Visibilización de mulleres moito e pouco coñecidas que deixaron a súa pegada ao longo da historia e recompilación de recursos que falan de historias de mulleres esquecidas, silenciadas ou borradas das crónicas polo patriarcado.
Filla dunha familia da burguesía barcelonesa do século XIX, Dolors Aleu sacou proveito da súa posición privilexiada e convirtiuse na primeira muller en conseguir un doctorado e exercer a medicina en España. Na súa tese utilizou os argumentos médicos que tan ben coñecía para criticar o uso dunha das prendas femininas por excelencia: o corsé.
Tal día coma hoxe, 19 de febreiro, pero en 1913 falecía en Barcelona. Nacera o 7 de abril de 1857
Foi a primeira muller licenciada en Medicina de España e a primeira médica en alcanzar o título de doutora.