ACNÓDICE, primeira xinecóloga
Hagnodiké foi a primeira muller médica e xinecóloga ateniense. Naceu en Atenas hacia o ano 300 a C. O seu nome en grego significa “casta ante a lei". No século IV a C, as mulleres non podían exercer no campo da medicina. Por este motivo, Agnódice tivo que facerse pasar por un home para poder cursar medicina a máns do coñecido Herófilo, que daba clases de obstetricia e xinecoloxía. Foi unha alumna brillante que destacou nos seus exames e logrou chegar a ser xinecóloga sendo, a ollos alleos, un home.
Grazas a súa eficacia era recoñecida entre as mulleres atenienses, feito que provocou o recelo do resto de médicos que acusaron a Agnódice de seducir ás súas pacientes e levárona ao Areópago (Monte que se sitúa ao oeste da Acrópolis).
Ela soamente confesara o seu segredo a aquelas mulleres que atendía médicamente,o que proporcionou confianza nas súas relacións profesionais e incrementou o xénero feminino nas súas visitas.
Foi xulgada por corromper ás esposas dos homes, tras isto Agnódice tivo que revelar a súa verdadeira identidade, recoñeceu públicamente que era unha muller.
Isto fixo que a condenaran a pena de morte, neste momento todas as mulleres para defendela ameazaron con morrer xunto a ela se cumplíase a execución.
Grazas a elas, Agnódice foi liberada e se lle permitiu seguir exercendo no campo da medicina. E aínda máis, un ano despois se modificou a lei para permitir que calquera muller poidera estudar e exercer a medicina e tiveran unha remuneración polos seus servizos.
No mundo grego antes de Agnodice, as mulleres podían encargarse do coidado de persoas enfermas e tratar de investigar o funcionamento do corpo e as causas das enfermidades. Tamén se lles permitía ser parteras e axudar no alumbramento pero non podían exercer a medicina.
O xuizo de Agnódice provocou o cambio nas leis atenienses permitindo ás mulleres estudar medicina. A historia de Agnódice tamén foi utilizada ao longo do século XVII polas parteras para defenderse das profesións dominadas polos homes que querían incorporar o estudo da medicina no parto.
Como en tantas otras ocasións hai que buscar nos textos clásicos para atopar algunha referencia sobre a súa figura aínda que neste caso só se dispón do que explica Higinio e pouco máis.
Naceu e morreu en Atenas e a súa familia pertenencía á alta sociedade. Seu pai, cidadán ateniense, consentiu que a súa filla se trasladara a Alexandría para aprender de Herófilo, un dos máis grandes médicos de aqueles tempos, pero para poder facelo debía esconder a súa condición de muller pois as leis de Atenas prohibían que calquera muller estudara Medicina.
Parece ser que na escola de Herófilo tampouco permitían o acceso ás mulleres pero non así noutras escolas filosóficas e científicas como no caso das pitagóricas ou as discípulas de Platón, Laeste e Axiota.
Agnódice cortou o pelo, vestiuse como un home vendouse os peitos para que non se lle notaran, aprendendo como un home e destacando rápidamente por enriba de todos eles. Así aprendeu a súa arte.
Cando regresou a súa Atenas natal comezou a exercer -sempre como home-. Moitas mulleres da cidade rexeitaban ser atendidas por un home cando tiñan un problema xinecolóxico, tanto era así que preferían morrer e perder ao bebé no parto antes que ser vistas. En aqueles tempos, calquera podía exercer de médico e non era necesario ter estudos así que pouco tempo despois de comezar a exercer Agnócide, comenzou a destacar.
Un día, mentras regresaba a súa casa, viu unha muller en medio da rúa que se puña de parto. Aproximouse para atendela e ao percatarse a muller que un médico dispoñíase a examinala negouse sen dubidalo. Agnócide, nun susurro, reveloullr que era unha muller como ela. A parturenta, recelosa ao principio, permitiu que lle axudara.
O parto saiu perfecto e a muller en agradecemento recomendou ás súas amigas que se deixaran atender por ela pero iso si, sen revelar o seu segreto.
A súa clientela aumentou ante a envexa dos seus colegas que para desprestixiala fixeron correr o falso rumor de que violou a dúas pacientes. Ante tal acusación se lle denunciou no Aerópago e foi levada ante os arcontes e maxistrados.
Os feitos eran considerados tan graves que podía ser condeada a morte. Agnócide, para demostrar a súa inocencia espiouse diante de eles amosando que se lle acusaba inxustamente por ser unha muller. Non había ningunha dúbida, o era, retirándose os cargos ao instante aínda que agora sería acusada de algo peor: exercer a medicina sendo unha muller.
Entón ocurriu algo imprevisto. As mulleeres de Atenas que foran atendidas por Agnócide comezaron a movilizarse na súa defensa. As casadas cos responsables do xuizo presionaron aos seus maridos para que se le absolvera. Outras decidiron non ter relacións sexuais para así non ter fillos e librarse de parir. Dicían:
“Se ela non pode achegarse aos nosos corpos enfermos, tampouco o faredes vós aos nosos corpos sans”.
Mesmo algunhas se reuniron ante o templo dicindo que se era executada, tamén elas querían sufrir a súa pena. A presión produciu efecto e acabaron absolvéndoa, permitindo que exercese a medicina como muller.
Un ano despois, o consello ateniense derrogou a lei autorizando a todas as mulleres que quixesen, estudar e practicar a medicina, pero cunha condición: debían ocuparse só das mulleres. As comadronas atenderían os partos que non revestisen complicacións pero se xurdían problemas deberían chamar ao médico.
Mito ou real, na Escola de Medicina de París se atopa unha medalla que lembra a esa muller que quixo exercer a xinecoloxía. Unha muller de nome, Agnódice, a “casta ante a lei”. Certo ou falso, o importante é o relato en si, unha lenda que persistiu durante máis de 2.000 anos e que dá sentido a algo que non se conseguiu ata hai moi poucos anos: o acceso legal das mulleres a unha profesión.