A PRIMEIRA XORNALISTA CULTURAL ESPAÑOLA, E GALEGA
Luz Morales Godoy naceu na Coruña en 1889 e faleceu en Barcelona en 1980. Adicou toda a súa vida ao xornalismo activo e durante a guerra civil española tamén foi pioneira por, sendo muller, dirixir un xornal, A Vanguardia, polo que foi denunciada en 1940 e engaiolada nun convento 40 días, sendo rehabilitada en 1978. Comezou a súa carreira periodística dirixindo, desde 1921, a revista El Hogar y la Moda, precursora de Lecturas, e tendo unha páxina semanal titulada La mujer, el niño y el hogar no diario El Sol.
Pero para poder editar algúns dos seus escritos tivo que firmar con pseudónimos masculinos, como "Felipe Centeno", personaxe galdosiano, Ariel e Xurxo Marineda en recordo da súa cidade natal.
Obtivo a medalla e diploma de caballero das Palmas Académicas de Francia; o lazo da Orden de Isabel a Católica; o premio nacional de teatro en 1963, o premio de periodismo barcelonés Eugenio d'Ors, o premio de periodismo Ciudad de Barcelona, ... E un par de premios reciben o seu nome homenaxeándoa, un de periodismo e outro de investigación audiovisual.
Segundo Nuria Varela deberíase inscribila dentro do "feminismo difuso" por exercer de feminista sen sabelo. Nunha entrevista en 1972 sentenciou: "Ni feminismo, ni masculinismo. Hombres y mujeres, personas, como Dios nos ha hecho".
Foi amiga de Lorca, Malraux e Gabriela Mistral.
Estivo moi ligada á madrileña Residencia de Señoritas, que dirixía María de Maeztu. Desta relación xurdiu a súa elección como directora da Residencia de Señoritas Estudiantes, que polos anos treinta fundarase en Barcelona, no palacio de Pedralbes.
Mª Ángeles Cabré realizou a súa biografía en 2017, "Luz Morales, la pionera del periodismo".
Máis información en: