BARRA DE MENÚ

Enheduanna

A primeira escritora coñecida da historia

A forma máis antiga coñecida de escritura chámase cuneiforme. Utilizada por primeira vez fai máis de 5.000 anos, parece que é anterior aos xeroglíficos exipcios.

Varias sociedades que vivían en Mesopotamia usaron o cuneiforme como o seu sistema de escritura, incluidos os sumerios e os acadios.

Prensadas sobre arcilla, as tabletas cuneiformes son increíblemente duradeiras, son literalmente ignífugas, pero durante miles de anos, ninguén podía traducilas. Despois de moito ensaio e erro, a escritura cuneiforme finalmente foi descifrada no século XIX. 

O disco de Enheduanna foi descuberto polo arqueólogo británico Charles Leonard Woolley e o seu equipo de excavación en 1927. Ao descifralo atopouse que a primeira obra literaria coñecida en toda a historia rexistrada foi escrita por unha muller, a poetisa acadia Enheduanna (2285–2250 aC).

Non era fácil ser muller en Mesopotamia, pero as mulleres de familias ricas eran tratadas bastante ben. Así foi o caso de Enheduana que era filla de reis, do rei Sargón de Acadia e da raíña Tashlultum. Tivo varios irmáns: Rimush, Manishutusu, Shu-Enlil. Tamén foi tía do rei acadio Naram-Sin. O caso de Enheduanna amosa que as mulleres podrían alcanzar posicións extremadamente altas e importantes na relixión mesopotámica.

Así, ela ostentou o importante cargo político-relixioso de «Suma Sacerdotisa» no templo do deus Nannar (a Luna). E escribiu varias obras relixiosas que daban loubanzas ás deusas da lúa e o amor. 

poesía de Enheduanna contén elementos autobiográficos, como descripcións da súa loita contra un usurpador do seu cargo, Lugalanne.

É considerada a autora máis antiga coñecida e unha das primeiras mulleres na historia cuxo nome se conserva.

Enheduanna foi sen dúbida unha adelantada ao seu tempo e unha das personalidades máis fascinantes do mundo antigo. Ela mesma debía de ser consciente dilo, pois non en vano escribiu ao comezo dos seus himnos: "Meu rei, veño de crear algo que ninguén creara antes".

Enheduanna escribiu moitas obras literarias, entre elas dous himnos dedicados a Inanna, a deusa mesopotámica do amor. O labor celestial de Enheduana reflíctese no seu nome, que significa “ornamento do ceo”.

Tamén se lle adxudica a autoría do mito de Inanna e Enki, unha colección de 42 himnos.

Polo tanto, o primeiro autor coñecido dunha obra de arte era poeta, muller, aristócrata e alto cargo do seu goberno.

Más información:  blog.rtve, bbc, descubrir, entre nosotras, secretosvídeo, wikipedia