BARRA DE MENÚ

Grunya SUKHAREVA

A PIONEIRA DO AUTISMO

En 2015 a revista Nordic Journal of Psychiatry rescatou a figura de Grunya Efimovna Sukhareva. Esta psiquiatra infantil publicou no año 1925 en ruso e no 1926 en alemán (e traducido ao inglés no año 1996 pola psiquiatra Sulla Wolff) a descripción de seis rapaces aos que tratou durante dous anos no departamento psiconeurolóxico infantil de Moscú. 

Estes nenos caracterizábanse por unha ausencia de expresividade facial, illamento, ausencia de interacción social e un comportamento extraño e socialmente inadecuado. Refiriu tamén as súas tendencias aos automatismos, con estereotipias conductuais e verbais, intereses obsesivos e unha gran necesidade de que os feitos sucederan sempre da misma maneira. Relatou a súa vez a sua alta sensibilidade aos ruidos e olores e como algúns deles estaban dotados para a música e preservados cognitivamente. Denominou Psicopatía Esquizoide ao conxunto de signos que describiu. en concordancia coa clasificación de Eugen Bleuler e Ernst Kretschmer, pero logo o cambiou por «psicopatologxía autística» nunha publicación posterior que, de momento, non está traducida do ruso titulada "Conferencias sobre psiquiatría infantil clínica". As características principais eran unha actitude autística, unha tendencia cara a soidade e a evitar dende a infancia a outras persoas, rexeitando a compañía de outros nenos e nenas. A diferencia de Hans Asperger describiu estas características en ambos xéneros, homes e mulleres con TEA.

Durante años se acusó a las madres, las “madres frigorífico”, de ser las causantes del autismo de su hijo

Estes traballos describían pacientes que seguirían os criterios diagnósticos actuais do Trastorno do Espectro Autista que anos máis tarde, Leo Kanner (1943 ) e Hans Asperger (1944 ), publicarían nos seus estudos sobre o autismo, que tiveron moito máis recoñecemento que os de Grunya, unha muller, xudea e nada no Imperio Ruso, características que non parece que lle axudasen a pasar á
historia.

Grunya Sukhareva naceu en Kiev o once de novembro de1891. Graduouse no instituto médico de mulleres da mesma cidade no 1915 e traballou como doutora dentro da sección epidemiolóxica, onde se interesou polos trastornos psiquiátricos que a miúdo atopou nos pacientes de enfermidades infecciosas. O seu interese derivou hacia a psiquiatría infantil ata o punto de facer contribucións en todas as ramas deste campo. En Moscú traballou con nenos e nenas deficientes mentais e regresou a Ucrania en 1933, sendo a xefa do Departamento de Psiquiatría Infantil no Instituto Psiconeurolóxico Kharkov. Dous anos despois, defendeu a súa tese doutoral e fundou o Departamento de Psiquiatría Infantil no Instituto Médico Central de Educación Continuada en Moscú, do que foi a súa xefa ata 1965. 

Asemade dos seus traballos sobre os nenos e nenas con características autísticas, investigou sobre esquizofrenia infantil e na adolescencia. Foi a primeira en ofrecer unha nosoloxía dos trastornos mentais na infancia. Escribiu que o desenvolvemento anómalo do sistema nervioso fundamentábase no biolóxico, como tendencia a un certo tipo de reacción e que para a aparición de desórdenes da personalidade eran necesarios tamén os factores sociais ou ambientais. Pensaba, igualmente, que a crianza en ambientes de relacións hostiles ou estresantes levaba á formación de desórdenes adquiridos da personalidade.

Dende os anos trinta do século vinte, Grunya Sukhareva defendeu os dereitos das nenas e dos nenos, manifestando que a infancia con dificultades non debían ser enviados ás colonias de traballo estatais senón que debían ser atendidos en Institucións médicas e pedagóxicas. 

Grunya Sukhareva morreu en Moscú no 1981 á idade de 89 anos. 

Máis información:

Neurociencia: Autismo
Revista eipea número 1, 2016: eipea
Wikipedia: Grunya
Al otro lado del espectro: TEA
Ciencias de la educación: Discapacitodos
Mujeres con CIENCIA: Sukhareva
Neuropíldoras: Neurocientíficas
Tik tok: Vídeo