BARRA DE MENÚ

Laura BASSI

A PIONEIRA DA CONCILIACIÓN


Laura María Catharina Bassi foi unha científica italiana do século XVIII, filósofa, poeta, docente, madre de familia numerosa, segunda muller doctorada en Europa, primeira nunha cátedra universitaria e gran loitadora pola igualdade. 
Naceu en Bolonia o 29 de novembro de 1711 e faleceu na mesma cidade o 20 de febreiro de 1778.
Un cráter do planeta Venus leva o seu nome.
Foi unha pioneira na conciliación da vida familiar e profesional xa que logrou ter unha gran familia (12 fillos e fillas) e adicarse á ciencia, aínda que tivo que superar moitos atrancos.
Pero as súas contribucións foron totalmente ignoradas e non só non aparecen referencias súas nas historias oficiais da ciencia, senón que algúns historiadores afirman que só impartiu leccións privadas na súa casa, pese a estar documentada a súa docencia na Universidade de Bolonia durante máis de coarenta anos.
Nena prodixio, con vinte recibiu unha coroa de loureiro de plata e deu un discurso de aceptación en latín. O Senado de Bolonia creou unha medalla na que ela aparecía nunha cara e Minerva –a deusa da sabiduría– na outra, xunto coa inscripción ‘Soli cui fas vidisse Minervam.
O papa Benedicto XIV creou unha nova praza, a vixésimo quinta, entre os Benedettini para que fose ocupada por Bassi. Co seu marido Giuseppe Veratti inaugurou un laboratorio e unha escola privada de física experimental no seu domicilio, que pronto fíxose famosa en toda Europa.

Máis información:
El País: Laura                                         Projecto Continua: Filósofa
Mujeres con Ciencia: Científica           Mujeres en la historia: Minerva
Wikipedia: Bassi                                    BBC: Licenciatura