Fields, considerada o Nobel das matemáticas, prestixioso premio que otorga cada catro anos a Unión Matemática Internacional (IMU).
Esta matemática iraní12 de de cancro de mama en 2017 á idade de 40 anos. Foi profesora na Universidade de Stanford (EE. UU.) e traballou en superficies hiperbólicas, espacios de moduli e sistemas dinámicos.
Pensa as matemáticas con imaxes e enfoca os problemas difíciles garabateando en grandes follas de papel. "Cando unha pensa nun problema matemático difícil e non quere anotar todos os detalles, debuxar garabatos axuda a manterse conectada ao problema," di Mirzakhani.
Desfruta da matemática pura, "É a razón pola que facer investigación é un reto, así como atractiva. É como estar perdida nunha selva, tratas de utilizar todo o coñecemento que podes reunir para intentar obter algúns trucos novos que, con un pouco de sorte, te permitan atopar unha saída".
En "La ingeniosa Maryam Mirzakhani" cóntase a súa historia en dezaseis páxinas que poden lerse online nesta ligazón. Trátase dunha iniciativa creada polo equipo do Núcleo Milenio Modelos Estocásticos de Sistemas Complejos y Desordenados da Universidade de Chile e a Pontificia Universidade Católica de Chile. O conto alude ao seu traballo en superficies hiperbólicas nos problemas de billares nos que tamén investigou.